mércores. 14.05.2025
El tiempo

Camariñas e Ponteceso aumentan o ritmo

Camariñas e Ponteceso aumentan o ritmo
Nova xornada con sobresaltos na Liga da Costa. Tan só o Camariñas eo Ponteceso sumaron do grupo de arriba. Mentres o Sofán caían na casa ante o Muros, o Fisterra na casa ante o San Lorenzo, e o Club do Mar facía o propio en Dumbría. Deste xeito, as diferencias dos 5 de arriba co grupo seguinte diminúen e calquera se pode meter na loita.

Fisterra - San Lorenzo (3-4)

  • Fisterra: Joselu, Piti (Marcos, min.75), Julio, Rodrigo (Senra, min.75), Pana (Munitis, min.80), Roa, Edy (Nacho, min.45), Nico (Guardiola, min.80), Roco, Cata, Manoliño.
  • San Lorenzo: Sergio, Ivan Rey, Carliños, Dubra, Puñal, Anxo (Fuentefría, min.65), Javi (Canteiro, min.90), Cachizo, Alexandre (Omar, min.60), Alex (Fabián, min.85), Jorge (Eloy, min.80).
  • Goles: 0-1, min.13: Alex; 0-2, min.22: Alex; 1-2, min.35: Julio de penalti; 1-3, min.55: Alexandre; 1-4, min.70: Carliños; 2-4, min.75: Roa; 3-4, min.90: Nacho.
  • Expulsión: o local Manoliño (min.46).
Semellaba que o Fisterra de Manolo Santos volvía a coller o ritmo, de vitorias porque de xogo non o ten perdido. Foi un ecnotnro moi disputado, con alternativas para os dous equipos. A expulsión de Manoliño no ecuador do partido foi condicionante cando o marcadro xa era 1-2 para os de Verdillo. O prieiro treito da segunda foi moi mala para os locais que viron o San Lorenzo escapaba. Tentou remar ao final o Fisterra pero era tarde.

Sofán - Muros (2-3)

  • Sofán: Rubén; Iván Cerilla, Teo, Mayuyo, Miguel Riveiro, David (Dani Corniños, min.72), Varito, Manu Dosil (Toni, min.61),Bibi (Gael, min.83), Sexo e Yanky (Gelo, min.76).
  • Sofán: Carlos Tojeiro, Juanjo, Pensado, Juan Rabuñal, Miniño, Diego, Pizo (Jacobo, min.62), Aleman (Manolo Varela, min.80), Mario Casal, Bertin (Adrian, min.57) e Luisito (David Pensado, min.54).
  • Goles: 0-1, min.10: Sexo, de disparo cruzado; 0-2, min.25: Manu Dosil, a porta baleira logo dun pase de Sexoe tras erro do meta local; 1-2, min.30: Pensado de falta directa: 1-3, min.35: Yanky, remantando un saque de esquina no segundo pau; 2-3, min.88: Jacobo de falta directa.
Partido entretido que se disputou mentres caía unha forte tromba de auga e que comezou con moita intensidade cun Muros presionando moi arriba o cal provocaría bastantes roubos de balón en zonas de perigo cando o Sofán ntentaba sair co balón xogado. Así chegaría o primeiro gol nunha interceptación de Sexo o cal realizou un gran disparo cruzado dende a frontal. A partir do primeiro gol o Muros durmiuse un pouco e o Sofán apretou durante algúns minutos ata que mediada a primeira metade unha cabalgada de Sexo e aproveitada por Manu Dosil para marcar o segundo gol logo de que o porteiro sofanista non conseguira atallar o balón. Pero apenas uns intres despois o Sofán conseguía recortar diferencias ao executar con maestría un libre directo dende a frontal da área. Aínda que o Muros volvería a golpear, desta vez sería Yanky o que marcaría rematando picado un saque de esquina. Antes do descanso aínda tivo Bibi unha ocasión clara e o Sofán intentouno mediante xogadas a balón parado. Na segunda metade o Sofán foise hacia arriba e atacou a porteria de Rubén, máis por inercia que por convición, sobre todo mediante xogadas a balón parado e disparon lonxanos pero o Muros defendeuse con uñas e dentes e contragolpeaba con perigo aprobeitando a velocidade de Sexo, Yanky e Toni aínda que non conseguía sentenciar definitivamente o encontro. E lograría o Sofán recurtar distancias tras outra execución magnífica dunha falta que se colou pola escadra sen que Rubén poidera facer nada pero o gol chegaba practicaménte co tempo cumplido polo que un par de minutos despois o árbitro decretaba o final.

Corme – Baio (1-1)

  • Corme: Suso, Abel, Jesús, Pandi, Pipo, Alejandro, Martín (Alejo, min.46), Xerpes (Adolfo, min.60), Lucas, Martin, Iago.
  • Baio: Martín, José Antonio, Diego, Mario, Ramon, Pensado, Pirucho (Borja, min.60), Alberto (Fernando, min.70), Canai, Jorge, MC.
  • Gol: 1-0, min.50: Jesús de golazo; 1-1, min.70: Mario de penalti.
  • Expulsión: MC por vermella directa e a Pipo tralo penalti tras apuntarlle dúas tarxetas; e mais a Alejo por protestar.
Non mereceu o Baio nin sequera o empate. Xogou o Corme moito máis e ata o colexiado axudou aos baieses, pois os cormeláns protestaron ata 3 penaltis. E para un que pitou, Iago marrouno. O colexiado acabou expulsado a 3 xogadores e apenas houbo unha soa patada.

Dumbría B - Club do Mar (4-3)

  • Dumbría B: Anxo, José Carreira (Samuel lmin. 90), David Carreira, Sergio Cives, José Manuel, Jesús, Pablo Lestón (Insua min. 75), Ramiro (Fernando min. 70), Tantán, Miguel Poyo, Pablo Muíño (Ivanete min. 85).
  • Club do Mar: Borja, Chori, Chechu, Juan Lareo (Jorge min. 46), Fran, Abel (Piñeiro min. 55), Corral, Repi, Manu (Isa min. 60), Hebe, Jacobo.
  • Goles: 0-1, min.25: Héber; 1-1, min.35: Tantán; 2-1, min.65: Pablo Muíño; 3-1, min.70: Pablo Muíño; 4-1, min.75: Pablo Muíño; 4-2, min.85: Jacobo; 4-3, min.88: Jorge.
Tras unha primeira metade igualada, o Dumbría B tomou o mando do encontro na segunda. Cun Pablo Muíño entonado, o filial dumbriés cambia e ten toda esa mordiente que ás veces lle falta. Os caioneses intentaron a remontada ata a última xogada na que tiveron unha boa ocasión para empatar.

Vimianzo – Carnota (2-4)

  • Vimianzo: Damián, Amarelle, Iván de Treos, Sergio Quintáns (Martín, min.70), Manacas (Maikol,min.80), Mario (Arán, min.60), Santi, Lagoa, Pose, Javi, Iván de Baíñas (Diego,min.80).
  • Carnota: Rubén Santos, Nico Capi, Adrián, Pedro, Tono da Caixa (Manolo Chouza, min.80), Toniño (Gabri, min.75), Miguel Beiro (Deme, min.88), Manuel Luis (Urco, min.85), Nico Alvarado, Pablo Beiro, Casti (Oli, min.70).
  • Goles: 1-0, min.20: Mario; 1-1, min.25: Casti; 2-1, min.30: Nico Alvarado de volea; 3-1, min.55: Miguel Beiro tras un rexeite a tiro de Casti; 4-1, min.75: Manuel Luis tras internarse pola banda; 4-2, min.75: Pose.
  • Expulsión: Pose no min.90.
Cambio de actitude en Carnota que gañou cando máis o precisaba. O equipio de Juan Jesús leva unha xeira fatal de resultadosque se corroba coa derrota ante o pechacanelas, ao que xa iguala a puntos. Por Vimianzo está sufrindo demasiado a plaga de lesións que descentrou ao equipo, e agora está nunha dinámica perdedora, e cada gol é unha losa imposible de remontar.

Buño – Camariñas (0-4)

  • Buño: Brais, José (Lolo, min.65), Diego, Moscoso, Angel, Fernando (Rubén, min.46), Mendieta (Davicinho, min.56), Jorge, Pardiñas (Emilio, min.46), Fran Martuxa (Juan, min.65), Santi.
  • Camariñas: Pombo, Pesqui (OGando, min.65) , Breo, Maikel, Josiño, De la Sierra (Nico,min.60), Moriño, Brais, Javi, Juan oBello (Antelo, min.75), Mané (Adrián, min.65).
  • Goles: 0-1, min.1: Mané de penalti feito a Juan oBello; 0-2, min.5: Brais tras unha xogada por banda de Brais; 0-3, min.25: Juan oBello tras unha grande combinación colectiva; 0-4, min.85: Brais de cabeza tras unha falta lateral.
  • Expulsión: o adestrador local.
Media hora espléndida do Camariñas foi sufiente para doblegar a un Buño en mal momento. Con xogadas do mesmo Barcelona o equipo de Manolín abriu o marcador e xa ía 0-2 aos 5 minutos. Demostrou o Camariñas que o seu ritmo é da zona moi alta, xa aos 25 Juan oBello acabou co encontro. Iso si, antes, co 0-2, o Buño tivo un balón ao pao e un posible penalti que o colexiado non viu que o puido meter no partido. Na segunda metade o Camariñas replegou e o Buño deu a talla aguantando as embestidas do líder á contra. Dende Buño quixeron facer unha mención especial a Añón, que foi pai e por iso non puido xogar. Silvia, a nova socia do Buño, recibiu unha homenaxe con camisolas e todo. Ademais, volveu Emilio aos terreos de xogo tras un ano no dique seco.

