mércores. 30.04.2025
El tiempo

A peña 'Marea Nejra' organiza un torneo de fútbol 3

A peña 'Marea Nejra' organiza un torneo de fútbol 3
A peña seguidora do Fisiober, 'Peña Marea Nejra', organiza durante os días 1 e 2 de agosto o seu I Torneo de Fútbol 3. O polideportivo municipal de Vimianzo acollerá esta cita deportiva que contará coa participación de moitos dos deportistas da bisbarra. Neste campionato con fins altruístas (apoiar ao Fisiober Fútbol Sala Feminino) cada equipo participante pode ter un máximo de 5 xogadores. As prazas para o torneo son limitadas e xa son numerosos os equipos que confirmaron a súa asistencia. A data límite para inscribir un equipo é o día 31 de xullo, antes de que se efectúe o sorteo de emparellamentos. A organización facilita varios números de teléfono, onde respostarán ata por WhatsApp a calquera petición de información.

Comentarios