Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Resultados e análise da completa xornada de Fútbol da Costa

Resultados e análise da completa xornada de Fútbol da Costa
Imaxe do Zas-Castriz-Foto-Paula

Nova xornada completa de Fútbol da Costa esta de xaneiro, con moito que contar.

Comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos cambiaron as rutinas. Chegaba mellor o XSC a esta xornada, pero caía en Viveiro, e queda cos 28 puntos. Pola contra, o Dumbría, tras 4 xornadas sen gañar, mantiña 3 puntos importantes na casa e suma un máis que os xalleiros, pero ambos equipos ven como a parte alta vai escapando.

Só o Baio salvou a mala xornada dos nosos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Os de Félix venceron en Silleda e quedan a 8 puntos do liderato. Un liderato que aínda conserva o Sofán, que non está no mellor momento tras sumar só unha vitoria nos últimos 4 partidos. De feito, o Villestro, que sumaba ante o Corme a súa cuarta vitoria seguida, vén como un vendabal e queda a só 1 punto. Ademais, Soneira e Malpica caían ante dous de abaixo, facéndolle flaco favor a unha Esteirana que tampouco sacou nada da súa visita ao Cordeiro.

Tensísima a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O San Lorenzo recupera vantaxe e ten de novo 4 puntos de vantaxe sobre o Outes tras vencer ao Baíñas pola mínima, e aproveitar o empate dos da Serra en Ara Solis. Por detrás, o partidazo da xornada deixa ao Zas metido na pelexa por todo, tras vencer ao Castriz en San Andrés. Volantes súmase tamén á pelexa e queda a só 9 do líder tras superar ao Buño, que queda algo descolgado.
Por abaixo, Camariñas e Ponteceso comezan a ser os equipos que se esperaba, e suman 22 puntos e seguirán subindo posicións. Cabana e Porteño sumaban un punto que non lles vale para escapar dos de abaixo, onde o Montelouro sumaba o seu cuarto partido sen perder e queda a 4 da salvación, mentres o Camelle, malia súa melloría, leva 6 derrotas seguidas e 12 sen coñecer a vitoria.

Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, recupera o liderato o Cerqueda tras superar, na casa, ao Ameixenda, no choque de trens da categoría. Quedan con só un punto de vantaxe os dous máximos candidatos ao ascenso directo. Por detrás, o Corcubión queda a 6 do liderado tras caer ante un Coristanco que queda 2 puntos por detrás. A sorpresa da xornada a daba o pechacancelas, o Laxe, que vencía en Lombáns por 0-5 a un Lira aspirante a todo, capaz do mellor e do peor. Ademais, O Nantón non fallou ante o Castrelo nun partido clave, para evitar que se metese na pelexa pola Promoción e así ampliar a renda sobre o Muxía.

Xuvenís

Fermosa estase poñendo a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os campións están dándoo todo, e polo de agora, Os Miúdos está sendo a revelación, pois suma dúas vitorais en dous partidos, e esta semana vencendo a todo un XSC. Os muradáns comparten liderato co Dumbría, que endosou o segundo set seguido ao Porteño. Ademais, o Camariñas e Cabana protagonizaron un novo e intenso choque, que se sadou cun empate.

Mentres, na insulsa Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, da que só quedarán eliminados 3 equipos, temos que Esteirana, Coristanco e, sorprendentemente Malpuca (despois da súa mala primeira fase) suman os dous encontros por vitorias. Quedan polo de agora 4 equipos sen puntuar, Zas, Baio, Cee e Castriz.

De base

Non foi boa a xornada para os nosos nas Ligas Autonómicas, se ben o XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría infantil sumaron un punitño cada un que pode ser importante.

Seguen moi igualadas as ligas base. En 1ª Cadete, os de arriba non fallaron, e Corme, Cabana e Ponteceso golearon e manteñen o ritmo.
Ademais, na 1ª Infantil, manteñen a fermosa pelexa Fisterra e XSC no alto da táboa, empatados con 45 puntos, 6 máis que os Miúdos e 7 que Cabana.

Xa cos máis peques, en F8 Alevín Costa Sur o Outes levantou o pedal sumando o seu primeiro empate ante a Esteirana tras 10 vitorias seguidas, e o Cee A colócase a só 1 punto.
Nos F8 Benxamín Costa Sur, Outes e Fisterra seguen o seu pulso.

Aprétanse as cousas nos Veteranos

Máis apretada que nunca está a 1ª División dos Veteranos, con 5 equipos en apenas 3 puntos. O líder, o Hosgran, non pasaba do empate ante o Baio, tropezo que aproveitaron os seus rivais para recurtar distancias. O San Román sitúase de colíder tras vencer en Cabana. O Cabana queda a 2 puntos despois de superar ao Bértoa, e Coristanco e Milagrosa quedan a 3, e iso que ao Coristanco tocáballe descansar.

Sen embargo, na 2ª División o Agualada escapa case que definitivamente, pois saca xa 9 puntos ao Erbecedo, que non pasaba do empate ante o Cerqueda, 13 ao Porteño, que descansaba, e 15 ao San Isidro-Razo, que esquece o seu fantástico comezo de campaña e caía ante o Poniente.


Preferente - Senra Sport, xornada 21

Viveiro 3-2 Xallas StComba
Dumbría 1-0 Sada

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 20

Cordeiro 3-0 Esteirana
Silleda 0-2 Baio
Soneira 2-3 Lesende
Amio 4-1 Malpica
Villestro 2-0 Corme
Puebla 2-1 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 20

Cabana 1-1Carnota
Cee 1-1 Montelouro
Seaia 0-1 Camariñas
Porteño 1-1 Mazaricos
Camelle 1-2 Ponteceso
San Lorenzo 3-2 Baíñas
Fisterra 1-1 Outes
Zas 4-1 Castriz
Volantes 1-0 Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 20

Lira 0-5 Laxe
Nantón 4-1 Castrelo
Coristanco 2-1 Corcubión
Cerqueda 2-0 Ameixenda

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

E.D. Os Miudos 3-0 Xallas StComba
Camariñas 2-2 Cabana
Dumbría 6-0 Porteño

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 2

Outes 6-2 Cee
Zas 1-2 Coristanco
Castriz 0-5 Esteirana
Baio 0-2 Malpica
Muxía 5-0 Corme
Ponteceso 0-0 Fisterra
  • Descansa Corcubión.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 20

Val Miñor 1-0 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 20

Lugo B 2-2 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 17

Dumbría 1-1 Galicia Caranza

1ª Cadete, xornada 19

Coristanco 3-4 Muxía
Outes 0-1 Os Miudos
As Baleas 1-6 Corme
Sofán 0-6 Cabana
Baio 3-1 Esteirana
Ponteceso 3-0 Fisterra
  • Descansa Cee.

1ª Infantil, xornada 19

Esteirana 4-7Vimianzo
Ponteceso 0-6 Zas
Cabana 2-2 Cee
Fisterra 2-0Os Miudos
Outes 2-0 Sofán
Corme 2-4 Xallas StComba
  • Descansa Coristanco.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 11

Dumbría 10-2 Esteirana B
Cee B 1-5 Os Miúdos A
Fisterra 4-2 As Baleas
Outes 2-2Esteirana A
Cee A 16-0Os Miúdos B
Dumbría B 7-1Lira
Sofán 2-1XSC A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 11

Dumbría 5-1 XSC B
Cee B 1-3Os Miúdos A
Fisterra4-3 As Baleas
Outes 4-2 Esteirana
Cee 1-5 Os Miúdos B
Sofán 4-5 XSC A
  • Descansa Lira.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 18

Cabana 0-2 San Román
Hosgran 1-1 Baio
Dumbría 4-2 Bértoa
Laxe 0-0 Castriz
At. Milagrosa 3-1 Xv. Bergantiños
Soneira 3-0 Ponteceso
San Lorenzo 2-1 Zas
  • Descansa Coristanco.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 18

Camariñas 0-3 Corcoesto
Sofán 1-2 Dep. Carballo
Cerqueda 0-0 Erbecedo
Poniente 2-1 San Isidro-Razo
Malpica 1-2 Buño
Nantón 0-4 Agualada
Leiloio 7-1 Vimianzo
  • Descansa Porteño.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios