Xoves. 25.07.2024
El tiempo

Camariñas prepárase para a 1ª Ruta BTT da Caramiña

Camariñas prepárase para a 1ª Ruta BTT da Caramiña

Xa está todo preparado para "1ª Ruta BTT da Caramiña, Concello de Camariñas" artellada polo Concello e polo Clube PC Baikers do Vilán. I é que as bicis de montaña están de moda, non cabe dúbida, e amantes de todo o país está pendente da cita do vindeiro domingo 13 de maio de 2012 a partir das 9:30 horas.

A entrega de dorsais será a partir das 8:30 no pavillón polideportivo. Haberá dúas rutas, unha longa de 60km e outra curta de uns 40km, pois haberá un tempo de corte de 1h 40’ e a partir deste momento desviarase a toda a xente para a ruta corta.
Ao final da marcha haberá comida no pavillón e entrega de obsequio para tódolos participantes.

Apúrense para inscribirse que o prazo remata este domingo, xa hai máis de 100 apuntados e o límite de inscrición é de 250 "beteteros".

Inscricións:

  • Data límite inscricións: Domingo 6 de maio do 2012 as 00:00 horas.
  • Precio 10 euros a ingresar no nº de conta do BBVA: 0182-5235-16-0201567051(INDICAR EN CONCEPTO "INSCRICIÓN RUTA BTT DA CARAMIÑA").
  • Enviar correo co resgardo bancario da transferencia o mail: [email protected] , indicando nome, DNI, data de nacemento e procedencia.
  • Límite de inscricións 250 participantes.

Máis información

Fonte

Comentarios