Anorthosis e Angepón suman mentres Zas se prepara para os campinatos provinciais e galegos
Bos resultados os conseguidos polos equipos de 2ª Galega de tenis de mesa. Pero con máis apuros dos previstos no caso do Anorthosis Vimianzo, que resolveu a vitoria no último partido do encontro onde Marcelino se impuxo a Andrea por un apretado tamén 3-2. Os outros puntos foron conseguidos no dobre e un cada un Miguel e Roi nos individuais.
Estes foron os resultados do pasado fin de semana días 5 e 6 de maio de 2012.
Máis doado foi para concello de Zas Angepon superar a un Hípica Coruña xa descendido de categoría, pois no 5º partido Stevo xa conseguía o punto da vitoria, pasando así a mero trámite os partidos que restaban. Os outros puntos conseguíronse no dobre e Angel, Gonchi e Stevo nos individuais.
En 3ª galega, dúas derrotas, resultados normais xa que se enfrentaban aos primeiros clasificados do grupo.
Resultados 2ª Galega. Grupo Centro
- Anorthosis Vimianzo - Breogan Oleiros "C" (4-3) (17-14).
- Concello de Zas Angepon - Hípica Coruña (5-2) (17 - 9)
Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste
- Concello de Zas P Tivoli - Cambre Promesas (0-7) (4 - 21)
- Concello de Zas O Pinar - Panadería Sigüeiro (1-6) (6 - 18) (xa xogado en febreiro).
Vindeira cita
Esta fin de semana celébranse os provinciais escolares (este sábado 12 de maio), e o campionato galego infantil (domingo) no pavillón do Campo da Serra de Narón, de 10 da mañá a 20:00 da tarde.
Aos provinciais clasificaronse 3 equipos da AD Zas, 2 alevíns femininos e 1 infantil masculino.
No galego infantil participaran os irmáns Andres e Gabriel Bouzas.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas de tenis de mesa
- Sorte dispar para os cadros de tenis de mesa da 2ª Galega.
- O Anorthosis mira de lonxe o ascenso.
- O Anorthosis deixa escapar ao Dubratambre.
- Dúas de cal e dúas de area na xornada de tenis de mesa.
- O Anorthosis cae pero mira ao ascenso.
- Anorthonis e Angepón miden as súas forzas para abrir a segunda volta.
- Boa xornada para pechar o ano para os equipos soneiráns de tenis de mesa.
- 2 vitorias e 2 derrotas para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- O Anorthosis segue sumando e os filiais seguen formándose.
- A deportividade e as vitorias protagonizan a fin de semana do tenis de mesa costeiro.
- Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias.
- Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa.
- Sorte dispar nos resultados de tenis de mesa para os equipos da comarca.
- Os equipos de tenis de mesa do Anorthosis mediron as súas forzas.
- O pinpon espállase pola comarca de Soneira.
- O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto.
- O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
- O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
Outras novas
- Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega.
- Martín Varela tamén gaña en Canadá e EEUU e segue camiño Londres 2012.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.