Venres. 26.04.2024
El tiempo

A boa saúde da canteira da Costa da Morte

A boa saúde da canteira da Costa da Morte

Pleno verán e as categorías base non descansan. Vimos esta pasada fin de semana como se desenvolveu o

  • Manuel Andújar en Dumbría, no que o conxunto local acadou o título en alevíns. Tamén vimos como a canteira da Costa da Morte demostraba o seu potencial no Torneo de Cabana. E esta fin de semana volverán ter citas en sendos torneos en Corcubión e na Picota.

    Pero hoxe queremos facer un repaso á tempada dos nosos pequenos. E comezamos falando dese Cabana que quedou a un só gol da Liga Galega Cadete. Un Cabana que só reafirma que o seu mimo ás categoría inferiores é exemplar. Cun equipo na 3ª da Costa, os equipos de base son potencias respetadas en todas as categorías, e hai ben pouco que o equipo xuvenil disfrutou dun anos cos mellores do país-.

    Non tivo tanto éxito como esperaba a familia do Dumbría. Tras arrasar en varias das ligas locais, os equipos infantil e cadete participaron sen éxito na Fase de Ascenso e foron eliminados por Peleteiro e Cruces. Con todo, parece que o tempo porá a cada quen no seu sitio e a aposta do Dumbría, facendo dos seus equipos verdadeiras seleccións, seguro que acada bos resultados.

    Pero hai outros conxuntos que merecen mención. Como o Fisterra, que veñen de quedar campións por partida doble. Primeiro acadaron o título de campións do Grupo Sur na categoría Benxamíns nas Ligas Comarcais de F7, nunha tempada na que non perderon partido, e deixaron ao segundo a 7 puntos de distancia. Toda a familia celebrou unha festa na hamburgueseria Rombos, co seu adestrador Miguel Olveira, os colaboradores Carmen María Ballón, Alejandro Lagoa e o concelleiro de deportes Santiago Insua.

    A canteira carnotana tamén acadou excelentes resultados. Os equipos das Escolas de Fútbol Concello de Carnota subiron ao podio nas 3 categorías das Liga Comarcal Costa da Morte de FS. Os alevíns quedaron no terceiro posto, os infantís quedaron subcampións e os benxamíns campións. Posteriormente os campións da liga rematada xogaron o Campionato Intercomarcal e aquí os benxamíns conseguiron ser subcampións. Ademais, na competición de Fútbol 7, os benxamíns quedaron de terceiros e os alevíns de segundos.
    O seu entrenador, Alfredo Cambeiro, destaca que o máis importante é a progresión de moitos rapaces capacitados para cotas máis altas en categorías superiores así como o gran número de rapaces prebenxamíns e benxamíns (arredor de 40) que se están a entrenar nas Escolas de fútbol deste Concello facendo posible un futuro deportivo moi prometedor.

    Atentos tamén a outros proxectos, como o das Escolas Deportivas do Ponteceso SD, que xa está en marcha pensando na campaña que vén.

    Maratóns desta fin de semana

    Novas relacionadas

    Máis información

    Fonte

  • Comentarios