Comeza unha nova xornada de Fútbol da Costa, e parece que de novo será pasada por auga. Pero a xornada chega intensa, polo que imos comezar a Previa da xornada.
E o facemos, coma sempre, por arriba, pola Preferente - Senra Sport. Ten o Dumbría unha boa ocasión para engancharse á zona alta, se vence en Arteixo ante o 5º clasificado, que só ten 4 puntos de vantaxe sobre o equipo de Canosa. Unha nova vitoria o metería de novo na pelexa. Mentres, o XSC ten unha saída das que non se pode fallar se queres estar arriba, ante O Val, un equipo preto do descenso.
Volven os derbis á 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. A Esteirana necesita poñerse a sumar de 3 en 3 e un dos que pode sufrir as consecuencias é o Soneira, que visita o campo esteirán este domingo. Mentres, pola zona alta, o Sofán (menudo local social!) non pode permitirse o luxo de caer por segunda semana consecutiva, e quere seguir facendo do Carral un fortín ante o Cordeiro, o 6º da táboa. Viríalle relativamente ademais a vitoria sofanista a o Baio, 5º, e que quere manter a boa liña no Platas Reinoso ante un moi bo Bertamiráns B, que xa venceu ao líder. Un pouco máis atrás, o Malpica recibe a todo un Villestro, 2º clasificado a só un punto do Sofán, polo que a vitoria malpicá será tamén vermella. E remata a xornada coa visita do Silleda ao Corme. Un Corme que se atopa nunha situación clasificatoria que non reflicte, para nada, o que se ve nos campos, pero o balón non está entrando e unha derrota ante un rival directo por evitar o descenso podería colmar de nervos á parroquia azulona.
Boa xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O líder, o San Lorenzo, visita a un Ponteceso en alza, mentres o Outes, 2º, recibe a un gran Volantes, 5º na clasificación e a só 5 puntos dos da Serrae a 9 dos de Verdillo. Por detrás, o Zas non pode caer ante un Montelouro tremendamente mellorado e que quere saír dos postos de descenso, pero xa non pode contar co efecto “mikasa”. Ademais, o Castriz, o 4º, recibe a un Cabana que leva 4 xornadas sen gañar.
Prometen ademis o Baíñas-Fisterra, duelo de equipos verdes, así como o derbi camariñán, que chega con dous equipos tremendamente igualados.
A 3ª xornada da 3ª volta da a href="http://www.futboldacosta.com/?deporte=1&temporada=6&tc=94">3ª Autonómica - Clínica Xunqueira ten varios choques interesantes, mentres descansa o Ameixenda. O Corcubión recibe ao Lira nun duelo directo. O líder, o Cerqueda visita a un Castrelo con gañas de meterse na pelexa. O mesmo lle pasa ao Muxía, preto da loita pola Promoción, e para meterse ten que superar a todo un Coristanco. Ademais, o Laxe, que parece que volve a competir en serio dende a chegada de Rochiccioli, recibe ao Nantón.
De base
Haberá choque de líderes na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os Miúdos e Dumbría medirán forzas en Muros. Ademais, o derbi Camariñas-Porteño chega co cadro da capital como favorito, mentres que o XSC-Cabana definirá quen se mete na pelexa cos de arriba.
Nas Ligas Autonómicas, os cadetes do Dumbría e do XSC buscarán seguir sumando para escapar da zona baixa, mentres o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría afronta a penúltima xornada da 1ª Fase en Bertamiráns coa imperiosa necesidade de sumar algún punto máis de cara ao playoff por evitar o descenso.
Nas ligas comarcais, o partidazo da xornada será o gran duelo no alto da 1ª Infantil entre Fisterra e XSC. Ambos chegan líderes destacados, con 45 puntos, e o choque de Santa Comba servirá para ver quen se coloca de favorito a 6 xornadas do remate.
Duelo nos Veteranos
E ollo cas Ligas de Veteranos, pois teremos un duelo no cumio da 1ª División, con San Román-Hosgran, os dous equipos empatados no alto da táboa.
Arteixo | 01/02 - 12:00 | Dumbría |
O Val | 01/02 - 16:15 | Xallas StComba |
Sofán | 01/02 - 16:15 | Cordeiro |
Malpica | 01/02 - 16:15 | Villestro |
Baio | 01/02 - 16:15 | Bertamiráns B |
Esteirana | 01/02 - 16:30 | Soneira |
Corme | 01/02 - 16:30 | Silleda |
Montelouro | 01/02 - 16:15 | Zas |
Camariñas | 01/02 - 16:15 | Porteño |
Mazaricos | 01/02 - 16:15 | Camelle |
Carnota | 01/02 - 16:30 | Seaia |
Buño | 01/02 - 17:00 | Cee |
Castriz | 01/02 - 17:00 | Cabana |
Ponteceso | 01/02 - 17:00 | San Lorenzo |
Baíñas | 01/02 - 17:00 | Fisterra |
Outes | 01/02 - 17:00 | Volantes |
Corcubión | 31/01 - 16:15 | Lira |
Laxe | 31/01 - 16:15 | Nantón |
Muxía | 01/02 - 16:45 | Coristanco |
Castrelo | 01/02 - 19:00 | Cerqueda |
Os Miudos | 31/01 - 16:00 | Dumbría |
Porteño | 31/01 - 16:30 | Camariñas |
Xallas StComba | 31/01 - 17:00 | Cabana |
Corcubión | 31/01 - 12:00 | Outes |
Fisterra | 31/01 - 16:00 | Zas |
Malpica | 31/01 - 16:00 | Muxía |
Esteirana | 31/01 - 17:00 | Ponteceso |
Coristanco | 31/01 - 17:00 | Baio |
Cee | 31/01 - 18:00 | Castriz |
Dumbría | 31/01 - 17:00 | Pontevedra |
Xallas de Santa Comba | 01/02 - 12:00 | Xuventude Oroso |
Bertamiráns | 31/01 - 18:15 | Dumbría |
Corme | 31/01 - 10:30 | Sofán |
Muxía | 31/01 - 10:30 | As Baleas |
Cee | 31/01 - 11:30 | Coristanco |
Esteirana | 31/01 - 15:30 | Ponteceso |
Cabana | 31/01 - 16:30 | Os Miudos |
Baio | 01/02 - 10:30 | Outes |
Zas | 31/01 - 11:30 | Coristanco |
Xallas StComba | 31/01 - 12:30 | Fisterra |
Cee | 31/01 - 16:00 | Outes |
Vimianzo | 31/01 - 18:00 | Corme |
Sofán | 31/01 - 18:45 | Esteirana |
Os Miudos | 01/02 - 10:30 | Ponteceso |
XSC A | 31/01 - 10:15 | Cee A |
Esteirana A | 31/01 - 10:30 | Dumbría B |
As Baleas | 31/01 - 10:30 | Dumbría |
Esteirana B | 31/01 - 11:30 | Outes A |
Os Miúdos A | 31/01 - 12:00 | Fisterra |
Os Miúdos B | 31/01 - 12:00 | Cee B |
Sofán | 01/02 - 09:30 | Lira |
XSC B | 30/01 - 19:15 | Outes |
XSC A | 31/01 - 10:15 | Cee |
Os Miúdos A | 31/01 - 11:00 | Fisterra |
Os Miúdos B | 31/01 - 11:00 | Cee B |
As Baleas | 31/01 - 11:30 | Dumbría |
Sofán | 01/02 - 10:30 | Lira |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 19
Zas | 01/02 - 11:00 | Cabana |
San Román | 01/02 - 09:30 | Hosgran |
Baio | 01/02 - 12:00 | Dumbría |
Bértoa | 01/02 - 11:00 | Laxe |
Coristanco | 01/02 - 10:00 | At. Milagrosa |
Xv. Bergantiños | 01/02 - 11:00 | Soneira |
Ponteceso | 01/02 - 11:30 | San Lorenzo |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 19
Vimianzo | 01/02 - 11:00 | Camariñas |
Corcoesto | 01/02 - 11:00 | Sofán |
Dep. Carballo | 01/02 - 9:30 | Cerqueda |
Erbecedo | 01/02 - 12:00 | Poniente |
San Isidro-Razo | 01/02 - 11:00 | Malpica |
Buño | 01/02 - 10:00 | Nantón |
Porteño | 01/02 - 11:00 | Leiloio |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).