Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo vivirá unha intensa fin de semana co mellor balonmán xuvenil

Carballo vivirá unha intensa fin de semana co mellor balonmán xuvenil

Despois de gañar o Campionato Galego de Balonmán Xuvenil, o Ifecgas Pereira Xiria é o anfitrión do sector do Campionato de España en categoría Xuvenil, que se celebra esta fin de semana (27, 28 e 29 de abril) en Carballo.

O Pavillón Vila de Noia acollerá o Campionato no que ademais do cadro carballés, estarán os Cuatro Rayas de Valladolid, o Bidasoa Irún, e o Dosa Salesianos Santander, o melloriño de toda España.

Un equipo preparado

O Xiria, cunha media de 24 goles encaixados por partido pode presumir de ser a defensa menos goleada da categoría; en ataque os máis de 32 goles marcados por encontro dan unha idea da capacidade goleadora deste equipo.
O talento individual e o xogo colectivo definen a este grupo de rapaces que levan xogando xuntos dende moitos anos atrás, e agora van recollendo o froito de moito traballo e moita suor derramada. Xa o ano pasado quedaron Campións Galegos en categoría cadete e agora esta tempada repiten como xuvenís. Coa meirande parte dos xogadores aínda de 1º ano, o equipo ten o seu futuro inmediato máis que garantido, ao igual que ocorre co equipo senoir, O Xiria Calvo, no que xa hai dous rapaces xuvenís participando de xeito activo e no que pronto iranse incorporando máis e máis, dándolle así relevo aos xogadores senior que, por certo, moitos deles foran tamén Campións Galegos xuvenís no seu momento.

E tarde de PequeBasket

Ademais, o Carballo Basket organiza coa colaboración do Concello de Carballo o torneo Pequebasket, unha cita que pretende unir a competición e o aspecto lúdico do deporte e que está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos. O Pavillón Carballo Calero da capital municipal acolle o torneo o sábado 28 de abril a partires das 16.00 horas e nel participan, ademais de dous equipos do Carballo Basket, o Club Baloncesto Artai, dous equipos do Club Basquet Coruña, o Club baloncesto Laracha, o Santo Domingo de Betanzos e o Club baloncesto Culleredo.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán xallas CF, do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios