Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble

Xuvenís: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble
Porteno-XSC-Foto-Bego Cancela Este martes de Entroido temos máis fútbol xuvenil. Non descansa a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, pero mentres temos que repasar o que pasou esta pasada xornada. Porque na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil as cousas están máis interesantes que nunca. Se ben o Dumbría parece volver a coller o ritmo e non tivo piedade do Camariñas, e parece claro favorito para meterse na Fase, a pelexa pola segunda praza está fantástica. 4 equipos en apenas 3 puntos, con todo aberto. Os Miúdos puido co Cabana nun partido polémico, e o XSC confirmou a súa reacción na Grixa. banner-maisdeporte-2015 cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Os Miudos - Cabana (3-2)

  • OS MIÚDOS: Ángel, Samuel, Eloy, Lice, Anxo; Airán; Miguel, Tajes, Piki (Yeray, min.65), Saúl (Hugo, min.46) e Martínez.
  • CABANA: Vázquez, Aurelio, Kevin (Martín), Ferreiro, Grille, Mateo (Alex), Laik, Reigía, Redondo (Pablo), David Muíño (Fraga) e Cristian.
  • Goles: 0-1, min.12: Reigía cun disparo se 45 metros, golazo; 1-1, min.30: Miguel de rebote tras un despeje de Aurelio; 2-1, min.37: Samuel transformando un penalti cometido por Vázquez; 2-2, min.75: Álex Fraga cun perfecto disparo tras unha boa prolongación de Cristian; 3-2, min.80: Miguel anota outro golazo.
  • Expulsións: os cabaneses Álex (min.55) por unha entrada e Grille (min.80) por protestar.
Partido xogado baixo unha intensa chuvia durante os 90 minutos, no que o Muros se levou os 3 puntos en xogo aínda que quizás o empate tería sido máis xusto. Se ben pouco fútbol se puido ver nos últimos minutos porque o campo tiña moita auga, si que se viron verdadeiros golazos. Empezaba o choque co Cabana ben armado atrás cun Miúdos que dominaron o primeiro tempo e conseguían remontar o 0-1 inicial. Protestou o Cabana o penalti que supuña o 1-2, pero os locais o viron claro. Pero na segunda tivo que estirarse o Cabana, que fixo un partidazo e conseguía empatar. Aí chegaron os minutos da polémica, cando o cadro cabanés protestou que co 2-2 o colexiado anulaba un gol por fóra de xogo e ademais expulsaba a un xogador cabanés. Co equipo de Óscar Mingui protestando a actitude de menosprezo do colexiado, Os Miúdos atopábase co terceiro tanto, ante un Cabana que quedaba con 9, e que quedaba sen premio a pesar do esforzo.

Porteño - Xallas StComba (3-7)

XSC-Porteno-Foto-Bego Cance
  • PORTEÑO: Xoel, Dani, Aarón, José Manuel, Gonzalo, Anxo (Carlos, min.45), Rodry, Maikel, Oli, Borja (Antonio, min.75) e Mario.
  • XSC: Coke, Pérez (Santi, min.65), Dani, Xoel, Carlos, Rubén (Parri, min.46), Landeira, Fabián, Barbeira, Isma e Tefi.
  • Goles: 0-1, min.2: Landeira; 0-2, min.22: Barbeira; 1-2, min.34: Maikel; 1-3, min.35: Barbeira; 1-4, min.40: Fabián; 1-5, min.44: Barbeira; 2-5, min.49: Carlos; 2-6, min.70: Santi; 3-6, min.82: Borja; 3-7, min.88: Barbeira.
Chegaban os dous equipos con moitas baixas, pero os dous consicnetes da necesidade de gañar para meterse na pelexa. Empezou o partido ca cos de Rubén Forján enchufadísimos e xa marcaba Landeira no primeiro minuto, cun tiro que rebotou nun defensa enganando a Xoel. Doeu o tanto nos locais e fixo o efecto contrario nun XSC que deulle moita confianza e tranquilidade. Asentados no campo, aproveitaron dúas contras para facer o 0-2 coa velocidade de Barbeira como bandeira. Parecía que reaccionaba o Porteño, que nunca tirou a toalla, co gol de , pero un minuto despois Barbeira volvía dar un mazazo que completaban Fabián e el mesmo para deixar o marcador con 1-5 antes do descanso. Trala reanudación,o Porteño como dixemos seguiu insistindo, empezou moito mellor, colleu bastante relaxados aos visitantes e crearon bastante perigo. Froito de eso lograron o segundo gol. A saída de Santi Díaz deu moito aire aos xalleiros e durante os minutos que xogou conseguíu ademais estrearse como goleador coa camiseta bicolor. Aínda quedaba partido. O Porteño dominaba por momentos e mesmo estivo a punto de meterse no partido cun penalti fallado con 3-6 no marcador, pero Coke adivinouno e pouco despois Sufríu o XSC, a pesar do resultado, para sacar esta segunda vitoria seguida que os mete na pelexa, mentres o Porteño queda algo descolgado. Un equipo de Ordóñez que está sufrindo demasiado as baixas atrás, desta volta cos dous centrais e sobre todo a baixa do porteiro Brais, que deixa xa 6 partidos sen meta ao cadro da Ponte.

Dumbría - Camariñas (7-0)

  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Cacha, Pablo, Edu, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Charly, Cabana, Luís, Mauro e Portu.
  • CAMARIÑAS: José Luís, Juan (Facundo, min.50), Pose, Sergi, Álvaro, Adrián, David, Espi, Daniel (Chucki, min.60), Chickote e Javi.
  • Goles: 1-0: Jano; 2-0: Edu pola escuadra; 3-0: Cacha; 4-0: Juan de Dora; 5-0: Luís; 6-0: Juan de Dora; 7-0: Luís.
Saíron con rabia os dumbrieses despois da primeira derrota da tempada a semana pasada en Santa Comba. E foi o Camariñas o que pagou os pratos rotos. Non fixo falta que os Leis e Lobelos deran instrucións, e os rapaces non deron opción ningunha aos camariñáns, facendo un partido completísimo, en canto a calidade e intensidade, adaptándose mellor ademais á piscina que era o campo do Conto.

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 5

Outes - Castriz (2-2)

  • OUTES: Sergio Nieto, César (Fabio), Simón, Brión, Serxio, Adrián, Saúl (Borja), Santi, Xurxo (Veleiro), Álvaro (Fran) e Santi.
  • CASTRIZ: Varillas, Richar, Alex, Redondo, Cristian, Adan, Roony, Mika, Jony e Cambón. Tamén: Calvo, Víctor (ps) e Javi.
  • Goles: 0-1, min.20: Richar; 0-2, min.30: Cambón; 1-2, min.65: Santi; 2-2, min.85: Simón.
Partido moi igualado no que a primeira parte foi do Castriz e a segunda do Outes. Na primeira sañiu moi forte o Castriz nunha boa primeira parte, con gran intensidade e gañas, e dominou cun Jony e un Cambón moi activos e un sacrificio dos seus compañeiros impresionante. Mandaron os xalleiros tres tiros o longueiro. Nun deles aproveitaría Richar para facer o primeiro e noutro tiro que rexeitaba oo porteiro metería Cambón o seu goliño. A segunda parte sería outro cantar porque o Outes saíu con todo polo partido pero o Castriz aguantou as embestidas aéreas do cadro local, un equipo moi corpulento que crea moito peligro en corners e faltas. Santi recurtaría cunha fermosa media volta batindo a Varillas con algo de fortuna, e case ao final, xa co Castriz canso polos constantes ataques locais, Simón facía o empate. Bo partido do Outes e gran esforzo dun Castriz que tiña que “madrugar” para chegar á Serra na mañá, e que chegaba algo tocado pola noite de venres de Entroido.

Corcubión - Ponteceso (5-0)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Junjo, Chava, Isma, Lela, Goche, Mario, Óscar, Germán, Tito e Maikel. Tamén xogaron: David, Mesejo, Joselu, Santos e Pepo.
  • Goles: Goche (3), Tito e Mario.
Partido moi frouxo o xogado polo Ponteceso no Novo Cubaleiro. Os de Senra non desaproveitaron os regalos dos visitantes e cun comezo moi intenso xa pronto deixaban sentenciado o choque cun claro na primeira metade 2-0. Xa na segunda metade os pontecesáns sucumbiron ante un Corcubión con moitas máis gañas.

