Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas

A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas
Escola do At Madrid en Dumbria

Xa está aquí a segunda tempada da Escola de Tecnificación da Fundación Atlético de Madrid. Despois da exitosa primeira campaña, que culminou co soño de xogar no Calderón, e tras armar un completo Campus de verán con 40 rapaces, a nova temporada comeza no Conco en clave colchonera.

Durante esta semana, o responsable da Escola, Héctor Antelo, está presentando o proxecto nos Clubs da Costa da Morte, recordando que é unha actividade aberta a todos os nenos e nenas entre 4 e 17 anos que lles guste o fútbol e queiran perfeccionar aspectos relacionados co mesmo nun ambiente idóneo para iso.

A presentación oficial desta nova campaña será o vindeiro luns 13 de outubro, cando o Conco abrirá as súas portas a unhas xornadas gratuitas para todo o que queira coñecer de preto o método de traballo deste equipo de grandes formadores, co único requisito de anotarse chamando ao 696 449 023, para que as sesións poidan planificarse en base ao número e idade dos asistentes.

A xornada de portas abertas repetirase o luns 20 de outubro, e a partir do día 27 comezará a Escola a funcionar regularmente, que durará ata finais de xuño. Xa saben que a Escol acolle rapaces de 4 a 17 anos, os adestramentos serán os luns de 19:00h a 20:30h no Conco.

Campus do Atletico de Madrid en Dumbria

Máis información e inscricións

O prezo de matrícula ordinaria é de 80€ máis 90€ cada trimestre. Calquera información pódese solicitar a través do 696449023 número do Coordinador da Escola, Héctor Antelo, no 913642234 ou no mail [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios