As Pedreiras, Fisterra e Cee terán que superar outras 3 eliminatorias para ascender



Primeira bala desperdiciada polos nosos campións ligueiros na Fase de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil. Tiñan a primeira proba nunha semifinal ante os campións herculinos e nin As Pedreiras Xuvenil, nin Fisterra Cadete, nin Cee infantil, conseguiron superar nesta primeira eliminatoria a Imperátor, San Tirso e Imperátor.
O venres abríase a fase. As Pedreiras sufría pero aguantaba as embestidas do Imperátor, cun Benjamín espectacular baixo paus, para manter un 2-1 que deixaba aberta a eliminatoria.
Pero na volta, xa o domingo en Verdillo, unha expulsión no m.15 puña a eliminatoria moi costa arriba para os carballeses. Aguantaron todo o partido tendo ademais o balón e buscando a remontada. E non se viñeron abaixo nin co gol dos coruñeses e seguiron percutindo unha e outra vez ata que marcaron o primeiro e tiveron na última xogada, o gol que puido mandar á prórroga a eliminatoria.

Pola súa banda, O Fisterra caía con rotundidade na ida en San Tirso por 5-0 polo que a eliminatoria xa quedaba sentenciaba para o choque deste domingo en Ara Solis, onde os de Fran demostraron un mellor nivel e conseguiron empatar a 3 goles.
Parecía o venres que o Cee podería quedar a un paso do ascenso despois de gañar 2-0 na casa. Pero o domingo fíxose de cor vermella e o Imperátor meteu un 5-0 que acabou coas esperanzas azuis.

Nova fase
Agora os 3 campións volven a Cuartos de final, cos Xallas Xuvenil e Os Miúdos Cadetes. Os 5 equipos terán que superar 3 roldas para ascender.
Novas relacionadas
- Xuvenís: O Ponteceso, novo campión da Copa da Costa Xuvenil.
- Xuvenís: As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega.
- Cadetes: O Fisterra, xa campión, e Os Miúdos, xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete.
- Infantís: O Cee repite a historia da loita xeracional ante o Outes e faise co título infantil.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- O cadro da Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC
- Fotos de José María Suárez