mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana na Costa da Morte

Axenda deportiva da fin de semana na Costa da Morte
Imaxe do Corcubion-Muxia amistoso xogado no Nadal-Foto- Jorge Parri

Volve o deporte costeiro ao completo tralo parón de Nadal. E o fai cunha xornada repleta de acción, con varios focos de atención, como Duatlón de Reis de Vimianzo, o remate das Ligas Xuvenís ou o comezo das Ligas de Fútbol 8 que artella o Clube Deportivo Costa da Morte e que contan este curso con 18 entidades e case 50 equipos entre as 3 categorías (prebenxamíns, benxamíns e alevíns). E iso si, teremos un ollo en Murcia, onde a muxiá o Fisober Patri Romaní participa coa Selección Galega no Campionato de España.

Comezamos co repaso ao #futboldacosta tras ollar o completísimo parte de sancións, e o facemos pola Preferente, xa tras unha xornada no 2013. O sábado xa xoga o Soneira ante o Chantada, penúltimo, sendo unha boa ocasión para os de Felipe de continuar mirando cara arriba. Ademais o Xallas de Santa Comba visitaró ao Páramo e terá que volver cos 3 puntos se quere seguir na loita. Mentres, o partido máis reñido da xornada será o Dumbría-Ribdaeo, con só 3 puntos entre ambos e que pode facer que o cadro de Canosa se asente definitivamente arriba.

En 1ª Autonómica, os nosos terán, coma sempre, choques complicados. O Fisterra recibe o sábado en Ara Solis ao Pobra, do que só o separa un punto polo que poderá dar un salto na táboa. Para o domingo quedan os outros 3 partidos O Malpica visita o campo do Amio, ambos igualados a 24 puntos e no que pode ser oúltimo tren para meterse cos de arriba. Ao Ponteceso tócalle visitar ao Unión, tendo necesidade total de sumar. Igual que o Camariñas, e iso que recibe ao poderoso líder, o Noia.

Xa na Liga da Costa, haberá choques de alta tensión. A Esteirana recibe ao Corme nunha das grandes probas para ambos equipos. Ademais, o derbi entre Baio e Zas chega nun bo momento para ambos, cun Baio 2º e un Zas 5º sendo a revelación da campaña. Ademais, por abaixo haberá un intenso Cabana-Montelouro adiantado ao sábado, moi importante para ambos, unha vez que o Cabana segue en postos de descenso e o Louro leva 9 derrotas consecutivas.

En 3ª Autonómica hai novidades. A retirada do Fisterra B da competición provoca que todos os resultados da segunda volta do filial fisterrán xa teñan resultado (2-0). Por iso, na táboa de wwww.futboldacosta.com sairanos predeterminada a última xornada, pero consideramos que temos que actualizar toda a tempada para que a clasificación sexa real.
En canto aos partidos, un dos máis destacado é a proba do líder, o Porteño, ante o Ameixenda en Cee. Ademais, O Camelle recibe ao Laxe, e o Independiente ao Xaviña. O derbi Baíñas-Soneira B prevese moi interesante.

E derradeira xornada en Xuvenís, cos ascensos decididos pero con algunha cousa en xogo. Como a loita polo título no Norte, que se dirimirá entre Dumbría e XSC. Pero os partidos non se xogarán no mesmo horario e os xalleiros reciben ao Outes pola mañá mentres que o Dumbría saberán o resultado que necesitan para gañar o campionato pola tarde ante o Muros.
Polo Norte, xa está todo o peixe vendido, co Ponteceso campión, e Cabana e Malpica clasificados para a Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Pero o Cabana-Ponteceso do sábado será máis que intenso.

