Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Só o Baio salva unha mala xornada costeira

1ª Autonómica: Só o Baio salva unha mala xornada costeira
Esteirana ante o Cordeiro-Foto-Conchy Freire

Case non puido ser peor a xornada costeira na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Só o Baio sumou nesta 20ª xornada, e lle permite recurtar fronte ao líder. Un Sofán que caía na Pobra ante o 3º, e que mantén o liderato pero ve como o Villestro se coloca a só un punto tras gañar, inxustamente a un bo Corme. O Baio queda a 8 do liderato.

Por detrás, o Soneira deixábase levar pola mala sorte en casa e o Malpica non soubo finiquitar o partido en Amio.

Xa por abaixo, a Esteirana queda a 9 da salvación, que marca o Corme, ambos facendo mellor fútbol do que din os resultados. Os esteiráns suman 7 partidos sen gañar e polos 5 dos cormeláns.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Cordeiro - Esteirana (3-0)

11 da Esteirana ante o Lesende-Foto-Conchy Freire
  • ESTEIRANA: Fabio, Saúl, Simon, Code, Rafa, Adrián Louro, Martín, Andel, Álex, Alberto e Pablo. Tamén xogaron: Adrián, Juan de Celia, e Bolo.
  • Goles: 1-0, min.42: de córner; 2-0, min.48: de falta; 3-0, min.70.
Capis da Esteirana e do Cordeiro_Foto-Conchy Freire

Segue sen sorte este Esteirana que segue pechando a clasificación, xa a 9 puntos da salvación. Os blaugranas, que chegaban con moitas baxias, fixeron un bo partido ante o Cordeiro, pero non puideron vencer a un bo rival nun campo demasiado grande. Tivo algunha que outra ocasión o equipo de Pedrosa na primeira metade para poñerse por diante, sobre todo por medio de Álex e Alberto na primeira metade. Pero cando mellor estaban ao fío do descanso, os locais se metían por diante nun córner.

E nada máis comezar o segundo tempo, novo xerro de auga fría con outro gol a balón parado que mermou as esperanzas dos esteiráns. Tivo Juan de Celia e Code algunha ocasión para recurtar pero foi o equipo local o que sentenciaría a 20 minutos para o final.

Cordeiro-Esteirana-Foto-Cordeiro

Silleda - Baio (0-2)

  • BAIO: Dani, Yago, Mario (Alberto, min.58), Porto, Jose, Norber, Brais (Fachal, min.70), Bieito, Rubio (Martín, min.56), Saleta e Christian (Ramón, min.83).
  • Goles: 0-1, min.53: Saleta; 0-2, min.78: Alberto marca un golazo.

Fantástico o equipo de Félix que volveu gañar nun complicado fóra de casa ante un necesitado equipo da zona baixa. Os baieses foron de cara e buscaron a vitoria dende o primeiro momento. A primeira metade foi igualada, e foi ao comezo da segunda cando Saleta rompía o partido co seu tanto. O Silleda estirábase e o Baio aproveitaba para lanzar contras ata que Alberto marcaba un golazo que sentenciaba o choque.


Soneira - Lesende (2-3)

11 do Soneira ante o Lesende-Foto-SOneira
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran de Urroa, Alberto (Brais Mouzo, min.27), Maikel, Nazo, De la Sierra, Richi, Sandelo (Mayor, min.46), Brais Triñanes e Basti.
  • Goles: 0-1, min.7; 0-2, min.52; 1-2, min.55: De la Sierra; 2-2, min,69: Richi remata un córner pola escuadra; 2-3, mnin,
  • Expulsión: Fran de Urroa no min.20 por un manotazo a un rival, nunha expulsión excesiva.

Derrota do Soneira na casa ante un dos de abaixo nun partido moi complicado, tras unha mala primeira metade pero unha boa segunda. Comezaba o Soneira moi dubitativo e eso propicipou que o Lesende se puxese por diante tras un erro defensivo. Aguantou Anxo pero pouco despois unha esaxerada expulsión de Fran de Urroa deixaba ao equipo con 10 durante máis de unha hora de partido.

Non reaccionou o Soneira e a pesar de estirar filas non conseguíu crear perigo e si que viu como o Lesende facía dano á contra.

Saíu moito mellor na segunda, con outra actitude, o cadro de Manolito, tendo ocasións de gol, pero a pouco do comezo o equipo visitante ampliaba a renda. Mazazo no Municipal.

Pouco despois De la Sierra recurtaba dende os 11 metros. O Soneira entraba por banda pero non remataba as ocasións. Triñanes e Richi avisaban para que no min.69 chegase o merecido empate. Co 2-2 o equipo vimiancés quixo ir polo partido, e o propio Richi tiña unha ocasión fantástica dentro da área a falta de 5 minutos pero o balón marchaba por arriba.

E cando máis preto estaba o gol local, chegaría unha contra cun tiro ao pau e un rexeite que deixaba ao punta visitante para remachar a porta baleira dando un premio excesivo ao Lesende.

Cristian Figueroa e Nazo ante o Lesende-Foto-Soneira

Amio - Malpica (4-1)

11 do Malpica en Amio-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián (Cristian Villar, min.81), Diego, Juanjo Rabuñal, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro (Rodrigo, min.71), Cheo (Petís, min.56), Cololo, Diego Alonso e Martín Mara.
  • Goles: 0-1, min.5: Martín Mara de cabeza nun córner; 1-1, min.44; 2-1, min,58; 3-1, min.71; 4-1, min,75
  • Expulsións: os malpicáns Diego (min.45) por sacar unha falta sen permiso e Juanjo Rabuñal (min.93).
Amio-Malpica-Foto-Wash-Calv

Volveu de baleiro o Malpica de David Baña de Amio despois de ter o partido de cara. De feito, metíase pronto por diante e tiña media hora fantástica na que mesmo puido finiquitar o partido cas boas ocasións de Cololo, unha a centro de Joel, outra na que non ve a Cheo só, e outra nun tiro lonxano.

Foi clave o gol ao fío do descanso dos locais, nunha xogada que puido ser falta dos locals na saída do balón. E foi clave tamén a parada do meta do Amio un minuto despois, antes do descanso, a un cabezazo de Cololo, que puido ter deixado ao Malpica por diante ao comezo da segunda.

Na segunda parte o Malpica xa xogou moito máis descentrado e tampouco tivo sorte. Antes do 2-1 Cololo fallou outra oportunidade moi clara. Antes do 3-1, Maradona tivo outra doble oportunidade diante do porteiro pero acabou despexando a defensa. Na xogada que arrancou a continuación chegou o terceiro do Amio e ahí acabouse o partido. David Baña arriscou e pasou a defensa de tres, chegando o cuarto gol. Acabou o cuadro malpicán con outra expulsión e aínda pudo ser peor.

Acabaron os malpicáns desquiciados coa actitude arbitral, que nun partido sen unha patada acabou con dous expulsados e unha marea de amarelas que o perxudicou para a segunda metade.

Amio-Malpica-Foto-Wash Calvo

Villestro - Corme (2-0)

  • CORME: Suso, Adolfo, Dani (Brais Torrado, min.55), Pandi, Alejandro, Sergio (Antoniño, min.88), Brais, Josiño, Adrián Doldán, Lucas e Alejo.
  • Goles: 10, min.24; 2-0, min.94.

Contentos a pesar da derrota volven os cormeláns de Villestro. “Vós non baixades” dicíanlle os xogadores do segundo clasificado tras vencer inxustamente aos de lentejo. I é que se alguén tiña que gañar foi o Corme, nun partido con moitos fallos arriba, e un par de regalos que foron aproveitado por un equipo tremendamente serio, firme, eficaz e sen fisuras nin erros. Un equipo que demostrou por que está arriba de todo, pero que se viu superado polo bo xogo do Corme durante moitas fases.

Nos primeiros 15 minutos debiuse ter metido por diante o cadro cormelán, tras 3 chegadas case de gol, unha de Josiño e dúas chegadas en combinación. Eles non tiñan ocasión pero unha indecisión entre Suso e Pandi foi aproveitada polo eficaz dianteiro local Agus para abrir o marcador.

Na segunda a marea azulona foi a por todas. Josiño tirou abaixo na mellor ocasión para acadar o empate, e tiveron outras Alejo e Lucas tamén. Pero en vez do empate, e xa co tempo cumplido, os locais finiquitaron.

Segue nunha mala xeira de resultados o Corme, pero o equipo está recuperando as boas sensacións. “O día que entren, algún vai levar 6 ou 7 goles para o caldeiro”, valora a marea.


Puebla - Sofán (2-1)

  • SOFÁN: Bugy, Sito, Javi, Félix, Rubén, Martín, Míchel, Pablo, Raúl, Bertín e Iván Rojo.
  • Goles: 1-0, min.20; 2-0, min.55; 2-1, min.70: Raúl.
  • Expulsión: Pablo Martínez no min.89.

Non puido volver con nada positivo o líder da Pobra do Caramiñal. A SD atopouse cun gran equipo, máis eficaz nos momentos decisivos, e malia ter o dominio durante boa parte do partido, e contar con boas ocasións, non foi quen de levantar os dous goles cos se puña en vantaxe o equipo local.

Os locais metianse por diante na primeira chegada. Os visitantes colgaban balóns en xogadas de estratexia pero o gardameta local dominaba o xogo aéreo sen dificultades.
A segunda metade seguía o mesmo guión, cunha titánica pelexa sobre o campo. O Segundo tanto case que sentenciaba o partido, a pesar de que Raúl recurtase, a SD xa non cría na remontada, e menos cando Pablo Martínez era expulsado.

Aquí queda o resumo da man de Luís González:


Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboran Oscar Basalo, Martín, Wash Calvo, Santi Soneira, Luís Porto, CD Baio e SD Sofán.

Comentarios