Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”

Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”
Alfredo Relano fala sobre o Desafio do Atlantico

Traspasa fronteiras o Desafío do Atlántico. E así o refrenda esta entrevista que veñen de realizar ao mesmo Alfredo Relaño, director do diario AS e un dos xornalistas con máis traxectoria do noso país. Foi un dos homenaxeados durante a presentación do evento o pasado mes de xaneiro en FITUR, e esta nos envía estas respostas.

Un Relaño que recoñece que non coñecia este emprazamento «privilexiado» da península ata que a Volta a ensinou ao mundo

  • P. ¿Por que aposta o diario AS polo Desafío do Atlántico?
    R. Polo deporte popular e pola paisaxe, a ecoloxía… É unha zona de España moi bonita que por certo, eu non coñecía ata hai pouco. Coñecina grazas ó ciclismo. Paréceme un lugar privilexiado, estiven dúas veces alí. Cando me falaron disto mostreime encantado. Merece a pena.

  • P. Que pensou cando viu Ézaro por primeira vez en televisión?
    R. Ir, sinceiramente, ir. Eu estivera por Galicia bastantes veces antes e non sabía que existía este lugar. Pouca xente sabía que existía este lugar, e iso que está cerca de Fisterra, que é un sitio máis visitado. Acórdome que falei con Javier Guillén, o director de la Vuelta, e me dixo que alí estaba o único río de Europa que desemboca en fervenza. Chamoume moito a atención. E este verán, cando estiven en Galicia de vacacións coa miña familia, tiña moi en mente achegarme. De feito, coñecín o alcalde.

  • P. Comentou na presentación que unha das súas avoas era de Ferrol. Supoñemos que Galicia será un sitio especial para vostede.
    R. Si, por iso fomos este verán. Quería que os meus fillos coñeceran Galicia, aínda que eu á miña avoa nin a cheguei a coñecer. Galicia chámame a atención, ten maxia. Outros sitios teñen edificios bonitos ou outras cousas, pero Galicia ten un punto de maxia.

  • P. Por que en AS, dende o seu nacemento, escríbese tanto de ciclismo?
    R. Gústame a mín particularmente e en xeral gústanos moito. Máis agora que está dando demasiados problemas coa dopaxe. Hai xente que pensa que atacamos o ciclismo porque atacamos a dopaxe. Eu creo que é ó revés, atacar a dopaxe é favorecer o ciclismo. O ciclismo precisa quitarse diso.

  • P. Pensa que agora hai menos afición ó ciclismo que nos años 80-90?
    R. O ciclismo, respecto ó que eu coñecín, ten un problema de competencia. Na miña época existía o que chamabamos a triloxía clásica: fútbol, ciclismo e boxeo, non había máis. Agora hai máis cousas nas que fixarse, aínda que eu sigo vendo que o ciclismo ‘tira’. Tivo un problema de credibilidade, pero creo que se pode recuperar del.

  • P. Cre que as marchas como o Desafío do Atlántico poden axudar a esa recuperación?
    R. Isto axuda moito. Canto máis se saiba e máis se divulgue, mellor aínda. A bici ten tamén nestes tempos un segundo problema, e é que o tráfico comeza a ser relativamente perigoso. Hai bastantes accidentes graves de ciclistas afeccionados dos que pensamos, tamén de profesionais. Vin morrer máis ciclistas que toureiros. Custa máis montar en bici que nos anos 60.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios