Comeza a tempada para un tenis de mesa costeiro cada vez máis xigante


Xa están de volta. A dicir verdade, nunca marcharon, que tiveron un verán de difusión do seu deporte, con algunha maratoniana competición. Pero esta fin de semana, volven as Ligas de tenis de mesa en toda Galicia e aí estarán os equipos da Costa da Morte.
Arrinca así unha temporada de moitos cambios, pois agora xa son 2 clubes, con novos equipos e, por suposto, novos xogadores. Así, nace o Santa Comba. Ademais, os equipos de Zas competirán dentro da Agrupación Deportiva CP de Zas, mentres que en Vimianzo o farán dentro do clube Vimianzo TM e coa intención de seguir medrando en clubes e equipos. De feito, os adestramentos tamén chegarán durante este curso a lugares como Baio, Corcubión ou A Baña.
AD CP Zas
Dentro da AD CP Zas entrarán en competición 7 equipos baixo a dirección de Miguel Rey como entrenador e que son os seguintes:
- En 3ª División Nacional: AD Zas Ponciano Nieto.
- En 1ª División Galega: AD Zas Construcciones Cernadas.
- En 2ª División Galega: AD Zas O Pinar.
- En 2ª División Galega: Santa Comba, o novo equipo e que xogará na capital xalleira.
- En 2ª División Galega: Concello de Mazaricos.
- En 2ª división Nacional Femenina: Aluminios Xeal.
- En 2ª división Nacional Femenina: Concello de Zas.
Vimianzo TM
O Vimianzo TM, de momento, conta cun só equipo, que competirá en 2ª División Galega, baixo a dirección de Francisco Paz.
Adestramentos por toda a bisbarra
Ademáis e coa filosofía de extender este deporte en toda a comarca membros da Agrupación impartirán clases ou entrenamentos polas tardes en diversos concellos da contorna e que son os seguintes:
- En Zas; luns, mércores e ventres de 19:00 a 21:00. no ximnasio do CPI de Zas.
- En Baio: luns e mércores de 16:30 a 17:30 no pavillón municipal.
- En Vimianzo: mércores e venres de 17:00 a 18:30 nas instalacións da piscina.
- En Corcubión: luns e xoves de 18:00 a 19:30 na Casa da Cultura.
- En Santa Comba: martes e xoves de 16:30 a 18:00 no IES Terra de Xallas.
- En Mazaricos (A Picota): martes e xoves de 19:00 a 21:00 no pavillón municipal de A Picota.
- En A Baña: martes e venres de 17:00 a 18:30 no pavillón municipal de A Baña.
Calquera persoa que lle guste este deporte, non ten máis que achegarse nos horarios e lugares indicados e comprobar como se xoga e practicalo. Esperan seguir medrando.
Primeira xornada
Só hai un encontro para esta fin de semana, que de disputará o sábado 8 de outubro a partir das 17:00 horas:
- En 3ª División Nacional, Grupo Centro, en Bembibre: Dubratambre - AD Zas Ponciano Nieto.
En 2ª División Galega, Grupo Noroeste tamén deberían empezar este fin de semana pero xa xogaron os seus enfrentamentos:
- Concello Mazaricos - Santa Comba (5-1)
- Vimianzo TM - AD Zas O Pinar (5-1).
En 1ª División Galega tócalle descansar ao AD Zas Construcciones Cernadas.
Novas relacionadas
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.