Venres. 03.05.2024
El tiempo

4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Costa

4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Costa

4 clubs asistiron á reunión que convocaba o presidente da Asociación de Clubs Federados de Fútbol da Costa da Morte, Manuel Caamaño, onte en Baio. A Secretaria do Lira, como parte da directiva, o presidente do XSC así como os presidentes do Baio e un directivo do Zas, foron os únicos que se achegaron á xuntanza da entidade.

Así e todo a reunión levouse acabo con normalidade, achacando a falta de quorum á falta de interese dos propios clubs, algo que repetía nunhas declaracións en Radio Nordés.

A convocatoria chega por mor dos cambios na presidencia da Federación Galega de Fútbol. Primeiramente preguntou que cousas botan en falta os clubs da Costa, que veñen sendo os mesmos nos últimos anos, como a Mutualidade, ou a por agora imposible atención sanitaria (non vital) no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Falouse tamén do “tan denostado plan competicional”, do formato da liga xuvenil, que para a entidade “non ten nin pés nin cabeza”, ou da posibilidade de ampliar o número de representantes nas fases de ascenso.

Falouse de retomar a Gala e os partidos Norte-Sur e da Selección da Costa, algo que nos sorprende despois de ter invitado á Asociación a participar na organización dos eventos do curso pasado, nos que finalmente apenas colaborou.

En todo caso, o equipo de QPC xa está pensando na II Gala QPC do Fútbol da Costa para a fin de semana da final da #CopadaCosta, a última de xuño.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios