Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Cerqueda pega de novo

3ª Autonómica: O Cerqueda pega de novo
Cerqueda e Ameixenda en Xavina de Buno-Foto-UD A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Para ti, para min. Levan Ameixenda e Cerqueda inercambiando posicións nestas últimas semanas pero queda o Cerqueda líder da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira tras esta xornada 20. O cadro malpicán sufriu para doblegar a un cadro de Manolín que chegaba lider a Xaviña, pero que marcha 2º na táboa. Así e todo, ambos parecen os claros candidatos ao ascenso directo, tendo en conta a irregularidade dos rivais, e que teñen 5 e 6 puntos de vantaxe sobre o 3º.

Un 3º posto que ten o Corcubión, a pesar de caer en Coristanco, que se coloca só 2 puntos por debaixo. O Nantón non fallaba ante o Castrelo ao que impide meterse na pelexa e alonxa así ademais ao Muxía, que descansaba.

A sorpresa da xornada deparou o pechacancelas Laxe en Lombáns, goleando a un Lira capaz do mellor e do peor. Unha derrota que provocou a dimisión de Javier de Pinturas Carnota como adestrador liracho, polo que probablemente irán a Corcubión sen míster.


Lira - Laxe (0-5)

  • LIRA: Trozo, Miky, Josiño, Javi porto, Germán, Pata, Eloy, Yanki, Manu, Cibrán e Iago.
  • LAXE: Anxo, Djamel (Sergio) Aarón, Suárez, Jacinto; Santi, Carlos (Gora), Borja, Adrián, Elías (Roberto) e Iván Caamaño (Bras, min.46).
  • Goles: 0-1, min.15: Adrián despois dun pase de Elías; 0-2, min.30: Santi cun tiro dende a frontal tras unha boa xogada con Elías; 0-3, min.42: Elías; 0-4, min.65: Carlos tras unha contra levada por Djamel; 0-5, min.80: Roberto nunha contra levada polo xuvenil Adrián.

Partido para esquecer do Lira que supuxo a dimisión do adestrador liracho Javier de Pinturas Carnota. Notou as baixas o cadro local dos Peipo, Paky, Oli, Deme ou Javi Carnota, e o Laxe, pechacancelas, pasou por riba dun equipo que tiña a mente máis posta na visita a Corcubión da semana que vén que en Lombáns.

Pola contra, gracias tanto a chegada de Rochiccioli como pola subida dos xuvenís, este Laxe parece que ten un novo aire. De feito, foi un partido moi completo do cadro laxense, tanto ofensiva como defensivamente. Comezaban combinando ben e pronto unha boa xogada era culminada por Adrián despois dunha boa xogada de Elías, un dos xuvenís xunto a Adrián e Santi que facían moito dano polas bandas. De feito, Santi e Elías tamén protagonizaban o segundo.

O Lira intentou reaccionar e dispuxo dun par de ocasións para marcar pero non estivo acertado. Pouco antes do descanso, Elías marcaría de falta por toda a escuadra e así chegaríase ao descanso.

Na segunda parte o Lira empezou dominando máis, pero o Laxe estaba moi serio e nun par de contras matou un partido que xa estaba sentenciado.

nos estivemos moi serios atras, e despois dunha contra ben levada por Djamel chegou o 0-4 obra de Carlos. Eles nunca se rendiron, e doutra contra e tras outra gran xogada de Adrián chegaria o 0-5, obra de Roberto que solo tivo que empuxar a rede o gran pase do xuvenil

Nantón - Castrelo (4-1)

  • NANTÓN: Guillermo, Dani Costa, Félix (Raúl, min.78), Diego, Carlos (Patelele, min.80), Lareu, Fabio (Dani B, min.75), Martín, Carlos Vidal (David, min.77), Iván e Luís.
  • CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Berdoias, min.75), Quintáns, Darío, Raúl (Suso, min.71), Stiven, Edre (Pichón, min.73), Capote, Isra e Rafa (Félix, min.55).
  • Goles: 1-0, min.30: Iván en xogada persoal; 2-0, min.55: Carlos Vidal empurra a gol mentres o porteiro visitante pensaba que houbo falta en ataque; 3-0, min.65: Lareu aproveita o rexeite a un tiro de Iván; 4-0, min.75: Luís non perdoa no man a man; 4-1, min.87: Isra.

Partido con varias fases e un resultado demasiado abultado para os cabaneses. Por fin chegaban con fondo de armario e se notou. Empezou dominando o Castrelo, pero a súa falta de gol quedou manifesta un partido máis. Pouco a pouco o Nanton fui meténdose cada vez máis no partido, levando a iniciativa, pero sen atopar o último pase, ata que nunha boa xogada Iván en xogada persoal adiantaria aos locais no marcador. Asi chegarian o tempo de descanso.

Na segunda parte nos primeiros minutos o Castrelo parecia meter máis gañas no partido pero chegaba a xogada tonta da semana. Carlos Vidal salta co meta visitante nunha disputa de balon cometendo unha posible falta. O meta atalla o balón e o arbitro marca a lei de vantaxe, pero o porteiro interpretando que pitara a falta disponse a sacar cando Vidal empuxa o balón o fondo da rede. Desta forma curiosa foi como chegaria o 2-0.

Apartir de aí o Castrelo borrouse do partido e perdeu o nervos co colexiado, e caeron dous goles máis locais, un que serviría para que Luís anotase o seu 15º tanto. E na recta final, Isra remataba en gol un pase en profundidade. O Nantón leva uns 3 puntos merecidos pero cun resultado engañoso.


Coristanco - Corcubión (2-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Sergio, Jose (Varela, min.46), Mato, Facal (Ivi, min.46), Marcos, Toni (Moreno, min.70), Iván, Pazos, Gonzalo (Joni, min.60) e Juan.
  • CORCUBIÓN: Sito, Checho, Javi, Sebas, Gabi, Alan, Berto, Toja, Lema, Gorka e Javi Floreal (Goche, min.65).
  • Goles: 0-1, min.60: Lema; 1-1, min.75: Iván remata unha falta lateral botada por Moreno; 2-1, min.87: Ivi.

Chegaba o Corcubión con moitas baixas atrás e o pagou ante un bo Coristanco que recupera o bo ton de comezo de temporada. O equipo de Da Silva saíu a presionar aínda que a proposta do Corcubión era sempre a de saír co balón xogado. O choque estaba moi parello, sen apenas ocasións no primeiro tempo.

Xa na segunda, o Coristanco esperou máis atrás, e o Corcubión se metía por diante co gol de Lema, que xa leva 14 goles e case alcanza a Luís no alto da táboa dos pichichis. Tivo o propio Lema a sentenza nos pés pero a súa falta foi sacada moi ben por Nacho nunha xogada clave, que permitiu espertar aos verdes.

O Coristanco reaccionou e se veu arriba, e empataba a balón parado. Quedaban 15 minutos e o Coristanco acabou dominando. Pazos fallaba un man a man con Sito, Juan mandaba ao longueiro, e xa contra o final, Ivi facía o segundo noutra xogada a balón parado.


Cerqueda - Ameixenda (2-0)

  • CERQUEDA: Ángel, Sergio, Atu (Pablo, min.47), Dani, Javi Pazos (Rubén, min.90), Pailos (Xabi, min.46), Lorenzo, Jhonny, Luchi (Uru, min.65), Darío e Jacobo (Javi, min.70).
  • AMEIXENDA: David, Camacho, Javichu, Samuel, Iván Pequeño, Momaño, Jesús, Cristian, Demetrio (Mateo, min.85), Borja (Antón Lestón, min.80) e Mario.
  • Goles: 1-0, min.75: Pablo; 2-0, min.85: Javi.

Pouco fútbol e moito respecto nun choque por todo o alto en Xaviña de Buño entre os que poden ser, a día de hoxe, os mellores equipos da categoría. Un choque cunha parte para cada equipo, que puido ter rematado en empate pero que se decidiu en dúas xogadas desafortunadas da defensa ceense no treito final do partido.

O Ameixenda mandou no primeiro tempo, pero sen claridade cara gol. Luchi tivo a mellor dos locais nos primeiros 45 minutos pero fallou. O Cerqueda aproveitou o baixón físico dos visitantes na segunda e foron arriba, marcando no treito final.

Aquí quedan os goles locais:

Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios