Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ligas galegas: Dous puntiños para seguir sumando

Ligas galegas: Dous puntiños para seguir sumando
Aluminios Dumbría, que cumpre 25 anos, patrocina as Ligas Galegas

Puido ser mellor a xornada para os nosos representantes nas Ligas Autonómicas. Non sacou nada o Dumbría cadete da visita ao Val Miñor, pero que si que sumaron os outros dous cadros costeiros. O XSC acadaba un empatiño ante o Lugo B e segue alonxándose da zona baixa. Ademais, un puntiño máis para os infantís do Dumbría de Pablo e Huelvis, acadado ante o 4º clasificado. Uns dumbrieses que xa pensan na segunda fase, o play off por evitar o descenso.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 20

Val Miñor - Dumbría (1-0)

O Dumbría desprazábase a terras viguesas para enfrentarse ó Val Miñor, aínda que non o faría no seu campo habitual, xa que, por mor das obras do Condominguez tería que xogar na localidade de Chaín. O Val Miñor era un rival complicado situado na zona alta da clasificación. A primera metade foi moi igualada, con dominio alterno e a única ocasión clara de gol sería para o Dumbría no 19' cun remate de Luis por roba do longueiro.

Xa na segunda meta de o Val Miñor tería o dominio da pelota pero non tería ocasións de gol, que sí terían os xogadores de Juan e Joaquín. A primera de Marcos que responde cunha gran parada o portero local Miguel e otra seguida de Jose, no 71', que sae rozando o paso.
E cando mellor estaba o Dumbría chegaría o gol local, logo dunha xogada pola banda dereita que remataba o dianteiro Gabriel no 73'. A pesar dos intentos do Dumbría para conseguir o empate o encontro remataba con resultado de 1-0.

Liga Galega Cadete, xornada 20

Lugo B - Xallas StComba (2-2)

  • XSC: Rubén, Guillín (Brais), Alberto, Pablo, R; Raúl, Thiago; Juan Lois (Mosteiro), Carlos Baio, Manuel (Rubén Suárez) e Grille (Héitor).
  • Goles: 1-0, min.35; 1-1, min.44: Juan Lois; 1-2, min.48: Juan Lois; 2-2, min.66.

Partido con dúas caras moi diferentes. Unha primeira metade cun Lugo B que, sen dominar, si aproveitouse dun XSC irregular e con numerosas perdas de balón, que propiciaron un partido aberto e sen dono, aínda que os locais, no único erro de marcaje, nunha acción de estratexia, lograba adiantarse no marcador, sen merecelo. Poucas ocasións de gol nestes primeiros corenta minutos e un Xallas de Santa Comba que se ía ao descanso con desventaja no marcador, froito máis dun erro que do mellor xogo dos rojiblancos lucenses.

A segunda metade foi absolutamente diferente. Os xalleiros saíron moi enchufados e, desde o primeiro instante, víronse dominadores e sorprenderon a un Lugo que non puido manter a súa mínima vantaxe. Os dous goles de Juan Lois voltearon o marcador e fixeron xustiza ao mellor xogo dos visitantes, dominadores e claramente donos do partido.

Cando parecía máis preto o 1-3 que o 2-2, chegaría o empate nunha perda absurda do balón na zona de perigo do XSC que era aproveitada polos lucenses para conseguir un inmerecido empate, pois ata o final o Xallas mostrouse moi superior ao seu rival, gozando de varias oportunidades claras para marcar, pero abortadas polo bo labor do meta local.

Ao final, un reparto de puntos que aumenta a vantaxe dos verdelaranxas con respecto aos postos de descenso, agora a seis puntos do Compostela e a cinco do posible arrastre que ocupa o Orillamar coruñés.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 17

Dumbría - Galicia Caranza (1-1)

  • Goles: 0-1, min.66; 1-1, min.77: Toni remata de cabeza un centro de Brais Fernández.

Chegaba o 4º clasificado ao Conco coa idea de seguir sumando de 3 en 3, pero desta vez atopáronse con un Dumbría sobrio e que segue mellorando pouco a pouco. A primeira metade comezou moi parexa, con un pouco máis de dominio dos visitantes, pero con un Dumbría que estaba relativamente cómodo no campo de xogo.
Aos 20 minutos chegaría dúas claras ocasión case calcadas do Galicia, da man dos seus dous dianteiros (un deles recentemente fichado polo Deportivo) a piques estiveron de cambiar o partido. Non acertaron e case lles sae caro, pois o Dumbría comezou a ter máis posesión e Sestayo e Adrián dispuxeron de sendos mans a mans, pero unha vez o porteiro e outra a precipitación deixaron o marcador ao descanso como comezara.

Xa na segunda metade, o partido seguía moi parexo, ainda que o Dumbría non era capaz de crear perigo como fixera na primeira metade.
Os de Ferrol intentaban chegar pero non creaban perigo suficiente, pois a defensa dumbriesa amosouse moi compacta durante todo o encontro. Tan só, ao redor do minuto 65, unha xogada do seu mellor xogador dende ó corner, axudado pola pouco contundencia dos xogadores dumbrieses permitiu que se adiantara o equipo visitante. 0-1 e pouco máis de 10 minutos para o final. A cousa semellaba complicada.

Pero os nenos dumbrieses fixeron deste erro unha anécdota e fóronse a polo empate dende a seguinte xogada. Froito desto chegou 3 minutos despois unha falta escorada ao lado dereito do ataque dumbriés. Un lanzamento de Brais Fernández de gran calidade e un remate ao máis estilo Sergio Ramos do fisterrán Toni fixeron que o balón se colase na a escadra do equipo visitante. Gran gol e gran punto para seguir sumando para a querida salvación.


Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios