Axenda futboleira pasada por auga

Comeza unha nova xornada de Fútbol da Costa, e parece que de novo será pasada por auga. Pero a xornada chega intensa, polo que imos comezar a Previa da xornada.

E o facemos, coma sempre, por arriba, pola Preferente - Senra Sport. Ten o Dumbría unha boa ocasión para engancharse á zona alta, se vence en Arteixo ante o 5º clasificado, que só ten 4 puntos de vantaxe sobre o equipo de Canosa. Unha nova vitoria o metería de novo na pelexa. Mentres, o XSC ten unha saída das que non se pode fallar se queres estar arriba, ante O Val, un equipo preto do descenso.

Volven os derbis á 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. A Esteirana necesita poñerse a sumar de 3 en 3 e un dos que pode sufrir as consecuencias é o Soneira, que visita o campo esteirán este domingo. Mentres, pola zona alta, o Sofán (menudo local social!) non pode permitirse o luxo de caer por segunda semana consecutiva, e quere seguir facendo do Carral un fortín ante o Cordeiro, o 6º da táboa. Viríalle relativamente ademais a vitoria sofanista a o Baio, 5º, e que quere manter a boa liña no Platas Reinoso ante un moi bo Bertamiráns B, que xa venceu ao líder. Un pouco máis atrás, o Malpica recibe a todo un Villestro, 2º clasificado a só un punto do Sofán, polo que a vitoria malpicá será tamén vermella. E remata a xornada coa visita do Silleda ao Corme. Un Corme que se atopa nunha situación clasificatoria que non reflicte, para nada, o que se ve nos campos, pero o balón non está entrando e unha derrota ante un rival directo por evitar o descenso podería colmar de nervos á parroquia azulona.

Boa xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O líder, o San Lorenzo, visita a un Ponteceso en alza, mentres o Outes, 2º, recibe a un gran Volantes, 5º na clasificación e a só 5 puntos dos da Serrae a 9 dos de Verdillo. Por detrás, o Zas non pode caer ante un Montelouro tremendamente mellorado e que quere saír dos postos de descenso, pero xa non pode contar co efecto “mikasa”. Ademais, o Castriz, o 4º, recibe a un Cabana que leva 4 xornadas sen gañar.
Prometen ademis o Baíñas-Fisterra, duelo de equipos verdes, así como o derbi camariñán, que chega con dous equipos tremendamente igualados.

A 3ª xornada da 3ª volta da a href="http://www.futboldacosta.com/?deporte=1&temporada=6&tc=94">3ª Autonómica - Clínica Xunqueira ten varios choques interesantes, mentres descansa o Ameixenda. O Corcubión recibe ao Lira nun duelo directo. O líder, o Cerqueda visita a un Castrelo con gañas de meterse na pelexa. O mesmo lle pasa ao Muxía, preto da loita pola Promoción, e para meterse ten que superar a todo un Coristanco. Ademais, o Laxe, que parece que volve a competir en serio dende a chegada de Rochiccioli, recibe ao Nantón.

De base

Haberá choque de líderes na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os Miúdos e Dumbría medirán forzas en Muros. Ademais, o derbi Camariñas-Porteño chega co cadro da capital como favorito, mentres que o XSC-Cabana definirá quen se mete na pelexa cos de arriba.

Nas Ligas Autonómicas, os cadetes do Dumbría e do XSC buscarán seguir sumando para escapar da zona baixa, mentres o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría afronta a penúltima xornada da 1ª Fase en Bertamiráns coa imperiosa necesidade de sumar algún punto máis de cara ao playoff por evitar o descenso.

Nas ligas comarcais, o partidazo da xornada será o gran duelo no alto da 1ª Infantil entre Fisterra e XSC. Ambos chegan líderes destacados, con 45 puntos, e o choque de Santa Comba servirá para ver quen se coloca de favorito a 6 xornadas do remate.

Duelo nos Veteranos

E ollo cas Ligas de Veteranos, pois teremos un duelo no cumio da 1ª División, con San Román-Hosgran, os dous equipos empatados no alto da táboa.


Preferente - Senra Sport, xornada 22

Arteixo 01/02 - 12:00 Dumbría
O Val 01/02 - 16:15 Xallas StComba

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 21

Sofán 01/02 - 16:15 Cordeiro
Malpica 01/02 - 16:15 Villestro
Baio 01/02 - 16:15 Bertamiráns B
Esteirana 01/02 - 16:30 Soneira
Corme 01/02 - 16:30 Silleda

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 21

Montelouro 01/02 - 16:15 Zas
Camariñas 01/02 - 16:15 Porteño
Mazaricos 01/02 - 16:15 Camelle
Carnota 01/02 - 16:30 Seaia
Buño 01/02 - 17:00 Cee
Castriz 01/02 - 17:00 Cabana
Ponteceso 01/02 - 17:00 San Lorenzo
Baíñas 01/02 - 17:00 Fisterra
Outes 01/02 - 17:00 Volantes

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 21

Corcubión 31/01 - 16:15 Lira
Laxe 31/01 - 16:15 Nantón
Muxía 01/02 - 16:45 Coristanco
Castrelo 01/02 - 19:00 Cerqueda

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Os Miudos 31/01 - 16:00 Dumbría
Porteño 31/01 - 16:30 Camariñas
Xallas StComba 31/01 - 17:00 Cabana

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 3

Corcubión 31/01 - 12:00 Outes
Fisterra 31/01 - 16:00 Zas
Malpica 31/01 - 16:00 Muxía
Esteirana 31/01 - 17:00 Ponteceso
Coristanco 31/01 - 17:00 Baio
Cee 31/01 - 18:00 Castriz
  • Descansa Corme.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 21

Dumbría 31/01 - 17:00 Pontevedra

Liga Galega Cadete, xornada 21

Xallas de Santa Comba 01/02 - 12:00 Xuventude Oroso

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 18

Bertamiráns 31/01 - 18:15 Dumbría

1ª Cadete, xornada 20

Corme 31/01 - 10:30 Sofán
Muxía 31/01 - 10:30 As Baleas
Cee 31/01 - 11:30 Coristanco
Esteirana 31/01 - 15:30 Ponteceso
Cabana 31/01 - 16:30 Os Miudos
Baio 01/02 - 10:30 Outes
  • Descansa Fisterra.

1ª Infantil, xornada 20

Zas 31/01 - 11:30 Coristanco
Xallas StComba 31/01 - 12:30 Fisterra
Cee 31/01 - 16:00 Outes
Vimianzo 31/01 - 18:00 Corme
Sofán 31/01 - 18:45 Esteirana
Os Miudos 01/02 - 10:30 Ponteceso
  • Descansa Cabana.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 12

XSC A 31/01 - 10:15 Cee A
Esteirana A 31/01 - 10:30 Dumbría B
As Baleas 31/01 - 10:30 Dumbría
Esteirana B 31/01 - 11:30 Outes A
Os Miúdos A 31/01 - 12:00 Fisterra
Os Miúdos B 31/01 - 12:00 Cee B
Sofán 01/02 - 09:30 Lira

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 12

XSC B 30/01 - 19:15 Outes
XSC A 31/01 - 10:15 Cee
Os Miúdos A 31/01 - 11:00 Fisterra
Os Miúdos B 31/01 - 11:00 Cee B
As Baleas 31/01 - 11:30 Dumbría
Sofán 01/02 - 10:30 Lira
  • Descansa Esteirana.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 19

Zas 01/02 - 11:00 Cabana
San Román 01/02 - 09:30 Hosgran
Baio 01/02 - 12:00 Dumbría
Bértoa 01/02 - 11:00 Laxe
Coristanco 01/02 - 10:00 At. Milagrosa
Xv. Bergantiños 01/02 - 11:00 Soneira
Ponteceso 01/02 - 11:30 San Lorenzo
  • Descansa Castriz.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 19

Vimianzo 01/02 - 11:00 Camariñas
Corcoesto 01/02 - 11:00 Sofán
Dep. Carballo 01/02 - 9:30 Cerqueda
Erbecedo 01/02 - 12:00 Poniente
San Isidro-Razo 01/02 - 11:00 Malpica
Buño 01/02 - 10:00 Nantón
Porteño 01/02 - 11:00 Leiloio
  • Descansa Agualada.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).