venres. 06.12.2024
El tiempo

A familia Anorthosis remata a tempada e soña co ascenso nos despachos

A familia Anorthosis remata a tempada e soña co ascenso nos despachos

Vitorias fáciles para os equipos da comarca de tenis de mesa, na última xornada da tempada. Anorthosis e Angepón poñen así o broche a unha temporada satisfactoria para todos os equipos do clube Anorthosis Vimianzo.
Pero ollo, que con estes resultados o Anorthosis consigue a 3ª praza desta 2ª División Galega Centro 2011-2012, con opcións ao ascenso. Queda 9º na clasificación xeral galega, na que ascenden directamente 6 máis os descartes ou equipos que desaparecen e ascensos a 2ª nacional, normalmente 8 ou 9. Teremos que esperar ata agosto ou setembro para sabelo.

O Concello de Zas Angepon consegue manterse na categoría, que era o abxectivo dende principio de temporada, despois de gañar 5 dos 6 últimos encontros. Queda pois na 7ª posición, o Concello Zas Angepón, sumou 20 puntos, empatado a puntos con 3 equipos, pero con mellor "golaverage" que os Hípca, e Breogán Oleiros C e D.

Resultados 2ª Galega. Grupo Centro

  • Anorthosis Vimianzo - Oroso Trastes (6-1 // 20 - 8)
  • Liceo Senior - Concello Zas Angepon (0-7 // 4 - 21).

Vitorias fáciles para os equipos da comarca, unha, a de Anorthosis ante o colista do grupo e ao que lle deixaron xogar e facer bastantes sets.
Pola súa banda, o Concello de Zas Angepon que xogou contra un xa ascendido Liceo Senior e que alineou a xogadores en formación, de aí ese marcador abultado.

Remata así unha tempada que esperemos que den ánimos para seguir espallando este deporte pola bisbarra.

Agora tocan as ceas de despedida habituais nestes casos, pero non deixarán os entrenamentos para mellorar e poder empezar con forza a vindeira temporada.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas de tenis de mesa

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios