Comeza unha nova e emocionante Liga Unificada Xuvenil co Corme como inimigo público
12:43 13/09/18
O Corme xuvenil nun choque do curso pasado
En marcha unha nova temporada da Liga Xuvenil Unificada. 18 equipos competirán para ver quen colle o relevo dese Corme que o ano pasado encandilou cun espectacular doblete. Un Corme que segue sendo un dos grandes favoritos pois foron apenas 3 os xogadores que pasaron de categoría. En fronte terá unha recua de aspirantes.
Son moitos os adestradores que seguen nos bancos dos clubs, e apenas son 7 os novos inquilinos.
Este ano seguiremos facendo o seguemento da Liga, coas crónicas a golpe de martes en QPC, e en www.futboldacosta.com temos os mércores os horarios actualizados, e os sábados, nada máis rematar os partidos, e da man dos propios protagonistas, os resultados antes que ninguén.
Estes son os adestradores deste curso:
| C.D. Baio | Brais Cancela |
| Cabana S.D. | Fernando e Pablo |
| Camariñas F.C. | Faus |
| Corme C.F. | Lelo |
| E.D. Os Miúdos | Manu Camello |
| Outes C.F. | Fernandito |
| Ponteceso S.D. | Brais |
| S.D. Coristanco | Andrés |
| S.D. Esteirana | Josiño Alves |
| S.D. Fisterra | Pablo Lestón |
| S.D. Laxe | Dani Argüelles |
| S.D. Sofán | Nando |
| S.D.San Lorenzo | Juni |
| Soneira S.D. | Pichón |
| Sp. Zas | Corredoira |
| U.C. Cee | Uri |
| Xallas F.C. | Mario |