Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Zas apreta a táboa mentres Camariñas e Ponteceso respiran

2ª Autonómica: O Zas apreta a táboa mentres Camariñas e Ponteceso respiran
Camelle-Ponteceso-Foto-Campos Gallegos Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Menuda xornada esta 20ª na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O San Lorenzo amplía de novo a vantaxe sobre o Outes a 4 puntos, tras vencer, apuradamente ao Baíñas, e co empate do cadro da Serra en Ara Solis. O partido da xornada disputábase en San Andrés cunha moi boa entrada e o Zas cambia a 3ª posición ao Castriz. Ademais, o Volantes enchúfase á pelexa.

Máis abaixo, confírmanse as mellorías de Ponteceso e Camariñas quesumaban importantísimas vitorias para andar desafogados. Segue o Montelouro en posicións de descenso, pero leva 4 partidos sen gañar e así o demostrou en Cee. Tamén mellora o Camelle pero segue pechando a táboa.


Cabana - Carnota (1-1)

  • CABANA: Anón, Raúl, Pepe, Iván de Treos, Charly (Adán), Moreno, Fernando, Eloy Pereira (Dani Mato), Josiño, Manolo Cruceiro (Miky Pose)e Iván Mato.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Tono da Caixa (Pablo Pichín, min.55), Pedro Pichín, Manolo Chouza, Ferreiro; Jrabello (Manuel Luís, min.75), Niko, Nakata (Andrés, min.46), Pumuki, Míchel e Pablo Beiro (Iván, min.65).
  • Goles: 0-1, min.50: Ferreiro remacha un balón morto tras un barullo na área local; 1-1, min.60: Dani Mato remata unha internada por banda.

Partido sen dominador claro con ocasións para ambos bandos pero nos que tanto Luís de la Peña como Añón estiveron moi firmes.

Foi ao comezo da segunda metade cando Ferreiro, un dos defensas máis goleadores da categoría, adiantaba aos de Cambeiro. Pero se repuxo o equipo de Periscal que 10 minutos máis tarde facía a igualada nunha internada por badna que remachaba Dani Mato. De aí ao final, moito respecto, e pouco risco.


Cee - Montelouro (1-1)

Cee-Montelouro-Foto-Edu Olveira
  • CEE: Maikel, Fiuza, Aitor (Jacobo, min.70), Tebo (Josiño, min.60), Jorge, Paco (Carlos Leis, min.70), Hidalgo, Juan oBello, Isma (Chiru, min.80), Bruno e Leo.
  • MONTELOURO: Isma, Abel, Pedro (Isma, min.60), César, Teo, Edu (Pepe, min.70), David, Geico (Benja, min.80), Pesco, Gelo e Riki (Raúl, min.85).
  • Goles: 0-1, min.65: Gelo; 1-1, min.75: Bruno de volea tras un centro de Juan.
Cee-Montelouro

Empate no San Paio de Refoxos que supón o 4º partido sen perder para os loureáns dende a chegada de Marcelo ao banco. Os de Rafa saíron enchufados e dominaron a primeira metade, con varias ocasións e un gol mal anulado a Juan por fóra de xogo. Tamén pediron un penalti a Tebo nun córner no que despois Aitor non acerta no remate. Case marca Leo nun lanzamento lonxano de falta e nun remate acrobático a centro de Juan.

Pero era o Louro o que mellores ocasións tiñan, pero os dianteiros non estiveron finos.

A segunda parte empezou da mesma maneira pero o Cee foi perdendo folgos e deixando o partido en mans dos visitantes. Metíase por diante o cadro muradán e rompíase o partido. O Cee intentaba empatar entrando por banda, pero o Montelouro tivo varias claras para sentenciar o choque pero Pesco tivo dúas claras e Raúl a “bocajarro” demostrando que aos de Marcelo fáltalle o gol.

De aí ó final foi un querer e non poder para o Cee e o Louro tivo dúas moi claras para levarse o partido.

