Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Soneira toma o Carral

1ª Autonómica: O Soneira toma o Carral
Partidazo de brega no Carral entre Sofan e Soneira-Foto-Diego Lado

Foi o Soneira, a besta negra este ano dos sofanistas, o primeiro en levar os 3 puntos do Carral, tras esta 23ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Un Carral do que só se escaparan 2 puntos no que va de Liga, pero que leva dúas xornadas sen gañar, confirmando así o pequeno baixón do cadro carballés. Pero avisan os de Josito, que non o descarten, que aínda están a 3 puntos do liderato.

Boas novas para a parroquia esteirá. A volta de Dani Rama e Kike Paluca aos terreos de xogo serviu para sumar 3 puntos que se resistían dende as últimas 9 xornadas.
E boas para o Corme que sumaba 3 puntos que o achegan máis aos postos de salvación.

Tamén o Baio sumou unha boa vitoria tras dúas derrotas seguidas, manténdose no segundo grupo. O que non sumou foi o Malpica, nun estrano encontro en Pedra Queimada que tivo na man.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Esteirana - Piloño (1-0)

  • ESTEIRANA: Fabio (Andel, min.46), Code, Simón, Dani Rama, Sui, Serrano, Martín, Adrián (Alberto, min.60), Álex (Uru, min.80), Kike Paluca e Róber Pladur.
  • Gol: 1-0, min.2: Róber Pladur a pase de Kike Paluca.
  • Lesión: Fabio.

Gran vitoria da Esteirana na casa, para celebrar a volta de Dani e Kike. O cadro de Pedrosa adiantouse pronto co gol de Róber Pladur a pase de Kike Paluca. Pero as cousas se complicaban. O Piloño comezaba a estirarse e se ben non tiveron ocasións claras, si que merodeaban a metad e Fabio. Un Fabio que se lesionaba, tendo que saír Andel ao campo e meténdose Simón baixo paus. Pero non sufríu a Esteirana, e Simón salvou a única ocasión do Piloño en todo o partido na segunda metade.

Os esteiráns puideron matar o choque en varias ocasións, pero Adrián e Martín na primeira, e Kike na segunda metade e Róbner con 3 ocasións non foron quen de sentenciar.

Quedan os as 12 puntos da salvación. Agora, toca seguir pelexando ata o último segundo!


Baio - Flavia (2-0)

Imaxe do Baio-Foto-Santi Soneira
  • BAIO: Dani, Jose, Porto, Ramón, Norber, Bieito, Martín (Silvariño, min.89), Saleta (MC, min.84), Christian e Rubio (Fachal, min.57).
  • Goles: 1-0, min.2: Martín aproveita un balón na área e o clava pola escuadra; 2-0, min.40: Norber remata un centro no segunfo pau.
Imaxe do Baio-Foto-Santi Soneira

Partido controlado e vitoria xusta dun Baio moi superior ao Flavia. O cadro de Félix traballou arreo e superou a chuvia e ao rival en todas as facetas. O campo do Platas Reinoso estaba demasiado encharcado, e o fútbol non puido ser tan combinativo como lle gusta aos baieses, pero a base de empuxe chegaron as ocasións. Xa ao segundo minuto, unha xogada por banda dereita acababa cun centro que se atopaba Martín e a clavaba para facer o 1-0. Non se recuperaba o cadro padronés, que vía como tras unha igualada primeira metade, Norber ampliaba a renda case que matando o partido antes do descanso.

Na segunda, o Flavia intentou reaccionar pero os baieses estiveron tremendamente seguros. A defensa apenas permitiou ocasións claras, e as que tiveron os visitantes foron malogradas por un gran Dani baixo paus.

Ademais, outra boa nova para os baieses foi que MC voltaba aos terreos de xogo tras varias semanas de lesión. E case marca!!

Aquí quedan os goles da man de Santi Soneira, coma sempre:


Malpica - Bertamiráns B (2-3)

11 do Malpica ante o Bertamirans B-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Juan Rabuñal, Alemán, Fernando Varela, Joel Pereiro, Cheo, Cololo, Martín Mara (Piloto, nin.60) e Rodrigo (Esteban, min.52).
  • Goles: 1-0, min.40: Martín Mara de rito raso a centro de Adrián; 2-0, min.41: Cololo recibe un pase atrás de Cheo, fai un cano ao defensa e bate ao porteiro; 1-2, min.45; 2-2, min.55; 2-3, min.76.
  • Incidencias: A anécdota do partido ocorreu no m. 30, cando o colexiado Fernández Blanco e o visitante Seoane, chocaron fortuitamente, quedando mal parado o sr. colexiado cunha forte escordadura de nocello o cal despois de 15 m. co xogo parado, continuouse este coa arbitraxe do asistente Miño Rojas.
Lesion do colexiado no Malpica-bertamirans B-Foto-Wash Calvo

Non ten sorte o Malpica. Despois de ir gañando por 2-0, o Bertamiráns B, que tivo no total do partido catro ocasións (as tres máis claras foron os goles) e por tanto unha eficacia tremenda, remontou con goles psicolóxicos no último minuto da primeira parte e nos primeiros da segunda, mostrando o Malpica certa debilidade defensiva.