Preferente, xornada 20

Soneira S.D. 12/01 - 18:30 S.D. Chantada
C.F. Dumbría 13/01 - 16:00 Ribadeo F.C.
S.D. O Paramo 13/01 - 16:00 Xallas de Santa Comba CF

1ª Autonómica, xornada 18

S.D. Fisterra 12/01 - 16:30 Puebla FC
SD Amio 13/01 - 16:00 S.C.D. Malpica
C.D. Unión 13/01 - 16:30 Ponteceso S.D.
Camariñas F.C. 13/01 - 16:30 C.F. Noia

2ª Autonómica, xornada 18

U.C. Cee 12/01 - 16:30 Outes C.F.
Cabana S.D. 12/01 - 18:00 U.D. Montelouro
Muros S.D. 13/01 - 16:00 Mazaricos C.F.
C.D. Baio 13/01 - 16:00 Sp. Zas
S.D. Esteirana 13/01 - 16:00 Corme C.F.
S.D.San Lorenzo 13/01 - 16:00 U.D. Carnota
U.D. Corcubión 13/01 - 16:00 S.D. Castriz
Buño S.D. 13/01 - 17:00 Volantes F.C.
Dumbría C.F. B 13/01 - 18:00 S.D. Sofán

3ª Autonómica, xornada 18

Camelle S.D. 12/01 - 16:00 S.D. Laxe
C.F. Castrelo 12/01 - 18:00 S.D. Coristanco
Indep. Carballo 12/01 - 18:30 Xaviña F.C.
Muxía C.F. 13/01 - 16:00 SDC Corcoesto
Lira C.F. 13/01 - 16:00 S.D. Alcaián
C.D. Baíñas 13/01 - 16:00 Soneira S.D. B
S.D. Ameixenda 13/01 - 16:00 Porteño C.F.
  • O Fisterra B - Cerqueda xa ten resultado final trala retirada do cube fisterrán: 2-0.
  • Descansa Nantón.

Xuvenís, Gr.3, xornada 18

Xallas de Santa Comba CF 12/01 - 11:00 Outes C.F.
S.D. Esteirana 12/01 - 12:30 Mazaricos C.F.
C.F. Dumbría 12/01 - 16:00 Muros S.D.
Soneira S.D. 12/01 - 16:00 en Baio S.D. Fisterra
U.D. Corcubión 12/01 - 16:00 U.C. Cee

Xuvenís, Gr.4, xornada 18

Cabana S.D. 12/01 - 16:00 Ponteceso S.D.
Camariñas F.C. 12/01 - 16:00 Corme C.F.
S.C.D. Malpica 12/01 - 16:00 S.D. Laxe
S.D. Coristanco 12/01 - 16:00 C.D. Baio
Muxía C.F. 2-1Sp. Zas

Liga Galega Cadete, xornada 17

C.F. Dumbría 12/01 - 11:00 Montañeros B
Bergantiños C.F. 12/01 - 16:00 Imperator O.A.R

Liga Galega Infantil, xornada 18

Val do Ulla 12/01 - 11:00 Bergantiños C.F
R.C. Deportivo 12/01 - 11:30 C.F. Dumbría

Primeira Cadete, xornada 10

Cabana S.D. 12/01 - 10:30 Muxía C.F.
C.D. Baio 12/01 - 10:30 Muros S.D.
Con. de Carnota 12/01 - 10:30 Sp. Zas
Xallas StComba 12/01 - 11:00 Outes C.F.
Ponteceso S.D. 12/01 - 11:00 S.D. Coristanco
S.D. Fisterra 12/01 - 11:30 U.C. Cee
Porteño C.F. 12/01 - 12:15 S.D. Esteirana

Primeira Infantil, xornada 10

Muxía C.F. 12/01 - 16:30 E.M.F. Vimianzo
E.D. Os Miudos 12/01 - 16:30 U.C. Cee
Ponteceso S.D. 13/01 - 10:30 Cabana S.D.
As Baleas 13/01 - 10:30 S.D. Esteirana
Corme C.F. 13/01 - 10:30 S.D. Sofán
C.D. Baio 13/01 - 10:30 Xallas StComba
S.D. Coristanco 13/01 - 12:00 Outes C.F.
  • Descansa Fisterra.

