Preferente: Da man vendo como escapa a zona alta


Xornadas dispares estas para os cadros costeiros na Preferente - Senra Sport. Nesta xornada 21 volven intercambiar posicións, coa vitoria dumbriesa en casa e a derrota xalleira en Viveiro.
Ambos se manteñen tremendamente igualados, cun só punto de vantaxe, agora para o Dumbría, no medio da táboa, vendo como escapa a zona alta.
Viveiro - Xallas StComba (3-2)
- XSC: Vicente, Rubén Forján, Cristian, Rubio, Jota, Joshi (Pablo Baña, min.68), Kevin (Marcos, min.83), Jesús, Pablo Muíño, Doro (Choco, min.80) e Vía Rápida.
- Goles: 1-0, min.7; 2-0, min.28; 2-1, min.29: Vía Rápida nunha internada en diagonal que remata coa esquerda pola escuadra do segundo pau; 2-2, min.55: Doro tras un gran pase de Joshi; 3-2, min.88.
Derrota dos xalleiros en Viveiro, onde saíron moi durmidos e encaixaron dous goles moi rápido, tras dous erros, o primeiro tras un mal despexe e o segundo nunha xogada cómica tras un gran barullo dentro da área con varios paus e despexes que acabou dentro.
Pero o cadro de Coméndez reaccionou de seguido e na seguinte xogada Vía Rápida apretaba de novo o marcador cun golazo de gran calidade. Espertou o equipo xalleiro que empezou a xogar, combinar ben, tendo posesións longas e creando moito perigo en internadas de Doro e Via entre outros.
Saíron do vestiario ben enchufados os visitantes, mantendo o control do partido e nun gran pase interior ao oco de Joshi, Doro, faría o 2-2 cunha gran definición.
De aí ao final puido pasar de todo. O XSC aproveitaba a inercia para ir polo partido pero unha perda de balón de Rubén Forjan na saída de balón moi preto da área custou un doloroso terceiro tanto que non houbo tempo de remontar, deixando escapar 1 ou ata 3 puntos.
Dumbría - Sada (1-0)

- DUMBRÍA: Iván, Tantán (David Carreira, min.75), Bryan, Jose, Pablo Conde (Cote, min.55), Aarón, Jesús (Kevin, min.71), Diego Cespón (Javi, min.50), Darío, Iago e Adrián Nieto.
- Gol: 1-0, min.75: Adrián Nieto.
Partido soso no Conco, sen demasiado xogo pero que deixa ao caxdro dumbriés cun bo sabor de boca.
Comezaba dominando o cadro visitante e Iván tivo que empregarse en dúas noas intervencións. Pouco a pouco o Dumbría íase metendo no partido e os primeiros avisos chegaban a balón parado. A segunda foi de moito xogo no medio campo, sen dominador claro, e sen apenas ocasións. A única clara decantou o choque tras un bo disparo de Darío, que rexeita o porteiro e Adrián Nieto está atento para fusilar e deixar 3 puntos no Conco.

Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).