Ciclóns, Abelleira e Independiente parten como favoritos no 41 Campionato de Barrios de Esteiro
Xa van dúas xornadas do senlleiro Campionato de Barrios de Esteiro, o máis lonxevo e auténtico dos veráns da Costa da Morte. Xa son 41 anos dende que os equipos esteiráns se disputan este torneo, e a culler de pau, cunha absoluta atención por parte do público.
Xa van dúas xornadas e os favoritos, os campións dos tres últimos anos, non perdoan. Os Ciclóns do Maio (actuais campións) abrían o torneo goleando a todo un Independiente (campión en 2016). Outro dos grandes favoritos é o Abelleira (campión en 2015), que tamén vencía no seu primeiro partido.
Por detrás chegan Carallo Santo e o Cánchester, que pelexarán polo 4º posto para meterse nas semifinais.
E segundo parece tras estes primeiros choques, Tal e Praias de Reimundes apuntan de novo a pelexar por evitar a culler de pau, o trofeo que se entrega ao último clasificado.
Queda moito ata o 15 de agosto, día da gran final do Torneo.
Novas do Campionato de Barrios
https://quepasanacosta.gal/volve-o-campionato-por-excelencia-do-futbol-da-costa-o-41o-campionato-de-barrios-de-esteiro/- 2017: Os Ciclóns do Maio, campións do 40 Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2016: O Independiente faise co campionato de Barrios.
- 2015: Abelleira campións dos Barrios de Esteiro de 2015.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.