Aínda está o pazo aberto para enlamarse no Duatlón de Reis de Vimianzo desta fin de semana
Tivera que ser suspendido polo temporal o Duatlón de Reis de Vimianzo. Pero xa chega a gran data escollida. Este domingo 21 de febreiro, os 195 inscritos, de momento (está aberto o prazo ata o xoves ás 23:59h), sairán percorrer os montes soneiráns.
Onte estivo a organización comprobando o percorrido e todo está en orde: as sinais no seu sitio, pero tamén “as pozas de auga no seu lugar, e o máis importante, a lama onde ten que estar!!”. Polo menos haberá que botarlle humor para enlamarse ben.
Novidades
Este ano hai varias novidades, como a de engadir unha nova categoría, xa que o primeiro e primeira clasificados empadroados no noso concello tamén levarán trofeo. Pero ademais todos os participantes que suban ao podio (1º, 2º, 3º absolutos masculino e feminino; e 1º local masculino e feminino) van ser agasallados cunha cesta de produtos alimenticios gracias á colaboración de catro empresas da parroquia de Salto (lugar onde se realiza a proba). Ditas empresas son Agrosoneira, Grupo Benedicto, Clínica Vimanzo Saúde , e Vístete Tenda de Moda.
As orixes
Novas relacionadas
- 2014: O mal tempo non impediu que o Duatlón de Reis de Vimianzo fose un éxito.
- 2013: Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa.
- 2012: A San Silvestre disfrazada de Baio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).