Arqueiros con medalla municipal
Despois de triunfar no Campionato Galego, (ben é certo que non tanto como o baiés Santi Soneira), tocaba recepción oficial municipal.
E foi o pasado sábado 31 de xaneiro, cando os rapaces do club de tiro con arco Dousxsetenta foron recibido polo alcalde, Manuel Antelo e polo tenente de alcalde, Fernando Mancebo. Estes felicitaron aos rapaces soneiráns polos recentes éxitos acadados no Campionato Galego de Sala celebrado o 17 de xaneiro no pavillón universitario da Coruña.
Ademais, o alcalde tivo o detalle de obsequiar a cada un dos participantes no campionato cunha medalla conmemorativa, independentemente do posto acadado e, despois, tivemos ocasión de desfrutar duns pinchos coma remate de festa. Algo agradecido polos membros do club, que recoñece que o Concello sempre os apoia.
Máis e máis arqueiros
O salón de plenos quedou pequeno durante o acto, o maior éxito do club é a gran cantidade de arqueiros e arqueiras que forman parte del. No ano 2010 comezamos cinco afeccionados co presidente, José María Lema, ao fronte. Hoxe, catro anos despois, somos 35 os compoñentes deste gran club.
A maior parte dos arqueiros/as pertencen ao concello de Vimianzo, aínda que tamén temos deportistas de Cee, Corcubión, Fisterra e Coristanco.
Novas relacionadas
- Santi Soneira, 5º mellor arqueiro desnudo de España.
- O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
- Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego.
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.