Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A moda das Rutas BTT repite en Santa Comba

A moda das Rutas BTT repite en Santa Comba

Coa mente posta xa na 1ª Ruta BTT da Camariña deste domingo 13 de maio, as bicicletas de montaña xa van reservando a seguinte cita. I é que a moda BTT está arrasando na zona e non hai carreira que non conte con menos de 200 participantes.

A vindeira cita será nas Terras do Xallas o vindeiro domingo 27 de maio, nunha 2ª edición, máis longa, máis dura e, tamén, máis fermosa.
Este ano, ademáis da espectacular zona da Mina de Varilongo, engádese un paso polo alto de San Barlolomeu, ó que se accederá por un camiño antigo, empregado polos veciños da zona para acceder á capela do Santo antes da construcción da estrada actual. Nese alto, os participantes poderán desfrutar dun merecido avituallamento, antes de continuar ata completar un percorrido de 46 quilómetros, dos que case a súa totalidade, trancurrirán por pistas e camiños forestais.

Ruta de degustación

Esta II Ruta que se celebra en Santa Comba, non será competitiva, e nela pode participar calquera ciclista afeccionado, maior de 18 anos. A cita para a recollida de dorsais será no Recinto Feiral xalleiro a partir das 9:00h da mañá. No mesmo recinto estará instalada a meta, e os ciclistas terán á súa disposición duchas e zona de limpeza para as bicicletas.
Con posterioridade ó remate da proba, tódolos participantes que o desexen, poden compartir unha comida de confraternidade nun restaurante da localidade.

Inscrición

A proba contará cunha capacidade máxima de 300 participantes, todos asegurados, que poden facer xa a súa inscrición ata o venres 18 de maio do 2012 as 00:00 horas.
Para elo terán que ingresar 12 euros a ingresar no nº de conta de La Caixa: 2100 4868 27 2200023736 (indicando no concepto “INSCRICIÓN RUTA BTT TERRAS DO XALLAS”). Ademais hai que confirmar a inscrición nos teléfonos 981 81 87 10 ou 620 775 615 ou enviar un resgardo bancario da transferencia o mail: [email protected] , indicando nome, DNI, data de nacemento e procedencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Deportes do Concello de Santa Comba.

Comentarios