A Liga de Veteranos amosa o seu poderío
Xa van 5 xornadas de Liga de Veteranos e as cousas vanse colocando no seu lugar. Pero son moitos os que asoman a cabeza na zona alta da 1ª División e poucos os que irán quedando arriba co paso das xornadas.
Polo de pronto o Cabana amósase moi forte no liderato, pero de momento non tivo enfrontamentos directos, se ben esta fin de semana ten un derbi Ponteceso-Cabana, que pode ser definitivo para medir o nivel do Cabana. I é que o Ponteceso ten un equipo moi novo e está moi preto, a tan só 5 puntos do líder, polo que intentará romper a súa imbatibilidade. Terao complicado pois o Cabana manté o mesmo bloque do ano pasado, pero coa incorporación de Mino, xogador que estivo en 3ª División, e máis do novo porteiro Lamán, que permite que Felipe se poña arriba, consegue un equipo moi forte.
2º está un Xuv. Bergantiños que superou no derbi carballés ao Bergantiños. Xa o Xuv. na Copa estivo moi ben, e este ano segue con moitos xogadores de Coruña e con gran nivel,e pode quedar nos postos de arriba.
Pero parece que o Castriz volve ser este ano o equipo a batir. Suma 10 puntos cun partido memos e con 3 vitorias e un empate en Corcubión, outro dos favoritos que xa lle sorprendeu na final da Copa do ano pasado. Os xalleiros contan con incoporacións como a de David Velo, o segundo David Velo do equipo tralo que foi o máximo goleador do ano pasado. Pero tamén teñen a Furri, Serra, Mata ou o porteiro Mané que forman un cadro de tremenda calidade.
O que tamén asoma a cabeza é o San Román, un deses equipos que sempre aí, pelexando pola Liga. Este ano non empezou de todo ben, pero seguro que vai ir mellorando como o fixo esta fin de semana coa vitoria en Baio.
E foi un partidazo o Corcubión-Soneira, que rematou con vitoria local por 4-3. O Corcubión leva 3 anos e este ano quere seguir dando que falar aos de arriba. Conta cos clásicos como Domingos, Isidro ou o goleador Miguel, e os máis novos Martín, Serxio ou Adán.
Pola súa banda o Soneira, recén ascendido tras arrasar o ano pasado en 2ª, e comandado por un Miguel imponente, comezaba moi ben pero que leva dúas derrotas seguidas, iso si, ante dous favoritos como Xuv. Bergantiños e Corcubión.
Por abaixo, parece que o Vimianzo, que xa descendera o ano pasado safou polos descartes, é un dos que van pasaro problemas e aínda non estreou o taboleiro dos puntos. Preto, con tan só 3 puntos, atopamos a Zas, Baio, e Bergantiños que terán que mellorar se non queren ocupar a outra praza de descenso.
En 2ª División, está destacado o Corcoesto con 13 puntos, e é claramente un dos favoritos, mellorando moito dende o ano pasado. Pero atentos ó Cerqueda, que está a tan só 3 puntos tras vencer en Camelle con solvencia; e ó At. Milagrosa, que tamén moi forte como demostraba esta fin de semana ante o Malpica.
Novas dos Veteranos
Blogs dos Veteranos
- A bitácora da semana (CLXXXIII): O blog do Castris de Veteranos.
- A bitácora da semana (CIII): O blog dos Veteranos de Corcubión.
- A bitácora da semana (LXXII): O blog do Xuventude de Bergantiños.
- A bitácora da semana (LXXI): O blog do C.D. Nantón.
- A bitácora da semana (XLIX): A bitácora da semana (XLIX): Os blogs do veteráns (Comité, Ponteceso e Camariñas).
- A bitácora da semana (IXL): O blog dos veteranos do Malpica.
- A bitácora da semana (X): O blog dos Veteranos de Cabana.
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Fisterra fai prevalecer o verde.
- 3ª Autonómica: O Porteño pega forte.
- 2ª Autonómica: Á caza do líder.
- 1ª Autonómica: Deixando escapar puntos
- Preferente: Entre os 8 primeiros.
- Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar.
Artigos deportivos
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Fisterra fai prevalecer o verde.
- 3ª Autonómica: O Porteño pega forte.
- 2ª Autonómica: Á caza do líder.
- 1ª Autonómica: Deixando escapar puntos
- Preferente: Entre os 8 primeiros.
- Resultados do fútbol da Costa na fin de semana do Pilar.
Artigos deportivos
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: O Míster.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).