O Malpica fallou considerable número de ocasións diante da portería contraria, ademais dun penalti que o árbitro sustituto non quixo ver cando un defensor desvía ca man, separada do corpo, un centro de Cheo. Tamén anularon un gol a Esteban por un fora de xogo bastante dubidoso.

Non hai sorte cas arbitraxes, valoran por Malpica, que viron como no último minuto, un xogador visitante agrede a ao localo Adrián, fórmase unha tangana e o expulsado foi Juanjo Rabuñal, cando todos os siareiros malpicáns esperaban a expulsión do visitantes.

Malpica-bertamirans-B-Foto-Wash-Calvo

Sofán - Soneira (1-2)

Sofan-Soneira no Carral-Foto-Diego Lado
  • SOFÁN: Lerma, Javi Souto, Marcos Pensado, Rubén, Pablo Martínez, Míchel, Eloy Boedo, Bertín, Luís, Brais (Iván Rojo, min.70) e Raúl.
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran de Urroa, Maikel, Brais Mouzo, Alberto, De la Sierra (Mayor, min.61), Brais Triñanes (Quilmes, min.89), Richi (Nazo, min.77), Basti (Iván Chans, min.88) e Javi.
  • Goles: 1-0, min.55: Pablo Martínez; 1-1, min.63: Javi remata un centro de Brais Triñanes tras unha gran xogada deste; 1-2, min.87: Basti a pase de Brais Triñanes nunha contra tras un roubo no medio campo.
Sofan-Soneira no Carral-Foto-Diego Lado

Partidazo auténtico no Carral, demostrando que o Fútbol da Costa é pura épica. Campo enlamado e dous equipazos con todo para entregar, en canto a loita pero tamén a calidade. Foi un choque moi igualado, con ocasións para os dous bandos, que se deciciu no último suspiro gracias á claridade de Brais Triñanes, clave nos dous tantos vimianceses.

A primeira metade foi igualada, cun Soneira algo máis entonado na que tiveron tres mans a mans con Lerma. Foi o veterano porteiro o que lle gañaba a partida aos puntas visitantes neste primeiro treito de partido. A SD foi atopando o seu sitio e a primeira metade acabou co meta Anxo de protagonista cun paradón a Raúl.

Vibrante foi o segundo tempo. Arrincaba co tanto da SD e parecía que se puña de cara, cando Berti anotaba pero o seu gol era anulado. Pero o Soneira, lonxe de virse abaixo, recupero folgos. Unha gran xogada de Triñanes abriu o golazo de Javi para facer o empate. Aí puido caer o partido dos dous lados. Javi mandaba ao longueiro un centro chut para o Soneira; Lerma saca un remate de Richia “bocajarro”; Bertín ten dous remates para a SD… Pero era Basti, nunha contra e tras un roubo no medio campo do que non soe conceder o cadro carballés, o que facía o definitivo 1-2 no marcador.

Sofan-Soneira no Carral-Foto-Diego Lado Sofan-Soneira no Carral-Foto-Diego Lado O Soneira celebrando a vitoria nos vestiarios do Carral

Corme - Puebla (2-1)

Corme-Puebla-Foto-Fin Lema
  • CORME: Suso, Adolfo, Pandi, Toniño, Dani, Adrián Doldán (Jose, min.75), Sergio Sueiro, Brais, Lucas, Juan Chans (Joshua, min.80) e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.15: Sergio Sueiro; 2-0, min.25: Alejo de penalti; 2-1, min.47.
  • Expulsións: 4 xogadores visitantes por varias entradas por detrás a destempo.

Con 7 acabou o Puebla no campo despois das 4 entradas sen xeito dos seus xogadores aos cormeláns. Un feito que non impide disfrutar ao cadro de Lentejo de 3 necesarios puntos para seguir pelexando pola permanencia. Non lle falta fútbol ao cadro azulón, fáltalle nos últimos dous meses algo de sorte, pero a parroquia sabe que xogando así non haberá problema e conseguirán manter a categoría.

Onte dominaron todo o partido, desquiciando ao rival, pero a pesar de que quedou con 7 non souberon matar o partido e a invertidume estivo presente ata o final. Queda o Corme na 3ª posición de descenso, a 1 punto de Lesende e Amio, pero é que o Malpica, na 9ª praza, ten só 5 puntos máis que os cormeláns.

Alejo marca de penalti ao Puebla-Foto-Fin Lema

Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios