Mércores. 18.05.2022
El tiempo

As cores do meu equipo: S.D. Camelle

As cores do meu equipo: S.D. Camelle
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: S.D. Camelle

Camiseta do SD CamelleEscudo e ano de Fundacion do Camelle SD

Aló polos anos 60 xa se disputaban na praia partidos do Camelle C.F. Foi a comezos dos 80 cando se federou o club, pasando a chamarse S.D. Camelle, ao mesmo tempo que se construía o campo do Rodeiro.

A día de hoxe, blanco e negro son as cores do escudo do Camelle, branco e negro son as cores do calado do antigo peirao da parte exterior de Camelle; branco e negro son as cores actuais das camisetas actuais do equipo camellán.

 

Novas relacionadas

comentarios