Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros
 
           
Ecuador de xaneiro e facemos un novo repaso para ver como andan os Pichichis da Costa. O pasado mes viamos como os vellos rockeiros seguen na parte alta das clasificacións
E o facemos ca axuda das táboas da Federación, e de Luís Porto, que cada semana leva a conta dos goleadores, contrastando ademais a información das actas (non sempre acertadas) coas crónicas de QPC. De feito, cada luns, Luís repasa a crónica QPC e a acta, e nos traslada as incongruencias, que nós solventamos falando directamente cos protagonistas.
Destacamos, entre todos, un nome propio, o de Javi, punta xuvenil do Camariñas que leva 35 tantos co seu equipo (máis de 2 por partido), e xa marcou tamén cos maiores, cos que xogou xa 13 partidos.
Así que, sen máis, imos repasando nomes:
Pichichis da Preferente
 
Lonxe xa de Ramiro, da Sarriana, que leva 13 goles, e de Damián Vilela (Arzúa) e Adrián Quintela Becerra (Sada) que levan 12, atopamos aos máximos goleadores dos dous equipos costeiros. Segue sendoDoro, a pesar da lesión que o mantivo máis dun mes fóra dos terreos de xogo, o máximo goleador costeiro, con 6 tantos, os mesmos que Adrián Makaay
| Goleador | Equipo | Goles | 
| Doro | XSC | 6 | 
| Adrián Makaay | Dumbría | 6 | 
| Pablo Muíño | XSC | 5 | 
| Adrián Nieto | Dumbría | 4 | 
1ª Autonómica
 
Fantástica ponse a loita polo pichichi costeiro na 1ª Autonómica. I é que os Javi, Raúl e Iván Rojo achéganse aos Alejo e MC, que se manteñen no alto da táboa. Un Alejo, que cos seus 10 goles está empatado no máis alto da táboa do pichichi con Aitor, dianteiro do Agolada, sendo MC o 3º máximo goleador da categoría, e entrando os outros 3 na pelexa:
| Goleador | Equipo | Goles | 
| Alejo | Corme | 10 | 
| MC | Baio | 9 | 
| Javi | Soneira | 8 | 
| Raúl | Sofán | 8 | 
| Iván Rojo | Sofán | 8 | 
| Cololo | Malpica | 6 | 
| Basti | Soneira | 6 | 
| Róber Pladur | Esteirana | 5 | 
| Bieito | Baio | 4 | 
| Bertín | Sofán | 4 | 
| Bertín | Sofán | 4 | 
| De la Sierra | Soneira | 4 | 
| Brais Garrido | Baio | 4 | 
| Álex | Esteirana | 3 | 
| Pablo | Esteirana | 3 | 
| Pesco | Esteirana | 3 | 
| Alberto García | Esteirana | 3 | 
| Nazo | Soneira | 3 | 
| Alberto | Baio | 3 | 
| Brais Barreiro | Sofán | 3 | 
| Cheo | Malpica | 3 | 
2ª Autonómica
 
Segue Piti, o veterano punta do Volantes, sendo o máximo goleador da Liga da Costa. Preto ten xa a Javi Suárez, que desbancou ao tamén laranxa Espi (pero que esta segunda volta vai ter que faltar moitos partidos por motivos laborais) da segunda praza, e tamén ao camariñán Yuyo, impresionante cos seus 4 tantos da última xornada, que se coloca a só 3 do muradán.
| Goleador | Equipo | Goles | 
| Piti | Volantes | 18 | 
| Javi Suárez | Baíñas | 16 | 
| Yuyo | Camariñas | 15 | 
| Espi | Volantes | 14 | 
| Agra | Castriz | 12 | 
| Juni | San Lorenzo | 10 | 
| Iván Mato | Cabana | 9 | 
| Molinos | Mazaricos | 9 | 
| Charro | Buño | 8 | 
| Roberto Amoedo | Outes | 8 | 
| Chinda | Castriz | 8 | 
| Josiño | Cabana | 8 | 
| David Blanco | Zas | 8 | 
| Cristian Canosa | Porteño | 8 | 
| Leo | Cee | 7 | 
| Javi Pensado | San Lorenzo | 7 | 
| Aitor | Fisterra | 7 | 
| David Sampedro | Outes | 7 | 
| Chenel | Mazaricos | 7 | 
3ª Autonómica
 
Mantese o vello rockeiro nantonés Luís no máis alto da táboa, pero teno retrovisor posto pois chegan un par de corcubioneses moi fortes. Iago Lema leva xa 13 goles, e David Lourido leva 1º goles nos 8 partidos que disputou dende que voltou a Corcubión, pero xa leva un par fóra dos terreos de xogo por unha lesión. Iso si, pode que volve o domingo en Coristanco.
Mario, o punta corcubionés do Ameixenda, despois de descansar por unhas molestias no xeonllo, volverá probablemente esta fin de semana para o partidazo ante o Cerqueda, onde Darío e Martín tamén suma os mesmos 11 goles.
| Goleador | Equipo | Goles | 
| Luís | Nantón | 14 | 
| Iago Lema | Corcubión | 13 | 
| David Lourido | Corcubión | 11 | 
| Mario | Ameixenda | 11 | 
| Darío | Cerqueda | 11 | 
| Martín | Cerqueda | 8 | 
| Roi Caamaño | Castrelo | 8 | 
| Dani Pose | Laxe | 7 | 
| Juan Lagoa | Coristanco | 7 | 
| Oli | Lira | 7 | 
| Samu | Laxe | 6 | 
| Yanki | Lira | 6 | 
| Cristian | Ameixenda | 6 | 
| Sebas | Corcubión | 5 | 
| Javi | Lira | 5 | 
| Javi Floreal | Corcubión | 5 | 
| Borja | Ameixenda | 5 | 
| Gonzalo | Coristanco | 5 | 
Xuvenís, primeira fase
E quedou Javi Antelo, o Bicho do Camariñas, pichichi da primeira fase das Ligas Xuvenís. E o fai coa impresionante cifra de 35 goles en 17 partidos xogados… máis de 2 por partido.
| Goleador | Equipo | Goles | 
| Javi | Camariñas | 35 | 
| Juan de Dora | Dumbría | 25 | 
| Eloy | Ponteceso | 20 | 
| Adri Lema | Laxe | 17 | 
| Juan | Esteirana | 16 | 
| Pablo | Esteirana | 13 | 
| Sergio Barbeira | XSC | 12 | 
| Anxo | XSC | 12 | 
| Dani Mato | Zas | 10 | 
| Sergi | Camariñas | 10 | 
| Yago | Cee | 10 | 
| Jose | Muxía | 9 | 
| Kike | Corme | 9 | 
| Manu | Corme | 8 | 
| Maikel | Porteño | 8 | 
| Adrián | Porteño | 8 | 
| Marcote | Dumbría | 8 | 
| Veleiro | Outes | 8 | 
| Santi | Outes | 8 | 
| Martínez | Os Miúdos | 8 | 
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Arrincaron as segundas fases.
- Ligas Galegas: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- 2ª Autonómica: O Outes pode co líder.
- 1ª Autonómica: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas.
- Preferente: Metidos nun pano.
- Resultados e análise dunha xornada pasada por auga.
Novas relacionadas
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
- Os vellos roqueiros toman os pichichis.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Luís Porto.
 
       
       
             
             
         
           
          