Martes. 07.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas

2ª Autonómica: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas
O Montelouro celebrou unha vitoria importantisima ante o Seaia-Foto-Edu Olveira Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Estaba marcada esta xornada polo partido da zona baixa entre Montelouro e Seaia. Era unha finalísima para os de Marcelo, que de perder quedarían a 6 puntos do descenso. Pero o gol de Raúl ao fío do remate deixa a 2ª Autonómica - ES Bazarra, completamente aberta. Sempre, sen ter en conta os dous posibles arrastres da 1ª.

Por arriba parece que o segundo grupo vén con forza. Exemplo claro é este Camariñas, que sumaba, ante o líder a súa 5ª vitoria seguida, cunha demostración de intensidade impresionante. Non sufríu de todo o San Lorenzo, pois os Outes, Zas e Castriz empataban, quedando o grupo en só 4 puntos.

Por detrás, Volantes, Mazaricos e ollo co Baíñas, moi reforzado, e aínda a só 11 do liderato, aspirando a todo.


Carnota - Camelle (2-1)

Ana Peres debutou como segunda no Camelle-Foto-XurxoMBR para o blog da SD
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Raúl, Nakata, Niko, Iván, Manuel Luís e Cano.
  • CAMELLE: Jimmy, Alberto, Gemelo, Macho, Peseta, Pietrus (Josecho, min.50), Mario, Brais, Tonsón, Dimitri e Sergio.
  • Goles: 1-0, min.30: Manuel Luís ás costas da defensa; 1-1, min.60: Josecho marca un golazo de falta pola escuadra; 2-1, min.75: Manuel Luís ás costas da defensa.
  • Lesión: O camellán Brais que deixou aos seus con 10 case toda a segunda metade.

Con 12 chegou o Camelle a Lombáns. Segue tendo moitos problemas de efectivos o Camelle e iso se nota na clasificación. O Carnota deu un paso importante deixando o descenso a 9 puntos de distancia. Polo menos, o equipo camellán disfrutou do debut no banco da segunda adestradora, Ana Peres.

O partido foi bastante bonito, cunha primeira metade máis dominada polos de Cambeiro, que tiveron boas ocasións de Manuel Luís e de Cano, e con Pedro e Manolo Chouza subindo nas xogadas de estratexia. Non estaba Míchel que tiña compromiso no Entroido vimiancés. O equipo camellán mantiña beno tipo e entraba polas bandas con perigo, como as primeiras ocasións de Dimitri.

Pero foi Manuel Luís nun balón ás costas da defensa o que se metía por diante, nunha xogada na que os visitantes pedían fóra de xogo. Antes do descanso os visitantes volveron protestar unha decisión arbitral cando despois dun cabezazo de Dimitri, o balón lle cae a Sergio que chuta e un defensa salva o gol, ao entender dos camelláns, coa man.

Foi polo partido o cadro de Varu na segunda e Josecho facía a igualada co golazo da tarde. Non lle valía o empate aos camelláns e seguiron enriba, pero nunha contra Manuel Luís collía á defensa adiantada e non fallaba ante Jimmy para facer o segundo. Quedaba con 10 o Camelle pola lesión de Brais, e aínda así o intentou, sen fortuna.


Ponteceso - Volantes (3-3)

11 do Ponteceso ante o Volantes-Foto-SD
  • PONTECESO: Sergio Fariña, Diego Collazo, Dani Cotelo, Moscoso, Kevin, Mendieta, Alberto Recarey, Ismail (Martín Puente, min.45), Dieguito, Christian Martínez (Eloy, min.48) e Brais.
11 do Volantes no Pinguel-Foto-SD
  • VOLANTES: Rubén, Brea, Picho, Varo, Miguel, Ivi, Mingos (Edu), Óscar, Moja, Brais e Piti.
  • Goles: 0-1, min.48: Piti tras unha xogada con Ivi e Óscar; 1-1, min.52: Brais de fermosa volea; 1-2, min.57: Ivi de penalti; 2-2, min.70: Dani Cotelo; 2-3, min.Edu; 3-3, min.95: Mendieta.
  • Expulsións: o visitante Moja, e os dous adestradores, o local Barca e o visitante, que era Chisco.
Capis do Volantes e Ponteceso-Foto-SD

Menudo partido o vivido no Pinguel. De infarto, cun pouco de todo, con protagonismo para un colexiado que non giustou nin a uns nin a outros. O Volantes meteuse ata 3 veces por diante, pero o cadro pontecesán soubo responder a cada golpe e conseguíu empatar nas 3 ocasións.

A primeira parte foi bastante aburrida, moito xogo no medio campo e moi embarullado, cun gol anulado aos visitantes antes do descanso a Mingos por suposta falta ao porteiro. Chegábase ao descanso baixo unha chuvia intensa.

Arrincou o espectáculo na segunda metade, con goles, polémica e gran xogo polos dous bandos. Pití abría a lata tras unha gran xogada dos larabxas, pero pouco despois Brais marcaba un golazo de volea. O colexiado sinalaba un penalti que non gustou aos locais e que Ivi non marraría, e pouco despois eran os laranxas os que proitestaban polo posible fóra de xogo de Dani Cotelo no empate a 2.

Quedaban menos de 10 minutos cando Edu facía o terceiro, e tocaba remar de novo para o cadro local, que con varios minutos (excesivo desconto para os laranxas) o Ponteceso saca unha falta (tamén protestada polos visitantes) que remacha Mendieta para facer o empate.

Ponteceso-Volantes nun Pinguel encharcado-Foto-Sd

Este é o segundo gol do Volantes, de penalti.


Baíñas - Outes (1-1)

  • BAÍÑAS: David, Braulio, Mario, Luís, Héctor, Jaime (Cristian, min.60), Esteban, Eloy Vilas, Iván (Mata, min.62), Eloy Cabeza e Pablo Muíño (Llanero, min.70).
  • OUTES: Gato, Jura (Álvaro), Rafa, Róber Amoedo, Chúa, Martín (Samuel), Chía (Martín lago), Davi, Piki (Babu), Santi (Elías) e Yago.
  • Goles: 1-0, min.52: Pablo Muíño tras unha boa xogada por banda; 1-1, min.77: Davi de penalti.
  • Expulsión: o visitante Amoedo no min.15.
  • Lesión: o visitante Martín lago sufríu unha mala caída e pasou a noite no Hospital.

Partido igualado con ocasións para os 2 lados na primeira parte, pero na que non se moveu o marcador. Foi un choque marcado polo mal tempo e pola tempraneira expulsión de Róber Amoedo tras un choque con Pablo Muíño, que debutaba no cadro de pablo Mallón, un equipo que está collendo visos de meterse na pelexa por todo, tendo en conta que o bravo dianteiro de Baíñas foi substuído por todo un Llanero, ante as baixas de Javi Suárez e Tasky.

O cadro da Serra demostrou ser capaz de adaptarse ás adversidade e xogou con 10 máis de 75 minutos, sen perdela cara do partido. Arrincou a segunda metade cun Baíñas máis metido e Pablo marcaba o día do seu debut. O cadro da Serra o intentaba con balóns directos, e se atopou cun penalti protestado polos locais. Aínda tivo Mario no desconto unha ocasión para darlle o partido a uns locais que se ben consideran que foi un partido de empate, cren que o colexiado foi clave.

”Esta plantilla estanos a facer disfrutar dun bo ano”, recoñece encantado o míster Manu Roque tras 13 partidos sen coñecer a derrota.


Montelouro - Seaia (3-2)

Ocasion para o Seaia ante o Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • MONTELOURO: Isma, David (Edu, min.60), Abel (Benja, min.70), Pablo, César, Dani Corniños, Geico, Pesco (Raúl, min.80), Riki; Gelo (Pepe, min.85) e Dani Deza.
  • SEAIA: Jesús, Adrián, Dimaga (Juni, min.70), Miguel, Parga, Eme (Manuel, min.70), Adra (Zala, min.75), Juni, Javi, Felipe e Richard (Camilo, min.65).
  • Goles: 1-0, min.30: Dani Deza; 1-1, min.48: en propia meta; 1-2, min.55: Juni colle nunha contra; 2-1, min.65: Dani Deza nun rexeite ao borde da área; 3-2, min.88: Raúl cun remate de cabeza cun globo tras varios rexeites nun córner.
  • Expulsións: os malpicáns Miguel no min.85 e Dimaga min.95.

Tivo que sufrir, coma sempre, o cadro loureán pero disfrutou dunha vitoria que o mantén moi vivo, quedando agora a 3 puntos do propio Seaia, o equipo que marca a salvación, iso si, co golaverage individual a favor dos malpicáns..

Comezou o partido cun Seaia ben metido, creando ocasións e chegando a portería local. Geico mandou ao longueiro para meterse co 2-0, pero nada máis comezar a segunda, saía o Seaia a por todas e empataba o choque nunha xogada desafortunada da defensa local. E pouco despois, Juni collía nunha contra e metía por diante aos visitantes, pero o Seaia non soubo xogar co marcador a favor.

Chegaron ocasións para ambos bandosc, e se Dani Deza mandou dúas faltas aos paus, o Seaia tivo 3 contras para sentenciar, pero aí estivo o porteiro Isma que foi un dos protagonistas. E se hai que falar de protagonistas hai que falar de Raúl. Despois do empate de Dani Deza, saía Raúl, un dos menos habituais, ao campo, e nunha xogada embarullada, na que os visitantes pedían fóra de xogo, Raúl metía a cabeza, o balón subía nun globo e colábase na meta visitante, saltando o delirio no Eleuterio Balayo, deixando a Liga moi aberta.

O domingo nova final para os de Marcelo, contra un Porteño que só ten 7 puntos máis que os loureáns.

Raul anotou o gol da sufrida vitoria do Monte Louro-Foto-Edu Olveira

Camariñas - San Lorenzo (2-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Darío, Martín Kanga, Pereira, Moriño, Ismael, Javi (Denís, min.75), David (Saviola, min.60), Sule (Martín, min.85) e Yuyo.
  • SAN LORENZO: Puyol, Javi Puñal (Anxo, min.85), Adrián Varela (Álex Taibo, min.65), Pablo Novo (Fuentefría, min.70), Rudi, Álex Figueiras, Parafita, Schuster (Cachizo, min.80), Joaquín (Javi Pensado, min.60), Adrián Fraga e Juni.
  • Goles: 1-0, min.57: Sule rematando un centro de Javi; 2-0, min.83: Denís aproveita o rexeite a un tiro de Yuyo.

Como está este Camariñas, o equipo máis en forma da categoría tras sumar a súa 5ª vitoria consecutiva ante todo un líder. E o fixo nun partido vistoso, de xeito xusto ante un San Lorenzo que leva unha mala xeira de resultados fóra da casa e parece que lle entrou o medo a gañar, agora que ten o ascenso nas mans.

O Camariñas mandou dende o comezo, pero a primeira metade foi máis igualada. Os de Pedro Gómez tiveron 3 chegadas de Juni, Joaquín e Parafita, pero a inercia era que as segundas xogadas e os balóns divididos sempre caían nos pés dos camariñáns, tremendamente intensos, tremendamente metidos no partido.

Arrincaba a segunda metade co gol de Sule, e puido chegar a sentenza con varias acións e un posible penalti que non silanou o colexiado. Antes do segundo, puido chegar o empate nunha xogada embarullada nun remate de Rudi, pero Denís facía a sentenza pouco despois.

Gerpe quere destacar o enorme esforzo dos seus, e Pedro quere intentar cambiar a liña de 4 derrotas seguidas fóra da casa.


Mazaricos - Fisterra (2-0)

  • MAZARICOS: Marcos, Chico, Ramón, Matías (Tuco), Miguel (Ferreiro), Esteban (José Manuel), Ricardo, Pereiro, David, Chenel e Estéfano.
  • FISTERRA: Norberto, Dani, Manuel Cartamil, Julito, Piti, Guardiola, Eddy, Pablo Lestón, Rodri, Aitor e Mané. Tamén: Breixo, Yeray, Neé e Gabri.
  • Goles: 1-0, min.21: Chenel de tiro cruzado; 2-0, min.44: Pereiro a centro de Esteban.

Bonito partido entre amarelos e verdes, que rematou con vitoria local. Foi un choque marcado polo temporal, cun Mazaricos de Néstor que saíu moi metido na primeira metade, con moita intensidade, recuperando balóns en zonas perigosas para o rival, e xerando ocasións claras de Estéfano, David ou Chenel, que precisamente adiantaba aos seus aos 20 minutos, tras unha boa temporada sen marcar. Pereiro facía o segundo ao fío do descanso.

O Fisterra saía forte na segunda metade pero non foi quen de remontar.


Buño - Zas (0-0)

  • BUÑO: Toni, Casais, Miguel Dourado (Dani, min.60), Diego (Víctor, min.85), Eloy; Santi, Jorge Calvete, David Dourado, Rubén (Emilio, min.70); Uru (Fran, min.46) e Juan Antelo (Neucha, min.46).
  • ZAS: Rizos, Martín, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo, Peque, Abel, David Blanco, Rubio e Álex Flores. Tamén: Diego, Tívoli, Manu, Dani e Fabián
Minuto de Silencio no Buno-Zas-Foto-Paula

Arrincaba o partido cun minuto de silencio polo falecemento da avoa do punta local Juan Antelo.

Posiblemente o partido rematou nun empate xusto pero pero debeu haber goles. Na primeira foi o Zas quen tuvo as mellores ocasións, facendo bo fútbol ademais, pero Toni estuvo inconmensurable. David Blanco, peque e Alex protagonizaron as mellores ocasións para os zaenses que pediron un penalti por posibles mans.

Na segunda tamén tuvo algunha o Zas pero os que perdoaron desta volta foi o cadro local, que mesmo mandou un balón ao longueiro. Neucha tivo unha das mellores e os locais tamén pediron unhas mans na área visitante.


Cee - Cabana (0-3)

  • CEE: Parroto, Jorge, Dani Freire, Jacobo, Borja (Hidalgo, min.60), Paco, Piquero, Josiño, Chiru (Andrés, min.70), Bruno e Leo (Isma, min.76).
  • CABANA: Añón, Charly, Iván de Treos, Dani Mato, Raúl, Diego (Manu Guillamet), Fernando (Adán), Moreno, Miky, Manolo do Cruceiro (Josiño) e Iván Mato.
  • Goles: 0-1, min.5: Charly remata unha falta lateral; 0-2, min.65: Iván Mato á contra; 0-3, min.89: Josiño noutra contra.

Tocou fondo o Cee con esta derrota que o deixa a só 7 puntos do descenso. O equipo de Rafa tiña unha proba de lume ante un Cabana moi necesitado e que podía deixar atrás e case esquecer os perigos da zona de abaixo. Pero un Cabana moi equilibrado, moi serio, ben armado atrás e sacando veloces contras, puido cun Cee que completou un partido moi mal.

Non tivo o día o cadro ceense e só daba a impresión de poder facer algo cando Bruno tiña o balón. Adiantouse o Cabana moi nunha falta lateral na que os ceenses pedían un fóra de xogo de Iván Mato previo ó gol. Pareceu mentras lle duraron as forzas a Bruno que podía chegar o empate, pero non puido coa poboada defensa cabanesa e o cadro local foise desesperando, e cada minuto que pasaba xogaba peor, con pelotazos directos sen sentido e cada vez menos precisión.

O Cabana esperaba e sacaba contras. Marcou o Cabana o 0-2 nunha contra despois dun despexe da súa defensa aos 20 da segunda e o terceiro case no desconto. Mentres, por bando ceense apenas unha xogada de Andrés que remata Bruno fóra pode ser destaca, para completar un día no que o Cee foi un equipo sen ningunha precisión no pase, sen ideas e sen ningunha intensidade.


Castriz - Porteño (1-1)

  • CASTRIZ: Diego, Alberto, Martín, Álex, Félix (David Velo), Bruno, Adrián Prol, Cili, Luís, Agra e Bolón.
  • PORTEÑO: Suso, Doyle, Gabi, Maikol, Caamaño, Roi, Iago, Anxo (Oli, min.65), Curra (Marcos, min.55), Cristian e Meu Lar (Xoel, min.75).
  • Gol: 0-1, min.18: Roi de cabeza por riba do porteiro; 1-1, min.85: Adrián Prol.
  • Expulsión: o local Agra na segunda metade.

Bo partido do Porteño de Roski e Alberto que rascaron un punto no dificilísimo campo de San Pedro. O Castriz, un dos favoritos a todo, fixo un bo partido, con bo xogo pero sen demasiadas ocasións, ante un cadro da ponte moi firme, que se adiantou pronto por medio de Roi e que mesmo puido ampliar a renda en dúas boas contras na primeira metade.

Tardou en reaccionar o cadro xalleiro e se ben dispuxo de varias ocasións para empatar durante a segunda metade, o gol non chegou ata que faltaban 5 minutos, cun tanto de Adrián Prol que salva un puntiño.

Dominou o Castriz, que tocou ben pero sen demasiada claridade. Curiosamente, crearon máis ocasións os de Esteban Blanco, cando quedou con 10, Cili avisou, Adrián Prol marcou o empate e el mesmo tivo a vitoria pero non deu chegado a un centro.


Crónicas da Liga da Costa

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios