Martes. 10.12.2019
El tiempo

Axenda Deportiva da primeira fin de semana de outubro

Axenda Deportiva da primeira fin de semana de outubro
Montelouro-Castriz-Jorge Parri

Primeira fin de semana e xa está case completa a Axenda deportiva da fin de semana. Comeza o Fisober na súa andaina pola 2ª Nacional, e comeza a tempada de Volei en Cee e Dumbría despois da exitosa tempada anterior. En liza seguen as ligas de balonmán (comezamos a repasar tamén a actualidade do Bm. Encaixe feminino); e mais o tenis de mesa. Ademais hai reunión do Clube Costa da Morte para as ligas dos máis pequenos. Pero antes, coma sempre, repasamos a previa do #fútboldaCosta, que neste mes de outubro xa adianta o horario habitual ás 16:30h.

O partido da fin de semana é, sen dúbida, o derbi na 1ª entre Fisterra e Ponteceso, que se celebrará o sábado en Ara Solis con dous equipos bastante necesitados. Ademais, o Camariñas visita tamén o sábado o campo do Lamela e quere resarcirse da derrota en casa da última xornada; mentres que o Malpica terá un rudo encontro ante o Pobra na Pedra Queimada.

Na Preferente o Xallas de Santa Comba querrá aproveitar que o colíder, o Boiro, ten unha difícil saída ante o Ribadeo, 3º a 2 puntos de xalleiros e boirenses. Pero terán que ir a Laracha os de Corredoira, polo que a cousa non será fácil. Pola súa banda, o Soneira tamén terá unha complicadísima saída ante o Grixoa, mentres que o Dumbría volve tralo descanso visitando un Taboada na zona morna, onde poderá poñer en práctica o seu letal contragolpe.

Na Liga da Costa, o líder xogará nas Redondas o único partido adiantado da xornada, ante un Cabana que precisa estrear o taboleiro se non quere perder o tren. Para o domingo quedan partidazos como o Esteirana-Montelouro, que enfrontará a dous equipos que había tempo non estaban tan fortes.

Tócalle descansar ó líder da 3ª da Costa, o Independiente Carballo, tras 5 vitorias en 5 partidos. Ademais, na xornada hai 5 partidos adiantados ó sábado destacando o Porteño-Laxe e o Camelle-Ameixenda.

En Xuvenís polo sur, o líder XSC terá que enfrontarse a un Mazaricos que chega con moita forza a tan só 1 punto, mentres que o Dumbría recibe a un Cee en proceso de mellora; e o Fisterra ó Outes. Ademais, por abaixo, Soneira ou Esteirana, ou ambos, estrearán o seu marcador.
Polo Norte, coa igualdade como protagonista, haberá varios choques directos entre os de arriba, como o Cabana-Baio, o Ponteceso-Laxe (que se adianta ó venres) ou o Malpica-Coristanco.

Reunión do Clube Cosa da Morte cos Técnicos municipais

O Club Deportivo Costa da Morte informa, que o vindeiro venres 5 de outubro de 2012, terá lugar no terceiro andar da Casa do Concello Vimianzo, as 10:30 horas, unha reunión dos Técnicos Deportivos Municipais e responsables de deportes dos Concellos de Camariñas, Corcubión, Carnota, Cee, Fisterra, Dumbría, Vimianzo e Muxía.

Tratarase o Informe do delegado de zona sobre trasporte, arbitraxes... para as competición de deporte en idade escolar patrocinadas pola Xunta de Galicia. Artellarase ademais as Liga de fútbol sala de base Costa da Morte tempada 2012-2013 e as Xornadas de patinaxe en idade escolar.

E sen máis, repasamos os partidos:

Preferente Norte, xornada 7

Laracha 07/10 - 12:00 Xallas StComba
Grixoa 07/10 - 16:30 Soneira
Taboada 07/10 - 17:30 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 6

Fisterra 06/10 - 16:30 Ponteceso
Lamela 06/10 - 17:00 Camariñas
Malpica 07/10 - 16:00 Puebla

2º Autonómica, xornada 6

Cabana 06/10 - 18:00 Sofán
Esteirana 07/10 - 16:30 Montelouro
Dumbría B 07/10 - 16:30 Baio
San Lorenzo 07/10 - 16:30 Muros
Cee 07/10 - 16:30 Mazaricos
Corcubión 07/10 - 16:30 Zas
Castriz 07/10 - 16:30 Outes
Buño 07/10 - 17:00 Corme
Volantes 07/10 - 17:00 Carnota

3º Autonómica, xornada 6

Camelle 06/10 - 16:30 Muxía
Ameixenda 06/10 - 16:30 Xaviña
Soneira B 06/10 - 16:30 Coristanco
Porteño 06/10 - 17:00 Laxe
Castrelo 06/10 - 18:00 Corcoesto
Lira 07/10 - 16:30 Fisterra B
Baíñas 07/10 - 16:30 Cerqueda
Nantón 07/10 - 16:30 Alcaián
  • Descansa o Independiente Carballo.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 6

Soneira 06/10 - 11:00 Esteirana
Xallas StComba 06/10 - 12:00 Mazaricos
Muros 06/10 - 16:30 Corcubión
Outes 06/10 - 16:30 Fisterra
Dumbría 06/10 - 16:30 Cee

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 6

Ponteceso 05/10 - 20:00 Laxe
Camariñas06/10 - 11:15 Zas
Cabana 06/10 - 16:00 Baio
Corme 06/10 - 16:30 Muxía
Malpica 06/10 - 16:30 Coristanco

Liga Galega Cadete, xornada 4

Villalbés06/10- 17:00Dumbría
BergantiñosCalasanz

Liga Galega Infantil, xornada 4

Lugo06/10- 12:00Dumbría
Bergantiños07/10- 12:00Orillamar

Liga Infantil, xornada 3

Os Miudos 06/10 - 10:30 Outes
Cee 06/10 - 12:00 Sofán
Xallas StComba 06/10 - 16:30 E.M.F. Vimianzo
Baio 07/10 - 10:30 Esteirana
Corme 07/10 - 10:30 Cabana
Muxía 07/10 - 10:30 Fisterra
As Baleas 07/10 - 10:30 Ponteceso
  • Descansa o Coristanco.

Ligas de Veteranos, xornada 4

1ª División

Soneira 07/10 - 10:00Xv. Bergantiños
Bergantiños 07/10 - 10:00 San Román
Ponteceso 07/10 - 11:00 San Lorenzo
Nantón 07/10 - 11:00 Vimianzo
Coristanco 07/10 - 11:00 Camariñas
Corcubión Vet. 07/10 - 11:00 Castriz
Zas 07/10 - 11:00 Baio
Cabana 07/10 - 12:00 Bértoa

2ª División

Porteño 07/10 - 11:00 Leiloio
Corcoesto 07/10 - 11:00 Camelle
Cerqueda 07/10 - 11:00 Dep. Carballo
Agualada 07/10 - 11:00 Buño
Malpica 07/10 - 11:00 Corme
Poniente 07/10 - 11:00 Laxe
Sofán 07/10 - 12:00 At. Milagrosa

Fútbol Sala Feminino

- Fisober Concello Vimianzo - Valdetires de Ferrol: sábado 6 de outubro ás 19:00 h no Pavillon Municipal de Vimianzo.


Tenis de mesa

- Sábado 6 ás 16:00h – Club del Mar Xuvenil – Anorthosis Vimianzo.
- 18:30h – Club del Mar Xuvenil – Concello de Zas Aquacenit.


Balonmán

1ª Estatal: Calvo Xiria - Bueu At.: Sábado 6 ás 18:00h no Pav. Zona Escolar de Carballo.
- 1ª Autonómica: At. Guardés - Bm. Camarilas: Domingo 7 ás 12:00h no na Sangriña.
- 1ª Autonómica Feminina: Seis do Nadal - C.B. Balonmán Encaixe: Sábado ás 18:15h no Pavillón de Coia, Vigo. As xogadoras camariñanas buscan dar continuidade á melloría amosada na última xornada, cando empataron co Caselas demostrando unha liña ascendente no seu xogo


Voleibol

Volve o volei con 5 equipos e coma novidade o xuvenil masculino estrea liga galega.

Este domingo no Pabillón municipal de Dumbria inagurase a tempada de volei con cinco partidos de Liga Galega.

  • 10:30 Infantil masculino: Manuela Rial - Burgas Voley de Ourense.
  • 11:30 Infantil femenino: Manuela Rial - Pinguela de Monforte.
  • 12:00 Cadete masculino: Volei Dumbría - Burgas Voley de Ourense.
  • 13:00 Cadete femenino: Volei Dumbría - Pinguela de Monforte.
  • 13:30 Xuvenil masculino: Volei Dumbría - Burgas Voley de Ourense.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios