Axenda deportiva completísima para a fin de semana
Chega completa de deporte esta soleada (por fin) fin de semana na Costa da Morte. Ademais do #futboldacosta, temos citas importantes, coma o Rali da casa, o Rali de Noia, ademais das habituais citas do baloncesto, fútbol sala ou balonmán, que este sábado terá unha data importante pois Xiria e Camariñas xogarán o seu derradeiro partido na casa e queren agradecer o apoio da afección.
En todo caso, comezamos o repaso polas ligas de fútbol, que xa afrontan a súa recta final, e que de feito teñen citas claves na Liga Galega Cadete, nas ligas cadetes e infantís que poden decidir aos campións, e mais nos Veteranos que afrontan a última xornada. Unha xornada marcada pola decisión do comité do peche do campo do Laxe por un petardo.
Comezamos pola Preferente, xa con pouca tensión, temos derbi. O Dumbría visita Fontenla nun choque adiantado ao sábado e que servirá para medir as forzas dos dous equipos. Ademais, o Soneira loitará por manter o seu posto ante un Mugardos ao que só avantaxa nun 1 punto.
Agónica será a xornada na 1ª Autonómica. Faltan só 4 para o final, e Camariñas, Ponteceso e Fisterra necesitan sumar de 3 en 3. Sobre todo os dous últimos que terán sendas finais ante Laro e Piloño, dous rivais directos que poden meter defintivamente a calquera dos dous en descenso. O Camariñas ten un pequeno colchón, pero segue sen coñecer a vitoria na casa dende a chegada de Berto, e poderán case que certificar a súa permanencia vencendo ao Pobra. Na outra Liga, o Malpica quere demostrar o seu nivel o sábado ante o poderoso Riveira.
A 2ª Autonómica está máis tensa que nunca. Se ben non haberá enforntamentos directos, calquera tropezo pode ser clave. Fermoso será o derbi entre Muros e Carnota, e o igualado choque entre Zas e Corme pola 5ª praza. Ademais, os de abaixo terán que sumar si ou si, sempre pendentes do que fagan os de 1ª.
A xornada na 3ª terá partidos complicados para os de arriba. O líder, o IDC, recibe nada menos que o Soneira B, que xa rompera unha tremenda racha ao Porteño e quere facer o mesmo cos 18 partidos sen perder dos carballeses. O Camelle, a só 2 puntos do líder, recibe a un Nantón que aínda soña ca promoción; mentres que o Porteño, que tamén loita pola Liga e pola 2ª praza de ascenso directo estando a só 4 do IDC, visita a un Lira que ten poucas opcións de meterse na promoción.
De feito, a loita pola promoción dependerá dun Laxe que o ten todo de cara e que pode dar un paso enorme se gaña en Arliña. Ameixenda, Nantón, Lira e Baíñas (que descansa) non poderán fallar e esperar tropezo do Laxe.
A Copa de Xuvenís afronta os seus intensos cuartos. Teremos 4 eliminatorias moi igualadas, se ben parece que o Dumbría parte como favorito ante un Laxe que vén de facer a xesta ante o XSC. Ademais, tremendos serán os choques entre Malpica e Cee e Cabana e Baio, mentres que o derbi entre Outes e Mazaricos tamén decidirán unha eliminatoria tremendamente igualada.
E pode ser clave a xornada para o Dumbría da Liga Galega Cadete. Aínda faltan 6 para o remate, pero os de Diego e Óscar reciben o sánado no Conco ao seu máximo rival para acadar o que sería un histórico ascenso á División de Honra. O Ural chega ao Conco 3 puntos por debaixo, e de caer serían 6 puntazos, máis o golaverage (o Dumbría xa gañou 0-1 na ida).
En cadetes e infantís seguen mandando Esteirana e Xallas de Santa Comba. De feito, en cadetes o cadro esteirán pode cantar xa o alirón a falta de 3 xornadas se vence ao Porteño, pois agora mesmo 11 puntos sobre o Cee, cuns números mareantes, 22 vitorias en 22 partidos, 118 goles a favor e 15 en contra.
