Venres. 26.04.2024
El tiempo

Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa

Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa

Vén de enviar esta madrugada do venres o presidente da Asociación de Clubs do Fútbol da Costa, unha nota convocando a todos os clubs da Costa da Morte a unha reunión que terá lugar en apenas 4 días, o martes 27.

Unha nota na que fala da “volta” da Selección da Costa e da Gala do Fútbol da Costa, despois de que a organización de QPC, que levou adiante os dous partidos do Combinado e a Gala do ano pasado, lle propuxera organizar conxuntamente os eventos.

Esta é a convocatoria de prensa:

Nota da Asociación de Clubes de Fútbol da Costa

Manuel Caamaño, presidente da Asociación de Clubs

Estimados compañeiros. O vindeiro martes 27 de xaneiro, as 20:30 horas, a Asociación de clubes convoca a todos os clubes de fútbol da Costa da morte a unha reuníón no Auditorio do Pavillón de BAio. Facia tempo que non se convocaba os clubes, por diversos motivos. O obxetivo principal desta reunión, que queremos que teña caracter anual, e conocer de primeira man as demandas actuais dos clubes, tanto a nivel competicional como federativo. Como de todos vos e conocido, fai recentes datas houbo un cambio na Federación galega de fútbol, o que abre un novo panorama no ambito fútbolistico. Somos conscientes deste novo panorama que se abre, e creemos necesario facer chegar os novos dirixentes as demandas dos clubes que competimos na comarca. Temas como a mutualidad de futbolistas, a volta do Hospital de Cee como centro de atención a xogadores na comarca, o tan denostado plan competicional, etc son asuntos a abordar. Tampouco esqueceremos temas propios, como son as ligas dos nosos equipos, o formato da liga xuvenil non ten pes nin cabeza; o numero de representantes na fase de ascenso, etc. Tamen teremos un oco para falar de temas propios dos clubes, como e a volta da Selección da Costa, o partido selección norte-selección sur, a Gala do fútbol da Costa, etc. Desde aqui convidavo-mos a vosa asistencia. Un saudo moi cordial, Manuel Caamaño.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios