Axenda deportiva da primeira fin de semana de marzo


Completa xornada deportiva esta primeira fin de semana de marzo. I é que ademais dos máis de 60 partidos habituais do fútbol da Costa teremos Carreira Pedestre, balonmán, judo, volei, fútbol sala, baloncesto, baile... e ata Motor, coa estrea dun novo equipo de competición en ralis.
E tras analizar a a previa do partidazo da xornada da 3ª entre IDC e Camelle con David Castro, pasamos a analizar a xornada completa do fútbol costeiro.
Comezamos pola Preferente, onde os nosos teñen tres saídas nada sinxelas. Xallas e Dumbría non poden fallar se non queren perdelo tren pero visitarán a Ribadeo e O Val, dous equipos que están na metade alta da táboa. Ademais, o Soneira viaxará á Coruña para enfrontarse a un Silva que está a só un punto dos vimianceses.
O partido da xornada, co permiso dese duelo na 3ª, xógase na 1ª Autonómica. Por necesidade ademais, xa que tanto Camariñas como Fisterra necesitan gañar. Con algo máis de marxe chegan os verdes ao Hermanas Patiño pero unha vitoria azul case que igualaría a táboa metendo de novo ao Fisterra en problemas. O que ten que sumar si ou si é o Ponteceso, nun choque crucial ante un rival directo, o Piloño, que está con 5 puntos máis e non se pode escapar. Mentres, por arriba, o Malpica visita o Laro e pode facerlle un favor aos seus veciños en problemas evitando que sume os 3 puntos.
Na 2ª Autonómica, o foco de atención estará no Pratas Reinoso. O Baio recibe ao Cee, cos dous equipos inmersos nunha espectacular loita detrás da Esteirana. Vaia partidazo que se preve, e mentres o líder intentará seguir escapando na casa ante o San Lorenzo. Por abaixo, o Montelouro ten unha finalísima pois se non pode sumar os 3 puntos e romper unha xeira de 3 puntos en 16 partidos ante o pechacancelas, pode darse por esquecido.
Como dicimos en 3ª, todos miran para o IDC -Camelle e seguro que as Eiroas teñen un ambiente espectacular. Pero hai máis partidos importantes. Por detrás destes dous o Porteño non pode fallar no derbi co Xaviña, e na loita por entrar na promoción destaca o Muxía-Baíñas e o Cerqueda-nantón.
Curiosa a xornada en Xuvenís que se disputa case que integramente na mañá do sábado. O Dumbría-Cabana parece o choque máis disputado e medira as posibilidades do Dumbría de aguantar o ritmo.
Preferente, xornada 27
Ribadeo | 03/03 - 16:30 | Xallas StComba |
O Val | 03/03 - 16:45 | Dumbría |
Silva | 03/03 - 17:00 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 25
Ponteceso | 03/03 - 16:30 | Piloño |
Laro | 03/03 - 16:30 | Malpica |
Camariñas | 03/03 - 17:00 | Fisterra |
2ª Autonómica, xornada 25
Montelouro | 03/03 - 16:30 | Dumbría B |
Esteirana | 03/03 - 16:30 | San Lorenzo |
Muros | 03/03 - 16:30 | Corcubión |
Corme | 03/03 - 16:30 | Volantes |
Sofán | 03/03 - 16:30 | Castriz |
Carnota | 03/03 - 16:30 | Outes |
Baio | 03/03 - 17:00 | Cee |
Zas | 03/03 - 17:00 | Cabana |
Mazaricos | 03/03 - 17:30 | Buño |
3ª Autonómica, xornada 25
Xaviña | 02/03 - 16:15 | Porteño |
Muxía | 03/03 - 16:30 | Baíñas |
Corcoesto | 03/03 - 16:30 | Ameixenda |
Alcaián | 03/03 - 16:30 | Soneira B |
Laxe | 03/03 - 16:30 | Coristanco |
Cerqueda | 03/03 - 17:00 | Nantón |
Indep. Carballo | 03/03 - 18:15 | Camelle |
- Descansa Lira.
- Fisterra B - Castrelo (0-2) por retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Falega Xuvenil, xornada 7
Xallas StComba | 02/03 - 11:30 | Ponteceso |
Dumbría | 02/03 - 12:00 | Cabana |
Fisterra | 02/03 - 12:30 | Malpica |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 7
Muxía | 01/03 - 17:00 | Camariñas |
Baio | 02/03 - 12:00 | Laxe |
Muros | 02/03 - 16:30 | Outes |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 7
Mazaricos | 02/03 - 12:00 | Esteirana |
Cee | 02/03 - 12:30 | Soneira |
Corme | 02/03 - 12:30 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada 24
Negreira | 03/03 - 11:00 | Dumbría |
Bergantiños | 03/03 - 12:00 | Deportivo B |
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 4
Deportivo | 02/03 - 11:30 | Bergantiños |
1ª Cadete, xornada 17
Outes | 02/03 - 10:30 | Muros |
Cee | 02/03 - 10:30 | Coristanco |
Esteirana | 02/03 - 10:30 | Xallas StComba |
Con. de Carnota | 02/03 - 10:30 | Ponteceso |
Fisterra | 02/03 - 10:30 | Baio |
Zas | 02/03 - 11:00 | Muxía |
Porteño | 03/03 - 16:15 | Cabana |
1ª Infantil, xornada 21
Corme | 03/03 - 10:00 | Coristanco |
Sofán | 03/03 - 10:30 | Esteirana |
Xallas StComba | 03/03 - 10:30 | Cabana |
Baio | 03/03 - 10:30 | Fisterra |
Cee | 03/03 - 12:00 | Outes |
Os Miudos | 03/03 - 12:00 | Ponteceso |
Muxía | 03/03 - 12:00 | As Baleas |
- Descansa EFM Vimianzo.
Ligas de Veteranos, xornada 24
1ª División
Bergantiños | 03/03 - 09:30 | San Lorenzo |
Coristanco | 03/03 - 10:00 | Nantón |
Soneira | 03/03 - 10:00 | Bértoa |
Ponteceso | 03/03 - 11:00 | Castriz |
Camariñas | 03/03 - 11:00 | Zas |
Corcubión Vet. | 03/03 - 11:00 | San Román |
Cabana | 03/03 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Baio | 03/03 - 12:00 | Vimianzo |
2ª División
Muros | 03/03 - 10:00 | At. Milagrosa |
Agualada | 03/03 - 11:00 | Cerqueda |
Malpica | 03/03 - 11:00 | Porteño |
Laxe | 03/03 - 11:00 | Buño |
Sofán | 03/03 - 12:00 | Corcoesto |
Poniente | 03/03 - 12:00 | Dep. Carballo |
Corme | 03/03 - 12:00 | Leiloio |
VII Carreira Pedestre Popular de Costa da Morte
As rúas de Camariñas acollerán o domingo 3 de marzo, a VII Carreira Pedestre Popular de Costa da Morte, que organiza o Grupo Correo Galego. A proba constará este ano de catro carreiras, e comezará ás 10.00 horas coa participación dos atletas de categorías xuvenil, cadete e infantil. Ás 11 partirán os alevines e benjamines, e media hora despois os pitufos (nacidos entre 2006 e 2009).
Judo
Mañá sábado 2 de marzo a partir das 16:30h, celebrarase na Polideportiva Municipal de Cabana
de Bergantiños, a xornada do Xoga-judo zona A Costa.
Nesta fase participan judokas da Coruña zona da Costa, cun obxectivo de formación por encima do competitivo. A Federación Galega de Judo, adxudicou unha Sé a esta Zona pertencente á Coruña debido ao gran número de practicantes que ten a Zona, en gran parte debido ao labor da Agrupación Deportiva Miguelito, que é a Escola de Judo que imparte ensino en toda a zona da Costa, desde fai máis de 12 anos.
Nestas idades tanto técnicos, como federativos, están de acordo en que hai que iniciar aos mozos cuns fortes valores de deportividad. Así o reglamento está adaptado en función da idade dos practicantes nas diferentes categorías, sendo estas, benjamín B, benjamín A, alevín e infantil tanto en masculino como en feminino. Nesta cita inscribíronse en torno a 200 judokas das seguintes Escolas Deportivas Municipais así CEIPS: EDM Ponteceso, EDM Muxía, EDM Cabana, EDM Camariñas e CEIP Xosé Pichel de Coristanco.
Fútbol Sala
O Fisober de 2ª Divisiçon recibe este sábado ás 20:00 h ó Flaviobriga cántabro no Pavillón de Vimianzo nun choque que servirá para clarificar si o equipo vimiancés aspira á 5ª plaza da clasificación ante un rival que ocupa actualmente esta plaza.
2ª División Estatal:
- Fisober F.S.F. – Flaviobriga F.S.: sábado, 02 de marzo de 2013 ás 20:00 no Municipal de Vimianzo.
1ª Autonómica:
- Viaxes Amarelle FSF “B” – Concello de Ponteceso F.S.F: sábado 2 de marzo ás 20:00 no pavillón Sagrada Familia de A Coruña.
- Esteirana – C.D. Fame Negra: sábado 02/03/2013 ás 19:00 no Pavillón Jose Lago.
- Fisober F.S.F. “B” – BeArt 5 Coruña F.S.: domingo 03/03/2013 ás 12:30 no Municipal de Baíñas.
O Fisober volve de baleiro de Bilbao e o Ponteceso FSF vence o derbi á Esteirana.
Balonmán
- 1ª Estatal: CALVO XIRIA – UNIVERSIDAD DE LEON ADEMAR: sábado 02/03/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
- 1ª Autonómica: BM CAMARIÑAS – S.A.R. Plastic Omniun: sábado ás 19:00h no Areal.
Baile
Ainda que a xente diga que é un deporte minoritario, dende Arte e Movemento queren demostrar que na Costa da Morte o Baile Deportivo non o é. Este proximo domingo 3 de marzo ademais das 8 parellas que pertencen ó equipo de competicion nacional de Arte e Movemento que compiten habitualmente, presentaremos 25 parellas mais nas categoria autonomicas. E dicir acudira a Costa da Morte en pleno con 66 rapaces que participaran, acompañados claro dos seus familiares.
A parella mais nova ten 6 anos, e os de mais idade teñen 18 anos. Pertencen as escolas deportivas do concello de Mazaricos, Santa Comba, mais os que acoden as clases nas instalacions do clube en Cee.
A competicion será puntuable para o ranking nacional para as 8 parellas de competición nacional. Para as categorías autonómicas, trátase dun contacto coa competición de baile deportivo xa que nesta disciplina deportiva, os rapaces tardan como mínimo 2 anos en alcanzar a calidade técnica necesaria para competir a nivel nacional, ademais do problema de despois formar a parella ideal, tanto en idade, físico, disciplina, e intereses.
Volei
Este sábado pola tarde enfróntanse a Noia:
- 16:00 h Xuvenil masculino CV Noia- Voleibol Dumbría.
- 16:00 h Infantil feminino CV Noia – Manuela Rial.
- 18:00 h Cadete feminino CV Noia-Voleibol Dumbría.
Baloncesto
- 2ª División Sénior Feminina: E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE - AREA 10: domingo 3-3 - 17:00h.
- 3ª División Sénior Masculina: ACB COSTA DA MORTE - RIVADULLA: domingo 3-3 - 19:00h.
- Cadete Feminino: ACB COSTA DA MORTE - BASQUET CORUÑA MARISTAS A: domingo 3-3 -12:00h.
- Infantil Feminino: UNIVERSITARIO DE FERROL - ACB COSTA DA MORTE: sábado 2-3 -12:00h.
- Infantil Masculino: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - ADFRO: domingo 3-3 - 10:00h.
- Minibasket Alevín Masculino: JESUITINAS - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 2-3 - 11:00h.
Presentación de SPS Competición
Este venres 1 de marzo, a partir das 23:00h, terá lugar en San Mamede a presentación da nova escudería costeira. SPS Competición nace da man dos irmáns Pichín e mais José de Muros, que farán a súa presentación con exposición de coches, gogos, vídeos e disco móbil toda a noite! Ademais, contarán con carpa para protexerse algo do frío.
- QPC MOTOR: Nace un novo equipo de Rali en Carnota.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
- David Castro: Previa do partidazo entre Camelle e IDC.
- Novo parte de sancións cun pouco de todo.
- Xuvenís: O Cabana destácase mentres Fisterra e Ponteceso caen.
- 3ª Autonómica: Intensa loita pola promoción.
- 2ª Autonómica: O Montelouro quédase só no pozo.
- 1ª Autonómica: Dous empates son pouca renda.
- Preferente: Cun gol basta.
- Resultados dos 64 partidos e análise da ultima xornada de febreiro.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).