Case que na mesma tesitura está o XSC en infantís, con 9 puntos sobre o segundo, tamén o Cee, polo que tamén lle vale a vitoria para cantar o alirón ao ter o golaverage indiviual favorable.
E o domingo se deciden as Ligas de Veteranos. Ao Soneira só lle vale a vitoria ante o Bergantiños en Carballo para certificar o título, unha vez que se espera que o Castriz non falle en Baio. Os vimianceses levan dúas semanas preparando a celebración do título, pero aínda terán que roelo. De gañalo sería unha gran fazaña na súa primeira tempada na 1ª división no seu segundo ano de vida.
En 2ª, xa con Laxe e Muros na 1ª, ocupando as prazas dos descendidos Vimianzo e Camariñas, loitarán polo título. O Laxe, cun punto de vantaxe tras ir por detrás do Muros máis de media liga, teráo máis fácil na casa ante o Agualada. O Muros, recibe ao Cerqueda, ao que terá que gañar e esperar o tropezo do Laxe.
Ademais, os clubes de Veteranos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.
Preferente, xornada 34
Xallas StComba | 20/04 - 18:00 | Dumbría |
Gal. Mugardos | 21/04 - 17:00 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 31
Atl. Riveira | 20/04 - 16:30 | Malpica |
Fisterra | 20/04 - 17:00 | Piloño |
Camariñas | 20/04 - 18:00 | Puebla |
Ponteceso | 21/04 - 12:00 | Laro |
2ª Autonómica, xornada 31
San Lorenzo | 20/04 - 18:00 | Cabana |
Montelouro | 21/04 - 17:00 | Corcubión |
Cee | 21/04 - 17:00 | Buño |
Dumbría B | 21/04 - 17:00 | Volantes |
Esteirana | 21/04 - 17:00 | Castriz |
Baio | 21/04 - 17:00 | Outes |
Muros | 21/04 - 17:00 | Carnota |
Mazaricos | 21/04 - 17:00 | Sofán |
Zas | 21/04 - 17:00 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 31
Camelle | 20/04 - 17:00 | Nantón |
Castrelo | 20/04 - 18:30 | Ameixenda |
Muxía | 21/04 - 12:00 | Laxe |
Lira | 21/04 - 17:00 | Porteño |
Indep. Carballo | 21/04 - 17:00 | Soneira B |
Corcoesto | 21/04 - 17:00 | Alcaián |
Cerqueda | 21/04 - 17:00 | Xaviña |
- Descansa Baíñas.
- Fisterra B - Coristanco (0-2) pola retirada do filial.
Copa da Costa Xuvenil, ida dos Cuartos
Liga Galega Cadete, xornada 29
Dumbría | 20/04 - 17:00 | Ural |
Villalbés | 21/04 - 11:30 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, PlayOff polo Título, xornada 10
Boiro | 20/04 - 11:00 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, PlayOff polo descenso, B, xornada 10
Dumbría | 20/04 - 11:00 | San Cristoba |
1ª Cadete, xornada 23
Muxía | 19/04 - 17:30 | Cabana |
Outes | 19/04 - 18:00 | Xallas StComba |
Coristanco | 20/04 - 10:30 | Ponteceso |
Muros | 20/04 - 10:30 | Baio |
Cee | 20/04 - 10:30 | Fisterra |
Esteirana | 20/04 - 12:00 | Porteño |
Zas | 21/04 - 10:00 | Con. de Carnota |
1ª Infantil, xornada 27
Outes | 20/04 - 12:00 | Fisterra |
Cee | 20/04 - 16:30 | Muxía |
Esteirana | 21/04 - 10:30 | Ponteceso |
Sofán | 21/04 - 10:30 | As Baleas |
Baio | 21/04 - 10:30 | Os Miudos |
Xallas StComba | 21/04 - 11:30 | Corme |
Vimianzo | 21/04 - 17:00 | Coristanco |
- Descansa Cabana.
