mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana cos Encontros do fútbol da Costa e moito máis

Axenda deportiva da fin de semana cos Encontros do fútbol da Costa e moito máis
Dende hoxe traeremos cada venres unha completa Axenda Deportiva da fin de semana na Costa incluindo todos os deportes que se prantican na zona. Porque non todo vai ser fútbol... Pero iso, si, comezar, comezamos polo fútbol.

Fútbol da Costa

Nova xornada de fútbol na Costa, logo de ollar o parte de sancións. O Soneira recibe o domingo ao penúltimo da Preferente, que só ten 6 puntos, polo que terá unha boa oportunidade de subir postos. Na 1ª Autonómica, os nosos teñen encontro máis que complicados contra equipos da parte alta da táboa. Xa na Liga da Costa, o Club do Mar- Sofán do sábado perfílase como o encontro da semana entre s dous equipos que comparten o liderato co Camariñas. O equipo de Manolín, pola súa parte recibe a un Vimianzo en horas baixas. O Muros-Corme seguro que é intenso aínda cos ánimos quentes da copa de xuvenís do ano pasado, mentres que o Malpica-Fisterra é unha nova pedra de toque para os de Manolo Santos. A tamén está que ferve. O líder, o Mazaricos recibe ao pechacancelas, o Corcoesto. Polo que Nantón e Corcubión terán que mantelo ritmo ante o Laxe e o Coristanco, respectivamente. O encontro máis igualado da xornada é ese Cerqueda - Muxía que determinará quen queda descolgado do grupo perseguidor. Nas Ligas xuvenís, máxima intensidade. Polo norte as espadas están moi afiadas. O Zas-Dumbría B será o encontro da semana, entre os dous máximos favoritos. Atento estará o Corme a ese encontro, unha vez que agarda vencer ao Cabana no Cairo. E polo sur, o Soneira terá que demostrar a súa candidatura ante o 3º, o Mazaricos, ao que aventaxa en 6 puntos. Mentres, o Santa Comba visita o Xosé Luis Vara, para medirse a unha Esteirana que só ten 1 punto. Estes son os encontros, aos que incluimos esta semana toda a axenda deportiva da fin de semana:

Preferente Norte, xornada 13

Soneira 14/11 - 17:00 Dubra

1ª Autonómica, xornada 11

Xallas 13/11 - 16:30 Olímpico
Víctoria 14/11 - 16:15 Zas
San Tirso 14/11 - 16:15 Cee
Dumbría 14/11 - 16:15 Imperator

2ª Autonómica, xornada 11

Club do Mar 13/11 - 18:00 Sofán
Muros 14/11 - 16:15 Corme
Carnota 14/11 - 16:15 Dumbría B
Camariñas 14/11 - 16:15 Vimianzo
Ponteceso 14/11 - 16:15 Porteño
San Lorenzo 14/11 - 16:15 O Pindo
Malpica 14/11 - 16:15 Fisterra
Baio 14/11 - 16:15 Esteirana
Castriz 14/11 - 16:45 Buño

3ª Autonómica, xornada 11

Laxe 13/11 - 16:15 Nantón
Lira 13/11 - 16:15 Muros B
Corcubión 13/11 - 16:30 Coristanco
Mazaricos 14/11 - 16:15 Corcoesto
Alcaián 14/11 - 16:15 Xaviña
Cerqueda 14/11 - 16:15 Muxía
Atl. Pereiriña 14/11 - 16:15 Cabana
Outes 14/11 - 16:15 Indep. Carballo

Liga Nacional Xuvenil, xornada 10

Víctoria 14/11 - 12:00 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 6

Esteirana 13/11 - 16:15 Santa Comba
Soneira 13/11 - 16:15 Mazaricos
Cee 13/11 - 16:15 Corcubión
Muros 13/11 - 16:15 Outes
Fisterra 14/11 - 12:00 Dumbría

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 10

Corme 13/11 - 16:15 Cabana
Ponteceso 13/11 - 16:15 Bergantiños B
Zas 13/11 - 16:15 Dumbría B
Camariñas 13/11 - 16:15 Coristanco
Muxía 13/11 - 16:15 Baio

Liga Galega Cadete, xornada 9

Santa Comba 13/11 - 16:15 Milagrosa
Bergantiños 14/11 - 11:00 Betanzos

Segunda cadete, xornada 8

Outes 13/11 - 10:30 Bergantiños B
Cabana 13/11 - 10:30 Muros
Coristanco 13/11 - 10:30 Soneira
Dumbría 13/11 - 10:30 Con. de Carnota
Corme 13/11 - 10:30 Malpica
Baio 13/11 - 16:00 Ponteceso
Fisterra 13/11 - 16:00 Cee

Segunda Infantil, xornada 4

Bergantiños 13/11 - 10:30 Cee
Outes 14/11 - 10:30 Muxía
Cabana 14/11 - 10:30 E.D. Os Miudos
Zas 14/11 - 10:30 E.M.F. Vimianzo
Con. de Carnota 14/11 - 10:30 Coristanco
Dumbría 14/11 - 10:30 Santa Comba
Esteirana 14/11 - 10:30 Baio

Ligas de Veteranos, xornada 9

1ª División

Nantón 14/11 - 11:00 Bértoa
Vimianzo 14/11 - 11:00 Corcubión Vet.
San Román 14/11 - 11:00 Ponteceso
At. Milagrosa 14/11 - 11:00 Cabana
Bergantiños 14/11 - 11:00 Xv. Bergantiños
Baio 14/11 - 11:00 Castriz
Camariñas 14/11 - 11:00 Zas

2ª División

Dep. Carballo 14/11 - 11:00 Cerqueda
Malpica 14/11 - 11:00 San Lorenzo
Agualada 14/11 - 11:00 Porteño
Buño 14/11 - 11:00 Corme
Leiloio 14/11 - 11:00 Corcoesto
Coristanco 14/11 - 11:00 Sofán
Club do Mar 14/11 - 11:00 Muros

Futbol Sala

Esta fin de seman semana o Fisober C. Vimianzo descansa. Pola súa parte, o Fisober B enfrontarase ó CD Mabegondo o sábado ás 20:00 h no Municipal de San Marcos de Mabegondo. Pola súa banda o Concello de Ponteceso da Liga Provincial enfróntase ao Manureva Tall. Mundo este sábado ás 20:00h no Municipal de Meicende.
Mabegondo 13/10 - 20:00h Fisober B
Manureva Tall. Mundo 13/10 - 20:00h Concello de Ponteceso

Hoquei

O Clube Patín Xunqueira de Cee recibe ao Compañía de María este sábado no Municipal de Cee.
Patín Xunqueira 13/11 - 11:15h Compañía de María

Baloncesto

O Oso Polar Costa da Morte visitará o domingo 14 ás 18:30 ao Maristas Coruña, un equipo ao que precede na táboa clasificatoria e co que poría terra polo medio en caso de derrotalo a domicilio.
Oso Polar Costa da Morte 14/11 - 18:30h Maristas Coruña

Balonman

O Balonmán Camariñas Conservas Boya recibe no Areal de Camariñas, o sábado día 13 ás 18:30h ao Seis do Nadal, é un rival directo para a loita polas prazas de clasificación para a segunda fase. Ademais, no descanso do partido do próximo sábado haberá un MAGOSTO POPULAR para todos os socios e simpatizantes Pola súa parte o Balonmán Encaixe visitará a cancha do Sárdoma de Vigo, unha pista complicada ante un rival directo.
Balonmán Camariñas 14/11 - 18:30h Seis do Nadal
Sárdoma de Vigo -- Balonmán Encaixe

Volei

Os equipos de voleibol da Costa terán unha competa fin de semana, as cadetes do Dumbría xogan en Coruña ante Zalaeta ás 17:00 h do sábado; os cadetes do Dumbría farano na casa ante Aldebaran de San Sadurniño o sábado ás 16:00h. E as infantís do Manuela Rial viaxan a Noia para xogar o sábado ás 12:00 h.
Balonmán Camariñas 14/11 - 18:30h Seis do Nadal

Máis información

Comentarios