mércores. 30.04.2025
El tiempo

As rapazas do Aluminios Xeal conseguen o ascenso á 1ª División Nacional

As rapazas do Aluminios Xeal conseguen o ascenso á 1ª División Nacional
Ana e Laura do Aluminios Xeal do Anorthosis

Aínda estamos pendentes do posible ascenso do Anorthosis (ao quedar 5º na 3ª División Nacional pode pedir o ascenso a 2ª por se outros equipos mellor clasificados non o piden), unha vez que o primeiro equipo acabou os seus partidos pero non a Liga. Pero a familia do tenis de mesa soneirá segue deparando alegrías. As pequenas do Aluminios Xeal conseguiron o campionato da 2ª División Nacional, e con el o ascenso á 1ª. Un ascenso que aínda non teñen decidido, pero do que nos darán conta nas vindeiras semanas.

Polo demais, tamén rematou a Liga para o Concello de Zas Aquacenit, e o fixo cunha vitoria que de pouco lle servirá para manter a categoría pois queda pendentes das renuncias que poda haber. Ocupa o antepenultimo posto e ata o mes de agosto (cando se fagan as listas dos equipos participantes das distintas ligas) non será posible saber en que división xogará. Pero eso é o de menos agora o importante e seguir con gañas de practicar este deporte e de prepararse para o vndeiros compromisos, e decir, seguir entrenando.

1ª División Galega Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - CTM Coruña 4-2 (12-9)

Rematou a liga o Concello de Zas Aquacenit

En canto ao encontro en sí, normal as dúas vitorias de Stevo e moi ben Brais Blanco pois por fin gaña partidos en divisións superiores. Jesús Ferreiro non tivo o seu día e deixou escapar a oportunidade de gañar algún partido.

2ª División Nacional Femenina

  • Resultado: Concello de Vilalba - Aluminios Xeal 0-3 (3-9)

Excelente a actuación das representantes femininas que forman o equipo Aluminios Xeal que con este campionato de 2ª División Nacional femenina conseguen o dereito a participar na 1ª División Nacional. Algo que terán que pensar e decidir nos vindeiro días. Unha 1ª División que seria equivalente á 2ªB en termos futbolísticos, detrás da Superdivisión (as xogadoras case que todas estranxeiras); División de honor (xogan por todo o norte de España e en Galicia hai varios equipos).
De momento, en 1ª hai 4 grupos en España, e os equipos galegos xogan cos de Asturias, León e País Vasco por concentracións, normalmente dunha fin de semana e con varios enfrentamentos para cada equipo. Por eso hai que pensalo, a experiencia será moi bonita pero tamén costosa en diñeiro e tempo.

En todo caso, non se lle pode poñer ningún reparo a que perdesen o último partido pois o liderato xa estaba conseguido e o relax pódese considerar normal.

Vindeira cita

O vindeiro sábado dia 2 de maio celebrarase en Noia o intercomarcal de tenis de mesa ao que acudirán os equipos da AD CP de ZAs e os do Concello de Vimianzo a espera de continuar os exitos que na temporada xa fixeron os equipos do Anorthosis. En Noia competirán contra os equipos de Mazaricos, Bembibre, Portomouro, A Baña, Outes e Noia.
O Concello de Vimianzo irá con todas as categorías masculinas e a AD CP de Zas farao coas masculinas e femeninas, e decir: benxamín mixto, alevín masculino e femenino, infantil masculino e femenino, e cadete masculino e femenino.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios