Axenda futboleira dunha nova fin de semana de Entroido

Nova fin de semana co Entroido como gran rival (que llo digan aos equipos de Bergantiños ca Mikaela.... Pero os equipos da volta non caen e malia que dan chuvias para o domingo (non tanto para o sábado) a xornada prevese fantástica.

Comezamos o repaso da Previa pola Preferente - Senra Sport, onde os nosos queren romper a liña negativa das últimas xornadas. Intentarano na casa, e se o XSC recibe aun parello O Castro, ao Dumbría tócalle recibir no Conco a un dos que pelexan polo título, o Galicia Mugardos.

Noxa xornada con derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, e co derbi dos dous mellores equipos costeiros, ata agora, da competición. O Baio recibe ao Sofán no Platas Reinoso, con 6 puntos de diferencia entre ambos e co Sofán necesitado de gañar se quere manter o pulso con Unión e Villestro, despois de perder o liderato a semana pasada tralo derbi co Soneira. Precisamente o cadro soneirán pode devolverlle o que lle quitou ao cadro sofanista se vence ao Unión en Vimianzo. Ademais, o Malpica tamén pode remar na mesma dirección se vence ao Puebla, o 4º a 1 só punto dos carballeses.
Xa pola zona baixa, choques importantes para os nosos. A Esteirana quere confirmar a reacción nun choque directo ante precisamente un Amio que marca a salvación, e que ten 12 puntos máis que os muradáns. Atento estará o Corme, aínda en postos de descenso a 1 punto do Amio, e que non pode fallar ante o Flavia noutra finalísima pois o cadro padronés só ten 3 puntos máis que a marea azul.

A xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra trae grandes choques por arriba e por abaixo. Por arriba, o líder non pode fallar ante a visita do Carnota. Por detrás, o Outes recibe a un Ponteceso á alza; o Zas viaxa ás Redondas e o Castriz, con Gelucho botando unha man a Esteban Blanco no banco, visita a un necesitadísimo Camelle. Coloridos serán os duelos entre Volantes e Mazaricos, emais o choque entre Fisterra e o embalado Camariñas.
Por abaixo, nova final para o Montelouro na Grixa, ante un Porteño con 6 puntos máis. E tamén para o Cee, que non quere seguir preocupado da zona baixa, pero de caer ante o Seaia se verá enfangadisimo.

A xornada 24ª da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, chega cunha novidade importante nos bancos. Pato colle o relevo no Ameixenda trala dimisión de Manolín, xusto para recibir ao Corcubión, nun partido que pode ser determinante para abrir unha fenda case insalvable e case que asegurar o ascenso. Máis do mesmo para o Cerqueda, que de gañar ao Muxía e de caer o Corcubión tería alomenos 14 puntos de marxe cando quedan 10 partidos. Na pelexa pola promoción, o Nantón-Coristanco será duelo directo, cun ollo para ver o que fai o Muxía en Cerqueda, ante un líder con xa leva 9 vitorias seguidas.

De xuvenís e base

Arrinca a segunda volta da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. E trala xornada pasada, Os Miúdos quere afianzar ante o Porteño a súa candidatura a acompañar a un Dumbría que parece implacable e que recibe ao Cabana. O choque que parece máis igualado será o Camariñas-XSC.
Ademais, nova, unha máis despois da do Martes de Entroido, na Liguilla da Copa.

Mentres, viaxa o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría a Compostela, e o XSC da Liga Galega Cadete, algo máis necesitado, a Vilalba. Ademais, o Dumbría da Liga galega Infantil, que non perde a ilusión, recibe ao Residencia no Conco.

E quedan só 4 xornadas para o remate das Ligas comarcais, co Corme e Cabana mantendo a pelexa na 1ª Cadete e o XSC escapa nos Infantís, co Fisterra moi atento.

E seguen as Ligas de F8 Alevín e Benxamín Costa Sur, a unha semana de que arrinquen, por fin, as Ligas F8 Costa Norte.

Os Veteranos

Descansa o líder da 1ª División dos Veteranos, o San Román, e o Hosgran quere aproveitar para alcanzalo aínda que sexa cun partido máis, pero terá que superar ochoque ante un Dumbría que a menos nas últimas xornadas. Poderase achegar tamén o Coristanco, se vence en Ponteceso.

Mentres, na 2ª División, ao que lle toca descansar é o 2º, un Erbecedo que poder como o Porteño e o Corcoesto se lle achegan na táboa. O líder, o Agualada, terá un choque asequible ante o Vimianzo.

Preferente - Senra Sport, xornada 25

Xallas StComba22/02 - 16:30Castro
Dumbría22/02 - 17:00Gal. Mugardos

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 24

Unión22/02 - 16:30Soneira
Amio22/02 - 16:30Esteirana
Puebla22/02 - 16:45 Malpica
Flavia22/02 - 17:00Corme
Baio22/02 - 17:00Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 24

Porteño22/02 - 16:15Montelouro
Camelle22/02 - 16:15Castriz
San Lorenzo22/02 - 16:15Carnota
Fisterra22/02 - 16:15Camariñas
Seaia22/02 - 17:00Cee
Volantes22/02 - 17:00Mazaricos
Outes22/02 - 17:00Ponteceso
Baíñas22/02 - 17:00Buño
Cabana22/02 - 18:00Zas

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 24

Castrelo21/02 - 16:30Laxe
Ameixenda21/02 - 17:00Corcubión
Nantón22/02 - 16:15Coristanco
Cerqueda22/02 - 17:00Muxía
  • Descansa Lira.

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6

Os Miudos21/02 - 16:15Porteño
Camariñas21/02 - 16:15Xallas StComba
Dumbría21/02 - 17:00Cabana

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 6

Castriz21/02 - 16:15Ponteceso
Outes21/02 - 16:15Zas
Corcubión21/02 - 16:15Baio
Cee21/02 - 15:15 Muxía
Esteirana21/02 - 12:00Corme
Fisterra21/02 - 12:00Malpica
  • Descansa Coristanco.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 24

S.de Compostela21/02 - 12:00 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 24

R.C. Villalbés22/02 - 11:30 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 2

Dumbría21/02 - 11:30 Residencia

1ª Cadete, xornada 23

Outes21/02 - 10:00Corme
Cabana21/02 - 10:30Muxía
Sofán21/02 - 16:00 Fisterra
Baio22/02 - 10:00Coristanco
Os Miudos22/02 - 11:00Cee
As Baleas22/02 - 12:00Esteirana
  • Descansa Ponteceso.

1ª Infantil, xornada 23

Ponteceso21/02 - 16:00 Sofán
Coristanco22/02 - 10:30Vimianzo
Fisterra22/02 - 10:30Cee
Corme22/02 - 10:30Cabana
Esteirana22/02 - 10:30Outes
Zas22/02 - 11:00Xallas StComba
  • Descansa Os Miúdos.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 15

Os Miúdos A 18/02 - 16:30Dumbría B
Cee A21/02 - 11:00Fisterra
XSC A21/02 - 10:30Dumbría
Esteirana B21/02 - 11:00Esteirana A
As Baleas21/02 - 12:00Lira
Sofán21/02 - 16:00 Cee B
Os Miúdos B22/02 - 13:00 Outes A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 14

Sofán21/02 - 18:30Cee B
XSC A21/02 - 11:30Dumbría
As Baleas21/02 - 11:30Lira
Cee21/02 - 12:00Fisterra
XSC B21/02 - 12:30Esteirana
Miúdos B22/02 - 12:00Outes

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 22

Laxe22/02 - 10:00Cabana
At. Milagrosa22/02 - 10:00Baio
Dumbría22/02 - 11:00Hosgran
Soneira22/02 - 11:00Bértoa
San Lorenzo22/02 - 11:00Castriz
Ponteceso22/02 - 11:00Coristanco
Xv. Bergantiños22/02 - 11:00Zas

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 22

Cerqueda22/02 - 11:00Sofán
Poniente22/02 - 11:00Camariñas S.D.V
Malpica22/02 - 11:00Corcoesto
Nantón22/02 - 11:00Dep. Carballo
Leiloio22/02 - 11:00San Isidro-Razo
Porteño22/02 - 11:00Buño
Agualada 22/02 - 11:00Vimianzo
  • Descansa Erbecedo.

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).