Porteño – Castriz (1-2)

  • Porteño: Asiel, Brais, Manuel, Pejo, Óscar, Astu, Roi, Iván, Cousillas, Varela, Ismael.
  • Castriz: Angel, Noli (Sergio Pose, min.84), Alex, Toniño, Torreira (Sebas, min.53), Alberto, Bruno, Chinda, Cilindro (Rubén, min.74), Dani, Mauri.
  • Goles: 0-1, min.20: Mauri tras unha xogada de Chinda e Noli; 1-1, min.60: nun barullo; 1-2, min.75: Rubén nunha contra de Noli.
Partido moi apretado en Camariñas no que o primeiro tempo moi moi bo por parte do Castriz, que tocou máis e tivo o control do balón. Adiantouse o equipo xalleiro pero o Porteño non recuou, foise arriba e á vota do descanso foi mellor que o Castriz. Empatou, pero op equipo de Huelvis asoubo repoñerse e tomar de novo o control do partido. O Porteño, a base de xogadas de estratexia, e balóns arriba, apretaron ao longo da segunda metade pero non deu chegado o empate.

O Pindo - Ponteceso (0-4)

  • O Pindo: Garrido, Jose, César, Mateo (Álex min. 80), Cote (Pulpo min. 55), Julián (Edu min. 70), Diego, Miguel, Rivas (Ángel min. 80), Rafa, Aitor.
  • Ponteceso: Norber, Fabián, Carlos, Ríos, Dani Pallas, Pablo Vázquez (Velo min. 80), Bolón (Tucho min. 75), Mario (Adrián min. 80), Nando, Charro, Luisete (Toniño min. 76).
  • Goles: 0-1, min. 35: Luisete, de penalti; 0-2, min. 55: Charro; 0-3, min. 60: Luisete, de penalti; 0-4, min. 90: Adrián.
Agunatou O PIndo, e moi ben, as embestidas locais a primeira media hora. Os de Sil mantiveron o tipo e trataron de ti a ti ao todo poderoso Ponteceso, que como dicía Berto, xa ten a maquinaria engraxada. Ata o gol de Luisete, que chegou ademais nun polémico penalti, o equipo pontecesan non demsotrou a súa suerioridade que si quedou manifesta nunha segunda metade na que O Pindo tirou a toalla tralo 0-2 de Charro.

Esteirana – Malpica (2-3)

  • Esteirana: Ramón; Varela, Mingos, (Sergio min. 53), Dani, Adelino, Uru, (Andel min. 70), Álex, (Godo min.61), Picholeiro, (Pepiño min. 53), Roberto Pladur, Iago, Adrián.
  • Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, Iago, Marco, Andrés, (Víctor min. 77), Neucha, (min. Dourado min. 65), Cheo, (Gonzalo min. 92), David Blanco, (Diego min. 93), Manu Pardo, Ismael.
  • Goles: 1-0, min.12: Roberto Pladur; 1-1, min.43: Ismael de cabeza tras unha bonita combinación ao primeiro toque entre min. Pardo, Cheo, min. Pardo, e centro deste. 1-2, min.57: Manu Pardo, sorprende cunha volea dende uns 25m, o “coiro” pega no traveseiro e cáelle no lombo ao porteiro, introducíndose na portería. 2-2, min.59: Adelino tras unha contra de Roberto Pladur; 2-3, min. 87: David Blanco tras un pase en profundidade de Ismael.
Segue a maldición da Esteirana no Xosé Luis Vara, i é que nin a bendición desta semana serviu para conseguir a vitoria. Iso si esta semana buscarán unha bruxa que vaia a quitar o maleficio. O Malpica volveu xogar coma un conxunto e levou un partido máis que trabllado. Malia que por Esteiro apuren que un empate sería máis xusto, o Malpica fixo méritos para levar a vitoria, e contou ademais coa axuda do meta local nos dous primeiros tantos. Foi un encontro bonito, de ida e volta, con dous equipos descarados. Ao final, unha contra malpicá sentenciou o choque.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios