Luns. 09.09.2024
El tiempo

Amador Vidal e Francis Lema buscarán repetir título no Bierzo

Amador Vidal e Francis Lema buscarán repetir título no Bierzo
Amador Vidal e Francis Lema xa no Bierzo

Xa o gañaron o ano pasado, tras un trepidante rally con volco incluido do coche 0, se non que se colocou nun liderazgo do campeonato e que xa non abandonarían ata facerse co entorchado nacional.. E aló volven esta fin de semana Amador Vidal e Francis Lema coa intención de repetir título.

Volve o Campeonato de España a 5ª provincia galega, polo que que se espera que se conten por miles os galegos asistentes a esta proba que terá coma epicentro a cidade de Ponferrada.

Inscripción de luxo

Pero Amador Vidal no seu Volksvagen Polo N1 Disiclín non vai estar só no Bierzo, todos os galos do campeonato estarán presentes na proba, dende os lideres do campeonato, Nani Roma no seu Mini Proto e Alex Villanueva nun Mitsubishi EvoX, ata pilotos mundialistas coma o portugues Bernardo Sousa co seu Peugeot 208 T16, ou o chileno Ramón Torres nun Ford Fiesta R5, pilotos que veñen a rodar e que poñen de manifesto o prestixio deste campeonato coa súa presencia. Recordar que Amador Vidal e Francis Lema non son líderes deste campeonato pola presencia no Rallye de Curtis do piloto estonio Karl Kruuda que se fixo coa victoria no seu CS 3 R5 semioficial de Citroen no mundial de Rallyes quedandose o equipo galego segundo clasificado e a apenas 2 puntos do liderazgo do campeonato.

Outros pilotos baixo a estructura de ARV

Pero ademais a estructura de ARV dara covertura técnica a Juan Pablo Castro, teceiro clasificado o ano pasado do campeonato, e que ven de disputar o Rallye de Azores do Campeonato de Europa, e a Pepe Lopez, o xoven piloto oficial de Peugeot España apadrinado polo Campeón do Mundo Carlos Sainz, e que se mostra coma unha das máis firmes promesas do automobilismo español.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios