Chema Rei e Lema Suárez levan a historia do Fútbol da Costa ata Camariñas
20:38 25/11/15
O vindeiro venres día 27, ás 20:00h tarde, presentarán Chema Rei e mais Xosé María Lema Suárez o libro dos "50 anos do fútbol da Costa" en Camariñas, Hotel-Restaurante Puerto Arnela", acompañados polo redactor da Voz, José Manuel Ferreiro.
Farase especial fincapé no CD Porteño (o club máis antigo, xa existente en 1924), o máis laureado (Camariñas C.F., do que saíron figuras coma Camuel e Juan Cabrejo, e co presidente -Vicente Carril- máis lonxevo), no Camelle C.F. -coas súas múltiples anécdotas- e o Xaviña, o club máis recente. No libro tamén hai unha foto e unha semblanza de Víctor Vigo, o xogador de balonmán camariñán da ASOBAL.
Novas relacionadas
- Sermos repasa os 50 anos do Fútbol da Costa co libro de Chema Rei e Lema Suárez.
- “Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Héctor Pose: Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).