A Carreira de Cabana deixa máis apretado o Circuto Correndo pola Costa da Morte
Segue apretada a Clasificación Xeral do Circuito Correndo pola Costa da Morte. Este sábado Cabana acollía a 7ª proba desta primeira edición do circuito costeiro, a I Carreira Popular Dolmen de Dombate. Foi todo un éxito de participación e organización, con centos de pequenos e maiores correndo polas estradas cabanesas.
No deportivo, a atención céntrase na categoría Sénior Masculina, onde un coristanqués e un vimiancés seguen pelexando polo título. Desta volta, o de Coristanco, Cristian Muíño, despois de vender en Corcubión non puido participar, e o seu perseguidor na clasificación xeral, o vimiancés Míchel Antelo, non perdeu ocasión para recurtar a vantaxe. Aínda terá que remar o de Vimianzo, pois Cristian leva só 6 puntos en 6 carreiras (un punto por cada 1º posto en cada carreira) polos 10 puntos que suma Míchel nas 5 carreiras que puido participar.
Míchel facía 35’30’’ en completar os 10 km, a proba raíña, e recibíu un fermoso trofeo, algo pouco habitual pola volta. 20 segundos máis empregou o carballés Andrés Eirís. Terceiro foi o compostelán Xosé Antón Barreiro, e nas primeiras posicións atopamos máis costeiros: o xalleiro Ricardo Villar na 6ª praza; os ceenses Kiko Lago e Javier Novo, 9º e 10º; o vimiancés Enrique Santos, 12º, ou o pontecesán Fernando García Lema, 13º; o carballés Mario Pardo (16º); o camariñán Manuel Canosa, 17º; o tamén carballés José Río Insua, 18º; ou o malpicán do Castro da Croa Marcos Ordóñez, 19º.
Unha demostración de que esto do atletismo está de moda na Costa da Morte.
Resultados no Championchipnorte
- CARREIRA ABSOLUTA (10K). DISTANCIA: 10000 M.
- CARREIRA ABSOLUTA (6K). DISTANCIA: 6000 M
- CARREIRA XUVENIL. DISTANCIA: 6000 M
- CARREIRA INFANTIL E CADETE. DISTANCIA: 3000 M
- CARREIRA ALEVIN. DISTANCIA: 1000 M
- CARREIRA BENXAMIN. DISTANCIA: 1000 M
- Cristian Muíño e Míchel Antelo pelexaron na simpática Carreira Popular de Corcubión.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- 2013: Grande a XXII Carreira das Areas en Carnota.
- 2012: 118 corredores disputaron a máxica Carreira das Areas de Carnota.
- 2011: A Carreira das Areas triunfou un ano máis.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Clasificación Xeral: Clasificación Xeral do Circuito Correndo pola Costa da Morte.