O Montelouro mantén a súa melloría, pero Marcelo terá que adestrar no pavillón mentres rematan as obras de Agra da Filgueira non poderá usar o campo de Muros para os venres, cando pode contar con todos os xogadores.

Juan oBello no Cee-Montelouro

Seaia - Camariñas (0-1)

  • SEAIA: Jesús, Vistas, Avelino, Dimaga (Lesi, min.75), Víctor, Manuel, Camilo, Nando (Damián, min.65), Juni (Magovi, min.65), Adra (Parga, min.75) e Tato (Richard, min.65).
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Darío, Martín, Denís, Piti, Pereira, Javi (Martín, min.80), David (Saviola, min.55), Sule e Yuyo.
  • Goles: 0-1, min.60: Saviola de fermosa falta directa.

Partido malo en Malpica, sen ocasións e apenas perigo creado a balón parado, entre dous equipos que non quixeron arriscar e tiveron demasiado medo a perder. Os de Gerpe demostraron que a reacción é unha realidade e suman a segunda vitoria consecutiva e a 3ª nos últimos 5 partidos, mentres que o equipo de Tato leva 3 sen gañar.

O Camariñas fixo un partido serio, e tivo algunha chegada na primeira por medio de Pereira e Sule. Pero foi Saviola aos 15 da segunda que marcou o solitario gol do partido cunha fermosa falta. A partir de aí tocou nadar e gardala roupa, cun cadro visitante moi ordenado e controlando o partido defensivamente.


Porteño - Mazaricos (1-1)

Porteno-Mazaricos-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Bonano, Óscar, Pejo, Gabi (Marcos, min.72), Manu, Meu Lar, Roi, Cristian (Wii, min.75), Cachi, Anxo e Jose.
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel (Martín), Esteban, Chico, Coxo (Ramón), Ricardo, Pereiro, Estéfano, David (Tuco), Chenel e Molinos.
  • Goles: 1-0, min.25: Jose tras un balón colgado con erro entre o porteiro e a defensa; 1-1, min.60: Molinos nunha contra.

Non foi o mellor partido na Grixa, entre dous equipos que tamén se respectaron moito. O terreo de xogo non axudaba e non houbo demasiado xogo se ben o equipo local tivo algo máis a iniciativa e acabou o partido máis metido e tivo 15 bos minutos ao final no que puido decantar o partido con varias chegadas de Jose, autor do gol inicial, pero o Mazaricos soubo aguantar.

Tras unha primeira metade marcada polo gol local a balón parado, o cadro de Néstor apretou na segunda e conseguían empatar por medio de Molinos nunha boa contra. Eran os mellores minutos amarelos nos que se puideron meter por diante con outra de Molinos e un balón ao longueiro de Chenel. Pero foi o cadro de Roski o que acabou mellor e tiveron varias ocasións no treito final que tamén puideron significar a vitoria local.

Porteño-Mazaricos-Foto-Porteño

Camelle - Ponteceso (1-2)

11 do Camelle no Rodeiro-Foto-Ponteceso
  • CAMELLE: Jimmy, Felisiano (Peseta, min.60), Macho, Valiña (Pantera, min.75), Muxisco; Mario, Brais (David, min.75), Dido, Tajes; Tedín (Gemelo, min.65) e Felipe.
11 do Ponteceso no Rodeiro-Foto-Ponteceso
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo, Pablo Márquez, Moscoso, Dani Valle, Alberto Recarey, Mendieta, Dieguito (Pablo, min.90), Ismail (Youssef, min.87) Christian Martínez e Eloy (Brais, min.44).
  • Goles: 1-0, min.70: Alberto Recarey de penalti; 0-2, min.75: Dieguito nunha contra; 1-2, min.80: David.
  • Expulsión: Dido no min.50 por doble cartón.
Minuto de silencio no Camelle-Ponteceso-Foto-Ponteceso

Partido importante no Rodeiro (moi ben retratado por Camposgallegos.com), no que o Ponteceso confirmou a súa melloría dende a chegada de Barca, e o Camelle de Varu, a pesar de seguir camiñando cara arriba, segue sen sorte. Onte prantou cara ao Ponteceso, loitando e xogando máis que nunca, tendo ocasións, pero volveron a caer.

O Choque comezaba gardando un minuto de silencio polo recente falecemento do pai de Juanma e do tio de Martín Puente.

Camelle-Ponteceso-Foto-Ponteceso Camelle-Ponteceso-Foto-Ponteceso

A primeira metade foi un choque de forza e gañas pois o campo non daba para mais. Iso si, o balón ía dunha área á outra. A segunda comezaba co Ponteceso moi enchufado e a expulsión de Dido pouco despois foi clave. Un penalti (as dúas xogadas foron protestadas polos locais) transformado por Recarey puña o encontro máis de cara para os visitantes que pouco despois sentenciarían por medio de Dieguito.

Este é o gol de penalti de Recarey:


San Lorenzo - Baíñas (3-2)

San Lorenzo-Bainas-Foto-David Pena
  • SAN LORENZO: Diego, Rubén, Pablo Novo, Rudy, Adrián Varela, Parafita, Schuster, Álex Figueiras (Javi Puñal, min.80), Juni (Carlitos, min.75), Fuentefría (Adrián Fraga, min.60) e Joaquín (Álex Taibo, min.60).
  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Martín (Iván, min.60), Mario, Marcos (Cristian, min.55), Luís (Rodri, min.65), Eloy Cabeza, Eloy Vilas, Tasky, Esteban, Jaime e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.30: Joaquín; 2-0, min.32: Álex Figueiras; 2-1, min.44: Tasky; 3-1, min.50: Juni; 3-2, min.80: Esteban de falta directa dende o medio campo.

Apretoulle e de que xeito o novo Baíñas de Pablo Mallón ao líder da categoría. Comezou o Baíñas moi ben, chegando cuns moi bos primeiros 20 minutos, pero último treito da primeira metade foi de cor local. Puxéronse 2-0 con varias ocasións que salvou Sergio ante as chegadas de Fuentefría, Juni e Joaquín, que puideron sentenciar o partido. Así e todo, recurtou o Baíñas ao fío do descanso cun gl de Tasky.

E nada máis saír do descanso, un novo erro da defensa vimiancesa permitía a Juni facer o terceiro, pero non se desordernou o Baíñas e non perdeu a cara ao partido, e mesmo tivo agallas para recurtar contra o final e buscar o empate con varios balóns colgados que non viron porta.

San Lorenzo-Bainas-Foto-David Pena

Fisterra - Outes (1-1)

  • FISTERRA: Norberto, Piti, Juan, Julio, Robertín, Guardiola, Roa, Pablo Lestón, Eddy, Aitor e Mané. Tamén xogaron: Roco, Borja, Bebeto e Dani.
  • OUTES: Gato, Borja (Rafa), Saúl, Roberto Amoedo, Chúa, Davi, Martín, Chía (Fabio), Elías, Jura (Simón) e Babu (Santi).
  • Goles: 1-0, min.33: Guardiola de falta pola escuadra; 1-1, min.62: David de penalti.

Partido moi igualado en Ara Solis entre dous grandes equipos, de feito os dous equipos con mellor tendencia nos últimos 5 partidos, pois o Outes levaba 6 vitorias seguidas e son xa 9 partidos sen perder, polos 8 partidos sen perder dos de Nacho.

A primeira metade foi de cor verde, ante un descoñecido Outes que asinaba os peores 45 minutos da temporada, despois das baixas de última hora de Piki, Mario e Yago que os puido descentrar. Adiantábase o Fisterra nunha fermosa falta de Guardiola, despois de 45 minutos fantásticos dos de Nacho.

Mellorou o equipo de Manu Roque na segunda metade pero non conseguía facer ocasións de gol, e só marcaban o empate dende os 11 metros. Protestaron os locais o penalti e a actuación arbitral, pero o partido morreo en táboas.


Zas - Castriz (4-1)

Zas-Castriz-Foto-Alejandro Mel
  • ZAS: Rizos, Oli (Fabián, min.71), Pereiro, Josito, Vecino, Canedo, Peque, Abel (Dani, min.76), David Blanco, Rubio (Manuel, min.83) e Álex Flores (Pablo, min.80).
  • CASTRIZ: Pablo, Martín, Cili (Félix), Álex (Dani Martínez), Alberto, Martín Uru, Agra, Adrián Prol, Luís, Adrián Beiroa e Bolón.
  • Goles: 1-0, min.9: Abel a pase de David Blanco; 1-1, min.20: Álex de cabeza; 2-1, min.35: Abel a pase de Rubio; 3-1, min.50: Abel a centro de Josito; 4-1, min.80: Dani á contra.
Zas-Castriz-Foto-Alejandro Mel

Moi boa entrada en San Andrés para o partidazo da xornada entre o 4º e o 3º da táboa, que intercambiaron posicións ao final do choque. Non foi o mellor partido dos xalleiros, con erros atrás que custaron caros.

Adiantábase pronto o equipo de Iván Cancela cun gol de Abel a pase de David Blanco pero o capi rossonero Álex empataba de cabeza. Abel metía por diante de novo aos locais, e antes do descanso o Zas pedía un penalti a David Blanco que puido ademais ter sido expulsión dun defensa xalleiro.

Na segunda comezaba pegando e case sentenciando o partido o cadro local, co gol de Abel, que asinou un partidazo fantástico ademais dos seus 3 goles, e foi con con Rizos, que fixo varias paradas brillantes, os mellores do partido.

Abel tivo o seu cuarto pouco despois pero Pablo parou a “bocajarro”. Pouco despois Rizos tivo que despexar de puños un bo tiro dos visitantes, e un balón tamén claro case na liña de gol, que puido ter metido aos xalleiros no partido. Pero unha contra de David Blanco e outra Dani remachaban co definitivo cuarto tanto.

O Zas ganou ao Castriz en San Andres-Foto-Paula

Volantes - Buño (1-0)

  • VOLANTES: Rubén, Brea, Mayu, Juan, Javi (Maikel), Ivi, Picho, Miguel, Óscar (Moja), Brais (Mingos) e Piti.
  • BUÑO: Toni; Uru, Casais, Diego, Fran (Víctor, min.85); Miguel Dourado, Jorge Calvete, Jorge Pombo, Neucha (Emilio, min.85); Dani Calvete e Juan.
  • Gol: 1-0, min.30: Piti marca no rexeite do seu propio penalti que parou Toni.

Partido entretido con merecida vitoria para o Volantes, nun choque ao que o Buño chegaba en cadro e no que Toni foi o seu mellor home. O Volantes mandaba no partido, pero o Buño avisaba con dúas xogadas a balón parado. Ivi facía a mellor ocasión local aos 15 minutos cunha boa internada por banda que cede a Óscar pero cando tiña a portería para el manda fóra. Á media hora Toni paraba un penalti a Piti pero non podía co rexeite e o pichichi laranxa anotaba o seu 19º tanto. Óscar antes do descanso tamén probaba nun man a man a un impecable Toni, e Brea manda un cabezazo alto.

Non sentenciaba o Volantes e o Buño mantíñase no partido, e o intentaba pero non podía. Mentres, os laranxas seguíanse estampando contra o meta visitante, pero nin os 3 mans a man de Piti, nin Migos, nin Óscar nin Mayuyo eran quen de sentenciarm deixando a incertidume no marcador ata o pitido final.


Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios