Domingo. 12.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Sen perder a ilusión

Ligas Galegas: Sen perder a ilusión
Aluminios Dumbría, que cumpre 25 anos, patrocina as Ligas Galegas

Unha vitoria, un empate e unha derrota foi o balance dos equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. E a máis preocupantes, pero ao mesmo tempo, o máis esperanzador, foi precisamente a derrota dos dumbrieses no comezo do Play Off por evitar o descenso da Liga galega Infantil. Os de Huelvis e Pablo Conde saíron despistados e acabaron pagando unha dura derrota, deixando a salvación nos 16 puntos que marca o mesmo Ural, polos 5 cos que conta o Dumbría.

Mentres, os cadetes do Dumbría sumaron unha vitora importantísima que lles dá moita tranquilidade, mentres o XSC de Corredoira sumaba un punto que lle sabe a pouco, pero que o alonxa do descenso.


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 23

Dumbría - Ourense (3-1)

  • DUMBRÍA: Gabriel, Ayoze, Gabi, Pablo, Jose, Marcos, Josiño (Toja, min.68), Mario (Luís, min.53), Eloy (Xavi, min.46), Borja e Fabio (Adrián, min.68).
  • Goles: 1-0, min.5: Marcos Mouro non desaproveita un rexeite do porteiro a tiro de Borja; 2-0, min.45: Marcos Mouro remata unha falta; 3-0, min.67: Jose de penalti cometido sobre Xavi; 3-1, min.75: de penalti.

Importantísima vitoria conseguida polo Dumbría diante do Orense, colista da DH. Cadete, pero que chegaba a Dumbría cun equipo moi renovado e logo de conseguir a primeira vitoria da tempada a semana pasada diante do Lalín. O equipo de Juan e Joaquín saltaba ó campo do Conco coa única misión de conseguir os tres puntos, presionando ó rival no seu propio campo, controlando a pelota e dominando o xogo. Froito desde dominio chegaría o primero tanto dos locais no 5', Borja saca una falta e logo dun rechace a pelota recóllea Marcos Mouro que cun sutil toque bate ó cancerbeiro ourensá Pablo subindo o primero tanto dumbriés.

Buscaría o Dumbría o segundo gol e tería ocasións para facelo, Josiño no 10' e Eloy no 23' non conseguían marcar. Co 1-0 remataba a primera met de.

Xa no comenzo da segunda e no primero minuto outra xogada a balón parado, tamén botada por Borja encontraba ó mismo rematador, Marcos Mouro, conseguido o seu segundo tanto e o segundo para o Dumbría. O 3-0 chegaría logo dun penalti cometido sobre o debutante Xavi que despois dunha boa galopada foi agarrado dentro da área por un defensa visitante, o encargado de transformar a pena máxima era Jose no 67' subindo o tercero tanto para os locais. No 75',e despois de outro penalti, esta vez na área dumbriesa,cometido por Jose, Pablo Romero conseguía o tanto da honra para os ourensanos situando o 3-1 definitivo no marcador.


Liga Galega Cadete, xornada 23

Xallas StComba - Compostela (0-0)

  • XSC: Rubén; Rubén Suárez (Héitor), Alberto, Pablo, R; Raúl, Juanjo (Manuel); Juan Lois, Carlos Baio, Thiago e Grille.

Mereceu moito máis o XSC no seu encontro ante un Compostela que unicamente veu buscar o 0-0 e conseguiuno en base a un organizado labor ofensivo e o pouco acerto dos xalleiros á hora da definición final.

Os locais dominaron en todas as facetas do encontro, buscando o gol do triunfo, pero atopáronse cun rival que lle pechou todos os camiños cara ao seu portería. Pese a iso, os locais gozaron de varias oportunidades para haberse adiantado no marcador, especialmente na primeira metade, pero non foron capaces de materializalas en gol.

Ao final, un 0-0 que non premia o traballo dos verdenaranjas e que mantén a loita por eludir os postos de descenso.


Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 1

Ural - Dumbría (3-1)

  • DUMBRÍA: Juan (Breo, min.65); Samuel, Toni, Luis, Álex (Tajes, min.41); Brais Fdez, Moisés (Jhonny, min.75), Xan (Berto, min.47), Sergio (Ángel Sestayo, min.68); Adriàn e Mateo.
  • Goles: 1-0, min3; 2-0, min.8; 3-0, min.30; 3-1, min.60: Adrián de falta.

Se un afeccionado chegou o campo coruñés da Grela 1 as 12:10 da mañá (o encontro da crónica comezaba as 12:00h), tivo a ocasión de ver un partido igualado, de poder a poder, cun gran acento no dominio para os visitantes, sobre todo no segundo tempo. Eso era descoñecedor do marcador, pois vería máximo equilibrio…
Pero a realidade era que o partido comezaba ó mediodía, en punto. E neses primeiros minutos, o Dumbría infantil, cometeu erros que o levaron a unha dolorosísima derrota. Dolorosa porque en boa parte do encontro, sobre todo no segundo tempo, dominou por completo o partido. Pero os erros deron goles ós coruñeses. E confianza. A mesma desconfianza que provocou os de Conde e Huelvis.

Eses 2 tempraneiros goles do comezo, e o erro que provocou o 3º, puxeron demasiada terra de por medio para un equipo, o costeiro, q a partir do cusrto de hora dou mostras de vida. A presencia da nova incorporación dumbrinesa, Mateo, no frente de ataque, aportou máis pegada e perigo o equipo, e liberou a Adrián para moverse ás suas anchas. Con timidez, o Dumbría sacudiuse o dominio local, e comezou a chegar. Dous tiros dos puntas costeiros, e unha falta lateral do capitán á que non chegaron por milímetros Toni e Luís foron o preludio a unha gran segunds parte. Con máis dinamita no campo, co camariñán Tajes, pero sobre todo con dinamismo, velocidad, recuperación de balón ràpida e ,sobre todo, moitas chegadas, o Dumbría inclinou o campo o seu favor. Varias ocasións de Mateo, Adriàn, Brais Fdez. e Tajes, precederon o gol da ilusión. Un sensacional lanzamento de falta de Adrián metía definitivamente ó Dumbría no partido. Con só 3 defensas, os costeiros volcáronse, e as ocasións seguíronse sucedendo. Pero non chegou o gol do medo para o Ural.

E o partido foise esvaecendo, co Dumbría vivo. Sen puntos eso si... pero con moita vida na categoría ainda. Cando máis dificiles pintaron, o equipo sacou o orgullo. Porque se vai a perder a ilusión?


Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios