A caravana do tenis de mesa soneirán parou en Vimianzo


Segue a familia zaense do Anorthosis Vimianzo a espallar o tenis de mesa pola comarca. Ademais, colle a caravana deportiva e vai alí onde o solicitan. Así, esta semana acudíu ao IES Terra de Soneira de Vimianzo e participou nas actividades programadas polo centro como colofón deste 2º trimestre, e dentro delas estaba o tenis de mesa.
A profesora de Educación Física xa lles ensinara algo pero os alumnos querían ver máis, e como representante da comarca do deste deporte o Anorthosis Vimianzo. Contou o Anorthosis coa colaboración do Oroso Tenis de Mesa que desprazou a Javier Obelleiro (xogador de superdivisión) e Valery Malov (ex-xogador profesional e máximo responsable do Oroso TM) e con eles estiveron Stevo e Ana García (deixou as súas clases coa autorización dos profes do CPI de Zas para dar clases aos alumnos de Vimianzo).
Disfrutaron os alumnos do IES Terra de Soneira de como xoga un da superdivisión e poideron pelotear con el e tamén por suposto con Stevo e Ana. Non así con Valery Malov que con problemas de espalda dedicouse a dar instruccións a todos/as e que a maioría se mostraron encantados con este deporte. Moitas alumnos e algúns dos alumnos xa prometeron que pasarían pola actividade que se está a realizar as tardes do mércores e xoves nas instalacións do CEIP "San Vicente" do mesmo Vimianzo.

Nova sesión por Semana Santa
E non decae a actividade deportiva nesta Semana Santa pois a familia soneirá acudirá aos campionatos galegos veteran e infantil este 28 e 29 de marzo. Ao campionato de veteráns acudirán Stevo e Chris Roy tanto aos individuales e dobres como ao de equipos (Concello de Zas Aquacenit) de +50 anos. E ao infantil irán Ana García, Laura Quintáns e Brais Blanco en Individuales o sábado e Ana e Laura como integrantes do equipo Aluminios Xeal o domingo.
Ademais, o vindeiro fin de semana (sábado santo e domingo de pascua) os campionatos galegos xuvenil e benxamín serán en Noia. Alí acudirá tamén Ana García xunto coas benxamíns Laura García e Lucía Roget que farán o seu estreno nas competicións. O domingo tamén acudirá na modalidade de equipos o Aluminios Xeal integrado nesta ocasión por Ana e Marta Costa.
Crónicas da temporada
- O Anorthosis aférrase á loita polo ascenso.
- As rapazas do Aluminios Xeal lideran a 2ª Nacional de tenis de mesa.
- O Anorthosis déixase o liderato en Oleiros.
- O Anorthosis volve a tomar o mando.
- Centos de rapaces fixeron do tenis de mesa unha festa en Zas.
- O Anorthosis tropezou.
- O Anorthosis retoma o camiño do ascenso.
- Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis.
- O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional.
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.