Coristanco - Corme (3-1)

  • Goles: 1-0, min.11: Joaquín; 1-1, min.81: Isaac; 2-1, min.86: Joni; 3-1, min.88: Iván.
Estrano partido na Rocheira, de poder a poder, que se decidíu en 10 tolos últimos minutos. Joaquín metía aos do Zurdo por diante moi pronto. A partir de aí tocou dominio alterno e ocasións para os dous conxuntos, ata que a 10 do final, os cormeláns empataban. Pero o Coristanco non se conformaba co empate e foi con todo pola vitoria que acabou caendo a 4 e 2 para o final.

Esteirana - Baio (4-0)

  • ESTEIRANA: Xaco, Tiko (Manu, min.65), Bolo, Rafa, Sergio, Damián, Adrián, Fabio, Juan e Brais.
  • Goles: 1-0, min.44: Juan cun tiro que rebota nun defensa e se cola tiro de juan e rebouta nun defensa; 2-0, min.53: Tiko de xogada individual; 3-0, min.80: Juan finaliza xojada colectiva; 4-0, min.85: Juan de xogada individual.
Partido controlado en todo momento pola Esteirana,ante un Baio ben pechado atrás que aguantou a primeira metade, pero o gol ao fío do descanso, con algo de fortuna de Juan, foi psicolóxico e os baises non resistiron a segunda metade.

Fisterra - Muxía (1-0)

  • FISTERRA: Aarón (Xosé), Fabián, Ángel, Andrés, Juanfran (Manuel), Breixo, Gonzalo, Adri (Dani), Gabi, Gabi Golpes e David (Álex).
  • MUXÍA: Hugo, Jorge, Andrés, Rubén, Paulo, Iván, Ander, Tomás, Maca, Castreje e Jose: Tamén xogaron: Ancho, Diego e Juanjo.
  • Gol: 1-0, min.25: Andrés aproveita un rexeite tras un córner.
Partido tremendamente igualado que se decantou do lado fisterrán pero que puido caer para os dous bandos, pois o cadro de Javier Lema tivo tamén numerosas ocasións. O vento, ademais, foi demasiado protagonista no partido. Na primeira o cadro local tiña o vento de cara e puido meterse por diante, e Gonzalo tivo algunha para ampliar a renda, así como unha de Breixo de cabeza. Na segunda cambiou o conto e o Muxía tivo ocasións para empatar, pero a defensa fisterrá sacaron varios balóns baixo paus, pero o empate, que tería sido máis xusto non chegaría. Dende o Fisterra envíanlle o pésame á familia do presidente muxián polo pasamento do seu pai, algo ao que nos sumamos.

Cee - Zas (3-2)

  • CEE: Maikel, Jicho, Iván, Borja, Brais, Castillo, Hugo, Chema, Alexis (Amboade, min.85), Pablo Trillo (Dani, min.60) e Álex.
  • Goles: 0-1, min.20: Manu; 1-1, min.25: Álex; 2-1. min.70: Jicho; 3-1, min.75: Dani; 3-2, min.80: Álvaro.
Partido marcado polo vento e a chuvia (o campo estaba empapado) e que se decidíu polos erros cometidos polas defensas precisamente polo estado do campo. Se cadra o Cee tivo máis oficio e garra e soubo “remar”, nunca mellor traído, para sacar o partido adiante. En todo caso, un empate tería sido máis xusto.

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 6

Hoxe, martes de Entroido, nova xornada:
Ponteceso 17/02 - 16:15 Outes
Zas 17/02 - 16:15 Corcubión
Baio 17/02 - 16:15 Cee
Muxía 17/02 - 16:15 Esteirana
Corme 17/02 - 16:15 Fisterra
Malpica 17/02 - 16:15 Coristanco
  • Descansa Castriz.

Crónicas dos Xuvenís

2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios