luns. 02.12.2024
El tiempo

Conservas e Xiria intercambian os papeis

Conservas e Xiria intercambian os papeis

Sorprendía o Bm. Camariñas cun gran partido batendo a un Zamora que chegaba ao Areal líder da 1ª Estatal de Balonmán. E tivo que facer un partidazo o Conservas no Areal, coas mesmas caras pero con distinta actitude á dos últimos partidos, conseguindo así unha vitoria xusta e merecida, logo dunha serie negativa que xa duraba demasiado.

O contrapunto deuno o Lavadores, rival directo do Camariñas na loita por evitar o descenso. Os vigueses, contra todo prognóstico fíxose cos dous puntos na súa visita a Carballo, onde o Xiria lle fixo fraco favor aos palilleiros.

Balonmán Camariñas - Bm. Inzamac Zamora (31-30)

  • Bm Camariñas Conservas Boya : Víctor [p], Cristian [p], Alan (6), Fari, Fabián (3), Felipe (4), Pombo (3), Quin (2), Borja (5), Salva (1), Catalán (6), José Ramón, Xabi (1), Moncho.

Gran partido de Alan e Catalán que dentro do bo labor de conxunto axudaron a que o equipo conserveiro fose mandando no marcador en toda a segunda metade, ata ata case o final do partido que mantiña unha diferenza tranqwuilizadora de 4 goles, pero a relaxación e dúas bobas exclusións facilitaron o achegamento do equipo de Viriato ata un 31-30 definitivo.

Calvo Xiria - Cinco Jotas Lavadores (25-26)

  • Calvo Xiria: Kike [p], Dubra (1), Alex García, Miguel (3), David (1), Pablo (9), Manu -equipo inicial- Iago [p], Cuco (3), Ángel (1), Alex Zas (3), Sergio (1), Ramón (1), Brais.
Derrota do Calvo Xiria na casa ante o Lavadores de Vigo por un apertardo resultado, un so gol de vantaxe que acadou o conxunto olívico cando a bucina indicaba o final do encontro. Amargo final para os carballeses que nadaron contra corrente ao longo de sesenta minutos e cando parecían que ían levarse polo menos un punto a fortuna caeu do bando visitante nun balón que recolleu do chan o xogador vigués para transformalo no definitivo 25 – 26. De novo deixou unha boa imaxe en defensa e portería o conxunto carballés, de feito o Calvo Xiria é o equipo menos goleado da categoría. Pero unha vez que ten o balón no seu poder o equipo carballés non está a ser o dos derradeiros meses. Moitas perdas de balón, pouca fluidez tanto no ataque coma no contraataque e para poñelo ainda máis difícil moitos erros na finalización. O sábado o guión foi o mesmo das tres primeiras xornadas de segunda volta que se levan xogado. Con todo, non se pode negar a loita que están a plantexar os carballeses para amosar de novo o xogo que despregaron durante a primeira volta e na Copa Galicia. Os primeiros postos alonxáronse un pouco, pero non de maneira definitiva, e de seguro que non deixará o Calvo Xiria de loitar por achegarse ás prazas de honra da táboa clasificatoria.

O Xiria mantense 7º.

Nova fichaxe

Cristobal Castro Couto “Christophe” (Suíza, 1988) incórporase, de novo, á disciplina do Calvo Xiria, logo de ter que deixar o equipo durante a pasada pretempada para completar os seus estudos no extranxeiro. O lateral carballés retorna así logo de pasar os últimos seis meses en Dinamarca, onde competiu co equipo OH77 Odense da cidade dinamarquesa de Odense. O xogador que chegaba o pasado xoves comezaba xa a adestrar co equipo ese mesmo día e poderá estar dispoñible para a competición tan pronto como a RFEBM trámite a súa licenza federativa.

Vindeira cita

  • O vindeiro sábado hai que desprazarse ata a cancha do novo líder Porriño, onde o Camariñas a pesar das dificultades que leva, intentará dar de novo a sorpresa se consegue parar o gran contraataque pontevedrés.
  • O sábado ante o Cisne, en Pontevedra, terá unha nova oportunidade de cambiar o seu xogo.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios