mércores. 30.04.2025
El tiempo

Comezan os cursos de árbitro de fútbol e a carreira electoral na Federación

Comezan os cursos de árbitro de fútbol e a carreira electoral na Federación
Faite arbitro

Xa está en marcha toda a maquinaria electoral na Federación Galega de Fútbol, pero antes imos falar dos novos cursos de árbitros que están a pirques de comezar.

Curso de Árbitro de Fútbol

O próximo 13 de decembro terá lugar o comezo dos cursos. Ata o día 20 de outubro, está aberto o prazo de inscripción para o curso de Árbitro de Fútbol nas sete delegacións e catro subdelegaciones do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol.

Por primeira vez, este curso de árbitros farase nas mesmas datas e cos mesmos temarios en toda Galicia, e non como ata agora que había temarios diferentes para cada comunidade autónoma.

O importe da matrícula é de 20€ que serán descontados da colegiación, unha vez terminado o curso e coa cualificación de APTO , para poder comezar a dirixir partidos nas categorías de fútbol base. A duración do curso será de 30 horas.

As inscripciones deberán realizarse en cada unha das respectivas delegacións e/ó subdelegaciones de árbitros cuxas direccións de mail e teléfonos están na páxina web www.arbitrosfutbolgalicia.com.

Comeza a carreira electoral

Rolda de prensa do actual presidente en funcions da Federacion Galega de Futbol Linares

Co tema da Mutualidade aínda pendente de resolver (o actual presidente en funcións Liñares asegura que “Non podo hipotecar o futuro do fútbol galego”, ante a proposta económica da Asociación de Hospitales de Galicia (AHOSPGAL)), xa está en marcha toda a maquinaria electoral.

Aínda non son oficiais pero parece que os candidatos serán arcía Liñares, actual presidente xa só en funcións despois da disolución da directiva, terá que contender para renovar o cargo con Juan Vázquez, exvicepresidente da Federación co propio Liñares e expresidente do Vitoria, e probablemente con Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra.

Pero estaremos atentos porque o día 28 de outubro publicarase o censo definitivo de electores e elegibles. Este censo estará composto por clubs, futbolistas, adestradores/preparadores físicos e árbitros inscritos na federación o día do comezo do proceso. No caso de clubs haberá membros natos e membros electos. Os natos son o Vitoria, Calasanz, Galicia de Caranza, Val Miñor, Ural e Imperátor da Coruña e membros electos os elixidos no proceso.

O día 29 de outubro iníciase o prazo de presentación de candidatos a membros da Asemblea. O día 31 de outubro acaba este prazo para o día 8 de novembro proclamar definitivamente os candidatos á Asemblea. Estes candidatos serán votados o día 24 de novembro nas distintas mesas electorais establecidas nas circunscripciones da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. En cada “Colexio Electoral” constituirase unha única mesa electoral.

O día 1 de decembro proclamaranse definitivamente os asambleístas e o día 2 de decembro iniciarase o proceso de presentación de candidaturas á presidencia da FGF. O día 13 de decembro acabará o prazo de presentación de candidaturas e realizarase a proclamación oficial de candidatos.<

A Asemblea para escoller Presidente e Comisión Delegada celebrarase o próximo 18 de decembro e a proclamación definitiva de Presidente e Comisión Delegada terá lugar o día 24 de decembro

Novas relacionadas

Fonte

  • Gabinete de Comunicación FGF.

Comentarios