Ligas de Veteranos, xornada 30
1ª División
Bergantiños | 21/04 - 12:00 | Soneira |
Baio | 21/04 - 12:00 | Castriz |
Zas | 21/04 - 11:00 | Coristanco |
Nantón | 21/04 - 11:00 | San Román |
Ponteceso | 21/04 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Corcubión Vet. | 21/04 - 11:00 | Bértoa |
Camariñas | 21/04 - 11:00 | San Lorenzo |
Vimianzo | 21/04 - 11:00 | Cabana |
2ª División
Poniente | 21/04 - 10:00 | Sofán |
Laxe | 21/04 - 11:00 | Agualada |
Muros | 21/04 - 11:00 | Cerqueda |
Corme | 21/04 - 11:00 | Corcoesto |
At. Milagrosa | 21/04 - 10:00 | Porteño |
Buño | 21/04 - 19:00 | Camelle |
Leiloio | 21/04 - 12:00 | Dep. Carballo |
- Descansa Malpica.
Rali de Noia
Xa chegou o Rali da casa, o rali que temos máis preto da Costa da Morte, que se celebra este fin de semana, o 19 e 20 de abril en Noia. Non adoitamos falar nunca antes dos ralis, pero debido a proximidade do rali decidimos facer unha pequena guía para todos aqueles que se queiran acercar ata as cunetas deste XXIX Rali Ría de Noia.
Balonmán
Rematan as Ligas de Balonmán para Camariñas e Xiria. O Bm. Camariñas reicbe o sábado 20 en horario unificado das 18:30h, ao Carballal vigués. Espérase que o mister Fran Puga poida contar xa con case todos os xogadores para así poder despedir a tempada no pabellón municipal de O Areal, en todo caso, o club balonmano Camariñas, agradece a presenza de socios e afeccionados en xeral para animar ao equipo local Camariñas Conservas Boya no último partido da tempada.
Ademais, o Calvo Xiria recibe no Vila de Noia ao Lalín, no que suporá a despedida da liga de 1ª Estatal na súa casa para os carballeses. A cita, sábado ás 18:00h.
Tenis de mesa
A 3ª xornada da I Liga Intermunicipal de tenis de mesa será o domingo 21 de abril no pavillón municipal de A Trabe (Ponteceso) ás 11:00h. O choque será entre o Ponteceso e o Corcubión.
Ademais, en canto a Liga Galega, para o sábado 20 de abril en Lalín, toca:
- CTM Lalín “B” – Concello de Zas Aquacenit.
- Escola Lalín – Concello de Zas Aquacenit.
As celebracións do ascenso esperaranse ata o 27 de abril cando o Anorthosis gañe, esperemos, a Conxo Promesas.
Baloncesto
Sábado 20:
:- 18:00h: Senior femenino: E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE-C.B.BURELA PESCADOS RUBEN.
Domingo 21:
- 12:00h: Senior masculino: LICEO CASINO VILARGACIA-ACB COSTA DA MORTE.
- 12:00h: Infantil femenino: MERCEDARIAS HOTEL EL SUIZO-ACB COSTA DA MORTE.
- 19:00h: Infantil masculino: ACB COSTA DA MORTE-C.B.ARTEIXO.
Fútbol Sala
O sábado o Ponteceso visita ao Manureva Suevos na ida das Semifinais da Copa Provincial.
Ademais volve a competición á 2ª División Estatal e o Fisober recibirá ao Calceatense o sábado ás 16:00h no municipal vimiancés.
E mentres, as xogadoras cadetes do Fisober B, Laura Pose (Camelle), Inés Suárez (Camelle) e Noelia Fernández (Baio) están citadas polo Seleccionador cadete da Coruña para adestrar ca Selección Coruñesa co fin de preparar o Campeonato Galego de Selección provinciais que se disputara a finales de maio.
Máis información
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Crónicas da semana
- O Comité pecha o campo do Laxe por un petardo.
- Xuvenís: Tensión e sorpresas para chegar a Cuartos.
- 2ª Autonómica: O Cee descólgase.
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso segue metidos no lío.
- Preferente: Xornada de paso.
- Resultados e análise da xornada do #futboldacosta neste ecuador de abril.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).