As peñas futboleiras seguen medrando na Costa da Morte
Todos temos constancia do que implica o o Fútbol na Costa da Morte. E se damos conta en QPC do que acontece no Fútbol da Costa, do fútbol dos grandes xa dan conta outros. Pero a bisbarra segue moi pendente do que acontece na Liga das Estrellas, a pesar de ter o seu Album propio.
Hoxe traemos movementos nas peñas deportivistas, colchoneras e merengues, e facemos un chamamento aos olívicos e blaugranas, que seguro que os hai, para que nos dean conta das súas actividades.
Orgullo Deportivista
E como non podía ser doutro xeito (este xornal ten cores declaradas), comezamos pola presentacion oficial da nova Xunta Directiva da Peña Deportivista A´Moa. Unha presentación que tivo lugar na Laconada anual da Peña, que xuntou na sé, A Revolta do Pindo a un bo grupo de siareiros branquiazuis.
Aí están os Manolo (Vocal), Ángel (Vicepresidente), Jota (Volca), Uxío (o novo presidente), Ángel (Vocal) e Luís (Vocal) arriba, e sentados Tito Sande (Socio de Honra), Juanjo (Secretario) e Fran (Tesoureiro).
Unha das a href="/articulo/cultura/20-penas-faran-branquiazul-a-costa-da-morte-no-2014/20140104074515074444.html">20 peñas costeiras que segue fomentando o "Orgullo deportivista na Costa da Morte".
Marea colchonera
Por Dumbría está nacendo a Peña do Atlético de Madrid “Costa da Morte”. Xa conta con páxina de facebook: Peña Atlético de Madrid Costa da Morte, e en breve estará a pleno rendemento. Polo de pronto xa poden informarse e facerse socio enviando un mail a [email protected] / Teléfono: 981 745 028. O prazo para anotarse está aberto.
Cocido merengue
E para os brancos, temos unha información que nos chega dende Vimianzo. Pois este domingo 9 de marzo terá lugar a I Xuntanza de Madridistas. Xa se poden anotar no Celme Café antes deste domingo 2, para unha comilona a razón de 25€ con Cocido, filloas, bolos de pote, viño cafe e copas a esgalla. E moito merengue, claro!
Novas relacionadas
- 20 peñas farán branquiazul a Costa da Morte no 2014.
- Nace a peña do Atlético de Madrid “Costa da Morte”.
- A Marea Blanca exténdese por Cee.
Máis novas
- Castriz é branquiazul.
- Ledicia na presentación da Peña Deportivista Bar Pérez.
- A maxia pisou o Conco.
- Alex Bergantiños vestiuse de branquiazul… en Baio.
- Zas vístese de branquiazul para facer o camiño.
- O Pindo tinguiuse de branquiazul.
- O Deportivo únenos polas onda.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).