A Selección Galega de Surf volve a Malpica
Como xa fixera o ano pasado, a Selección Galega de Surf toma Malpica como base de operacións. O equipo realizará a súa primeira concentración desta campaña esta fin de semana do 9 ao 11 de maio. Reuniranse 12 deportistas de categorías xuvenís no Silfo Surf Camp situado na Seiruga, Malpica. O equipo será dirixido polo seleccionador Jesús Mª Guerra Naverán, que preparará aos rapaces para os campionatos oficiais da tempada.
Lamentablemente non temos ningún costeiro entre os deportistas convocados. Chegan dende A Coruña, Pontevedra, e Ferrol, onde precisamente, en Pantín, Valdoviño, terá lugar a segunda concentración do 27 ao 29 de xuño.
Unha vez finalizadas as concentracións do equipo da Selección Galega de Surf, seleccionaranse aos deportistas máis sobresalientes para participar nos campionatos oficiais que serán os seguintes.
- Campionato por equipos de España 2014 en praia de Doniños (Ferrol) do 4 ao 6 de Xullo.
- Xogos Náuticos Atlánticos 2014 en Francia do 14 ao 19 de Xullo.
A pasada tempada, a Selección Galega de Surf quedou en 3ª lugar no Campionato por Equipos de España 2013, fronte a dous rivais moi importantes, como son Canarias e Cantabria.
En canto ao campionato de Xogos Náuticos Atlánticos 2013, os cales celebráronse en Portugal o pasado ano, a Selección Galega de Surf quedou 4ª na clasificación da disciplina do surf.
E atentos, que fin de semanas Letras tocan a 2ª Longboards Classic de Malpica con deporte, música e viño.
Novas relacionadas
- Malpica prepárase para a invasión dos Longboards.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- As praias da Costa da Morte acollerán 5 citas do Circuito Galego de Surf 2014.
Máis novas
- A praia do Faro vibrou co campionato de body.
- A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- Malpica vende fotos na lonxa.
- Soesto e Malpica atraeron o surf galego á Costa da Morte.
- Desafiando ao vento da Costa da Morte en Paddle Board.
- A Selección Galega de Surf toma Malpica como base de operacións.
- Nemiña volveu convertirse no centro surfeiro do país.
- Malpica abriu a temporada de surf na Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica.
Outras novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).