Ligas de Veteranos, xornada 17

1ª División

Vimianzo 13/01 - 10:00 Bértoa
Coristanco 13/01 - 10:00 Xuv. Bergantiños
Cabana 13/01 - 11:00 San Lorenzo
Corcubión Vet. 13/01 - 11:00 Nantón
San Román 13/01 - 11:00 S.D. Castriz
Zas 13/01 - 11:00 Soneira
Camariñas 13/01 - 12:00 Ponteceso
Baio 13/01 - 12:00 Bergantiños

2ª División

Dep. Carballo 13/01 - 09:30 Porteño
Leiloio 13/01 - 11:00 Camelle
Buño 13/01 - 11:00 Corcoesto
Muros 13/01 - 11:00 Sofán
Laxe 13/01 - 11:00 Malpica
At. Milagrosa 13/01 - 12:00 Cerqueda
Corme 13/01 - 12:00 Agualada

100 inscritos para o Duatlón de Reis

O vindeiro domingo día 13 de xaneiro terá lugar na parroquia de Salto no IV Duatlón de Reis que por segundo ano consecutivo organiza o concello de Vimianzo. A saída dos participantes será ás 11 da mañá da praza Dona Carmen Neira Marcos de Castromil, lugar onde os participantes poderán recoller os dorsais desde as 9.30 horas ata un cuarto de hora antes de comezar a carreira.

Á proba consiste nun percorrido combinado de carreira a pé e bicicleta ue comezará cun percorrido de 5,4 Km de carreira a pé, continuará con 21 Km. en bicicleta e finalizará con 3,6 Km de novo con carreira a pé. Ao rematar a carreira, no mesmo lugar do inicio, realizarase a entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados na categoría masculina e aos tres primeiros clasfificados na categoría feminina.


Volei

O sábado 12 de xaneiro volve o volei costeiro á competición no Pavillón Municipal de Dumbría:

Ás 10:00h:
- Voleibol Dumbría - Emevé (Juvenil masculino)
- Manuela Rial Mouzo - Emevé (Infantil femenino).

Ás 11:30h:
- Voleibol Dumbría - Emevé (Cadete masculino).
- Voleibol Dumbría - Emevé (Cadete femenino).

Ás 13:00h:
- Manuela Rial Mouzo - Emevé (Infantil masculino).


Tenis de mesa

Volven á competición os equipos da comarca de Soneira cunha fin de semana cargada de encontros.

  • Sábado 12 de xaneiro de 2013 no ximnasio do CPI de Zas, 2ª galega grupo centro:
    - 16:00h. Anorthosis Vimianzo - Liceo de Noia "B"
    - 18:30h. Concello de Zas Aquacenit - Liceo de Noia "B".
  • Sábado 12 de xaneiro de 2013 no polideportivo do colexio de San Xoan de Ferrol. 2ª nacional feminina cruce Norte - centro, (xogan os equipos do grupo norte contra os do grupo centro):
    - 15:30h. TDM Concello Vilalba - Aluminios Xeal de Zas.
    - 16:45h. D.P. Bispo Aguirre - Aluminios Xeal de Zas.
    - 18:00h. Cidade Narón - Aluminios Xeal de Zas.
    - 19:15h. DP Bispo Izquierdo Tospin TT - Aluminios Xeal de Zas.
  • Domingo 13 de xaneiro 2013 no pavillón de Sigüeiro 3ª galega grupo noroeste:
    - 9:30h. Oroso Trastes - Concello de Zas O Pinar.
    - 12:00h. Oroso Peluquería Tije - Concello de Zas O Pinar.

Baloncesto

Comeza un novo ano e con el unha nova xornada de liga do equipos da familia ACB Costa da Morte:

- 2ª División Sénior Feminina: E.S.BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - BALONCESTO LARACHA: sábado 12-01 ás 17:00h en Brens.
- 3ª División Sénior Masculino: BONAVAL - COSTA DA MORTE: domingo 13-01 ás 19:00h en Santiago.
- 2ª División Infantil Feminina: OBRADOIRO - ACB COSTA DA MORTE: sábado 12-01 ás 10:00h.
- 2ª División INFANTIL Masculino: ACB COSTA DA MORTE - BASQUET CORUÐA 00: domingo 13-1 ás 12:00h en Brens.
- Minibasket Alevín Feminina: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - COMPAÑIA DE MARIA: sábado 12-1 ás 11:00h.
- Minibasket Alevín Masculino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - BASQUET CORUÑA 02: sábado 12-01 ás 11:00h.


Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios