Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa

Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa

Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca de Soneira. sobre todo para os da 2ª Galega, onde sorprende a vicoria de Concello de Zas Angepon sobre S.D. Hípica foi a nota máis salientable, i é que o cadro coruñés presentouse con un só xogador do seu equipo titular. Tamén foi importante a vitoria do Anorthosis Vimianzo sobre o Breogán Oleiros "B", onde destacaron Roi, Marce e Miguel nos seus partidos individuais. De feito, no futuro disputaranse as prazas de ascenso entre eles.

En canto aos equipos de 3ª, estes siguen coa súa formación disputando encontros e collendo experiencia. O Concello de Zas Pizzería Tivoli gañou facilmente aos principiantes de Oroso pero o Concello de Zas O Pinar non sumou nin un punto ante o Cambre Promesas.

2ª Galega

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo, 5 - Breogán Oleiros, 2.
  • Concello de Zas Angepon, 5 - S.D. Hípica, 2.

3ª Galega

  • Concello de Zas P. Tívoli, 6 - Escola Oroso TM , 1
  • Concello de Zas O Pinar, 0 - Cambre Promesas, 7.

Máis resultados

En canto aos outros encontros disputados e adiantados a vindeiras xornadas non favoreceron tanto os resultados.

  • Concello de Zas Angepon 1 - Breogán Oleiros "B", 6.
  • Panadería Sigüeiro, 6 - Concello de Zas P. Tívoli, 1.
  • Oroso Valoriza, 4 - Concello de Zas P. Tívoli, 3.
  • Escola Oroso TM, 3 - Concello de Zas O Pinar, 4.
  • Panadería Sigüeiro, 7 - Concello de Zas O Pinar, 0.
  • Oroso Valoriza, 7 - Concello de Zas O Pinar, 0.

Vindeira citas

Na vindeira fin de semana competirán 10 xogadores do Anorthosis Vimianzo no torneo zonal que se celebrará en Lalín. Nel participarán xogadores do País Vasco, Cantabria, Asturias, Castela León e Galicia.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios