Xoves. 03.10.2024
El tiempo

As praias da Costa da Morte acollerán 5 citas do Circuito Galego de Surf

As praias da Costa da Morte acollerán 5 citas do Circuito Galego de Surf
Surf na Costa da Morte- Foto- Ruben Preito

Presentaba onte a Federación Galega de Surf presentaba o Calendario Actividades Deportivas Federación Galega de Surf 2014. Un calendario que sinala varias citas nas praias dunha Costa da Morte que xa é todo un referente a nivel internacional.

Un calendario que este ano vén algo máis curto, polo recorte en case un 25% da subvención da Secretaría Xeral para o deporte, tendo que eliminar a FGS a categoría sub-10, unificando campionatos e categorías

As praias escollidas son as míticas fetiche para os amantes das ondas. A muxiá Praia de Nemiña abrirá a temporada na bisbarra, se o tempo o permite, a vindeira fin de semana do 5 e 6 de abril. A praia do Faro de Lariño, en Carnota, tomará o relevo cunha proba xuvenil. Razo acollerá unha concentración da Selección Galega, que o ano pasado concentrábase en Malpica.
Xa en pleno verán, as citas tocan en agosto en Soesto e en setembro, aínda por determintar, unha proba infantil e xuvenil en Malpica.

Unha das cousas que nos chama a atención é que moitas das probas que se realizan pola zona non teñen colaborador oficial, polo que invitamos ás entidades de cada zona a que se poñan en contacto coa Federación para meter unha man na organización e cos patrocinios.

Probas do Circuito Galego de Surf na Costa da Morte

DataCategoríaProbaLugarOrganiza
5-6 abrilOpen de Longboard e Sup Olas1ª proba open longboard e sup olasPraia de Nemiña (Muxía)GAL - FGS
26-27 abrilXuvenil de Bodyboard1ª proba open-xuvenil de bodyFaro Lariño (Carnota)FGS / sen colaborador oficial
Abril-maioSelección Galega1ª Concentración Selección GalegaRazo (Carballo)FGS / sen colaborador oficial
22-24 agostoCampionatos GalegosCamp. Galego Individual e por EquiposPraia de Soesto (Laxe)FGS / sen colaborador oficial
SetembroInfantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard3ª proba infantil e xuvenil de surfPraia Area Maior (Malpica)Silfo - FGS

Concurso de Foto surfeira

E estamos nos últimos días para enviar a foto ao I Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia, organizado por SurfGZ, coa colaboración de SurfMarket, a FGS e The Surfeiros Piratas.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios